Acta de selección de peóns de construcción.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a vinteseis de xuño sendo as 10.45 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de peón de construcción do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, según os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 11 h. chamase ós/ás quince aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose D. Francisco Carril Portas, D. Francisco Dominguez Chazo, D. Diego Alejandro Dopazo Otero, D. Rafael Gomez Rodriguez, Dna. Dolores Pardal Moure, D. Juan Ramón Pardal Moure, Dna. Nieves Rodríguez Grela, D. Sergio Rumbo Moure, D. Manuel Sobradelo Vicente, Dna. Carmen Souto Durán, e D. José Juán Suarez Manteiga.

Non se presentaron: D. Miguel Custodia Llerena, D. Gerarado García Castromán, Dna. Mª Concepción Gimenez Silva e D. Juan Carlos Rumbo Moure.

Primeiramente os/as once aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:

D. Juan Ramón Pardal Moure……………… 3 puntos
Dna. Carmen Souto Durán………………….. 3 puntos
D. José Juán Suarez Manteiga……………… 2,75 puntos
Dna. Dolores Pardal Moure…………………. 2,50 puntos
D. Sergio Rumbo Moure…………………….. 2,50 puntos
D. Manuel Sobradelo Vicente……………… 2,25 puntos
D. Rafael Gomez Rodriguez………………… 2,25 puntos
D. Francisco Carril Portas……………………. 2 puntos
D. Francisco Dominguez Chazo…………… 2 puntos
Dna. Nieves Rodríguez Grela………………. 1,50 puntos
D. Diego Alejandro Dopazo Otero……….. 1 punto

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección, D. Juan Ramón Pardal Moure, e Dna Carmen Souto Durán.
.
De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Categorías: Concello

16 comentarios

checha · 28-06-2008 a las 03:13

E agora para rematar vou contar unha historia do INEM de Vilagarcia.No día de onte unha veciña deste pobo foi pedir explicacións a dita oficina de porque a ela non lle mandaran a carta para estes postos.Xa que o seu caso e totalmente valido para poder entrar nesta selección.O INEN empeza a revisar os papeis e esta persoa aparece nestas listas pero nunca recibeu esta carta.En dita oficina non se creen o que estan escoitando.Parecelles totalmente increible.Ata que o final lle explican a esta muller os tramites que son da seguinte maneira.
O INEM primeiro fai unha lista e mandalla o concello.
Chega o concello esta lista e o concello remitella devolta para que lle manden as cartas a xente.
Bueno pois polo que estamos vendo da primeira lista do INEM a segunda xa desapareceu xente desa lista.
Expliqueme Sr Sabariz ¿que criterio de selección se fixo para que xente que estaba na lista do INEM non apareza na lista do concello?.
Porque me pareceria moi grave que o propio concello pola súa conta fixera xa unha rescolla sen contar co INEM.
Onte os da oficina non crian o que estaba pasando porque ata atenderon 4 empregados a esta veciña do pobo xa que non se creian o que estaban vendo.
Manipulacións de papeis isto si que me parece moi moi grave.
Señoras e Señoras nin no INEM poden creer os trapicheos que se estan facendo no Concello de Pontecesures.
Isto e increible ver para creer.

maradona · 28-06-2008 a las 04:10

checha, amin personalmente pareceme que quen ten que seleccionar e a empresa. Neste caso o concello.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 11:56

Deixate de historias, «checha». Estas contando falsedades. O luns día 23 de xuño a media mañá a Oficina de Emprego de Vilagarcía enviou a lista dos 69 aspirantes (foi a que coloquei eu neste medio). Non houbo máis listas. Antes de chegar a relación dende Vilagarcía se lle envía unha carta os desempregados informándolles o día e hora da entrevista. O concello logo da selección ten que remitir á Oficina de Emprego a relación cos seleccionados, non seleccionados, razóns codificadas da non selección, incomparecencias, etc…Non enredes «checha». Algunha das persoas descontentas por non estar na lista dos 69 desempregados, foron a Vilagarcía a solicitar explicacións por non estar incluídas. Pero non chegaron novos nomes.
Estás lanzando acusacións interesadas contra a miña persoa, Queda conmigo muller, e che explico co expediente na man todo o que queiras. E ollo, tamén che explico, con papeis na man as contratacións a dedo do BNG cando estaba no goberno, e cando pideu máis xente a Vilagarcía nalgunha contratación porque non lle parecía a única aspirante que residía en Pontecesures idónea para ser conserxe. ¿Non te sona iso?. Consulta a hemeroteca.

error07 · 28-06-2008 a las 12:30

Esto é unha vergoña!! sempre criticas a Angueira polos seus feitos, pero o final… sempre fala o porco que mais cheira! son de esperar estes feitos tendo de cabecilla a Maribel. Digades o que digades o pobo sabe os «trapicheos» que facedes! UNHA AUTENTICA VERGO?A!

