Acta de selección de peóns de xardinería.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a vintecinco de xuño sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de auxiliar de xardiñería (peóns) do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, según os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 12.15 h. chamase ós/ás catorce aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose Dna. Mª Pilar Andrade Martínez, D. Antonio Bernal Gonzalez, Dna. Amparo Boullón Pérez, Dna. Isolina Caldelas Agrasar, Dna. Ana Isabel Eitor Vázquez, Dna. Manuela Enrique Casal, Dna. Rosario Lestido Gerpe, Dna. Natalia Potel Saborido, Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo, Dna. Remedios Rodríguez Requejo, Dna Beatriz Saborido Dios, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

Non se presentaron: Dna. Mª del Mar Mosquera Cascallar, e Dna. Isabel Rey García.

Primeiramente unha das aspirantes indica que non estaban interesadas no traballo: Dna. Ana Isabel Eitor Vázquez, polo que renuncia.

Seguidamente os/as once aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas: Dna. Mª Pilar Andrade Martínez, D. Antonio Bernal Gonzalez, Dna. Amparo Boullón Pérez, Dna. Isolina Caldelas Agrasar, Dna. Manuela Enrique Casal, Dna. Rosario Lestido Gerpe, Dna. Natalia Potel Saborido, Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo, Dna. Remedios Rodríguez Requejo, Dna Beatriz Saborido Dios, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:

Dna. Isolina Caldelas Agrasar……………….. 5,50 puntos
Dna. Yolanda Vieites Dos Santos………….. 4,50 puntos
Dna. Remedios Rodríguez Requejo……….. 4 puntos
Dna Beatriz Saborido Dios…………………… 3,50 puntos
D. Antonio Bernal Gonzalez…………………. 3 puntos
Dna. Manuela Enrique Casal…………………. 2,50 puntos
Dna. Rosario Lestido Gerpe………………….. 2 punto
Dna. Natalia Potel Saborido………………….. 2 punto
Dna. Mª Pilar Andrade Martínez……………. 1,50 punto
Dna. Amparo Boullón Pérez…………………. 1,50 puntos
Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo……… 1,50 puntos

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección: Dna. Isolina Caldelas Agrasar, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.


90 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-07-2008 a las 00:01

Que fora xente á Oficina de Emprego de Vilagarcía a preguntar porque non foron incluídas na lista si da propia oficina, pero que alí lle dixeron que o Concello de Pontecesures estaba a cometer irregularidades en este tema non o creo en absoluto «Benedicta Dopico Dopico». Segues coa tarefa de tentar desgastar sen argumento algún. Ten coidado cun fenómeno que lle ocorre ós que non din a verdade: Acábanse crendo as súas propias mentiras.

Tuso · 1-07-2008 a las 11:07

«Benedicta Dopico Dopico», podería concretarnos as irregularidades que lle dixeron na oficina do INEM?

Xa que foron ata alí creo que sería interesante (para intentar aclarar algo o tema) que nos informara sobre as respostas ás dúbidas no proceso que se mencionaron máis arriba.

Benedicta Dopico Dopico · 1-07-2008 a las 12:57

Vos vólvoo a repetir, eu non son política, non son avogada e tampouco estou a debater o que han feito partidos anteriores, xa que non convivo co pasado, interésame o presente e o futuro, ao meu o pasado non me dá de comer o presente e o futuro se, seria inútil seguir debatendo algo que xa paso, porque a estas altura non creo que podádelo resolver, pero o que esta ocorrendo agora se, e aínda están a tempo, (que se non son nestas) que polo menos nas próximas selección de persoal que non ocorra o que ocorreu con esta, e tan descaradamente como fixérono. Iso quizais é o que mais me indigna de todo, o descaro e a desfachatez que hai no concello. E o que nos dixeron no INEM foi o mesmo que xa pensabamos e diciamos, presentamos as actas de selección, presentamos tamén as declaracións do Señor Sabariz ao respecto, e no INEM dixéronnos que non entendían como o Señor Sabariz dábanos evasiva e non nos contestaba ao que lle preguntabamos directamente, entre outras cousas mais claro esta, e a solución que nos deron, descúlpame que non te as expoña aquí, querido Tuso, pero iso é algo persoal có INEM díxolles a esas donas e eu respecto a vontade delas, se elas queren facer algo ao respecto están en todo o seu dereito e do contrario, pois tamén están en todo o seu dereito. Para miña, ata aquí chego a miña discusión sobre o tema, fun a onde tenia que ir, e persoas expertas na materia dixéronme o que eu quería escoitar. E señor Sabariz, vostede dáme pena, de verdade se dígoo, dáme pena, parece un pelele nas mans de quen esta, porque prefire chamarme tola a miña e aos do INEM antes que indagar do asunto, é mais bonito intentar desacreditar a todos uns profesionais, que ver a realidade, e poñer cartas no asunto, pero en fin, o o devandito, para o meu este tema esta zanjado, a pena é que nesa casa do concello non houbesen alguén cos pantalóns ben postos para frear tanta inxustiza e tanto favoritismo. Un cordial saúdo Señor Sabariz, e espero que me desculpe se en algún momento lle faltei e desexo algún día coñecelo persoalmente, teña por seguro que se iso ocorrese vostede sabería quen é Benedicta Dopico Dopico.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-07-2008 a las 13:54

Estás a expoñer unha tremenda mentira falando dunha visita á Oficina de Emprego de Vilagarcía. ¿Para que inventas todo isto?. ¿Como podes dicir que falaron de Sabariz nesas oficinas?. Realmente é impresionante a trama urdida para, dende o anonimato, acusar ó tribunal e a min de corrupción.

Tuso · 1-07-2008 a las 14:37

Sinto moito, «Benedicta Dopico Dopico» que non aclare esas dúbidas que lle resolveron no INEM. Por suposto está vostede no seu dereito. Penso que non é necesario desvelar datos persoais de ninguén para respostar a algunhas delas. Así quedamos como estamos, e sinto decilo, pero para min perde vostede bastante credibilidade.

Eu inda non me aclaro con este proceso, a ver se alguén aclara o procedemento:

1-O Concello avisou da convocatoria destas prazas.
2-A xente podía/debía pasar polo INEM para actualizar datos e/ou informarse de como acceder a esas prazas.
3-O Concello pide candidatos desempregados ao INEM.
4-O INEM manda unha lista de persoas que cumpren o perfil ao concello (Só poden presentarse as persoas desta lista á praza?).
5-O INEM manda unha carta a esa xente para convocala para a selección.
6-O concello fai