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 13:03

Non hai argumento «error07». Seguides a táctica de acusarme sen base, e de facer política cos non seleccionados. Reitero que se dirá de min de todo, pero o de corrupto e trapicheiro, seguro que non. ¿Sabes quen mellor sabe isto?. Os meus ex-compañeiros nacionalistas cos que compartin goberno. Pregúntalle.

error07 · 28-06-2008 a las 13:23

Dime ti os teus argumentos! compararse co anterior goberno?o voso traballo non e facelo mellor ca eles!! o voso traballo e FACELO BEN! e non o facedes!

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 13:57

Dende o cambio do goberno sempre me preocupei de que no Concello de Pontecesures houbera publicidade das convocatorias, de que se dise información do proceso, de que houbera un tribunal seleccionador á marxe pos políticos, de que se publicaran as actas de selección. Que se cumplira a legalidade, vaia.
Ata o momento o cambio coa situación anterior e como do día á noite. Por suposto se confiamos no tribunais. Eu confío plenamente nos seus integrantes e non teño razóns para dubidar de ninguén.

error07 · 28-06-2008 a las 14:25

Eso e o que dis ti! pero outra cousa e o que en realidade fagas. Neste tema a unica diferencia que vexo entre as accions do anterior goberno e o actual e que vos colgades na porta un folio. Pero os que entran veñen sendo da mesma forma!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 14:45

Informo, comprometime para que houbera transparencia nas seleccións, pouco maís poido dicir. ¿Non me cres?. Non teño nada que facerlle, «error07». Outra xente si cre no que digo. Será cuestión de fe.

checha · 28-06-2008 a las 14:47

A min non me chame mentirosa porque eu non minto.O unico que minte aqui e vostede.Eu estoulle falando dun caso real dunha persoa con nome e apelidos.Ademais que me quere decir que o INEM de Vilagarcia minte.Creo que o que vostede esta decindo son acusacións moi graves contra un estamento publico.
Outra cousa ainda non me contestou a ningunha das miñas preguntas.Sei que non ten argumentos ou xa lle cae a cara de vergonza.
Hoxe pola mañan baixei a tomar algo e non se fala neste pobo doutra cousa.
Non lle parece que todo este tipo de comentarios viran por algo.
E non me veña decindo que cando gobernaba o BNG…como fai sempre.
Sabe que lle digo malo por consentilo antes que vostede estaba no goberno e peor por seguir consentindo agora.E vostede e o que di que lle gusta a legalidade.Xa llo dixen en outro comentario tan malo o que o fai como o que o consinte.

error07 · 28-06-2008 a las 14:49

Unha cousa e o que vos ensinades para fora e outro e o que sucede dentro.

Xa me diras onde esta esa xente que cree en ti!debaixo das pedras? eu so escoito criticas, non aqui, senon na calle.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 14:56

Expliquei a verdade no tema das listas, «checha», e credibilidade penso que teño bastante máis que vós. O luns preguntádelle ó técnico de emprego (profesional desta materia no concello) e xa veredes como estou contando toda a verdade.

checha · 28-06-2008 a las 15:00

Tes mais credibilidade que eu porque o dis ti.So che repito a pregunta ¿e logo quen minte o INEM de Vilagarcia?

manolo o do bombo · 28-06-2008 a las 23:09

amigos da paxina ,este ten a cabeza dura y dura ,aqui todos somos mintireiros e afins o bng sabariz tes a tu a pelicula montada e vas a tiro fijo ,a verdade das puta pena,eres un cara dura, tes moita jeta.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 23:15

Grazas «manolo o do bombo» polo piropo, home. Denota moita educación, tolerancia e respecto polos demáis. Cando hai que recorrir ó insulto, mala cousa.

manolo o do bombo · 28-06-2008 a las 23:49

pois sabariz ,e o que mereces de todos os que entramos aqui,fai as cousas ven e teras o noso respeto.non te deixes mangonear por eses mangantes e teras moitos votos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.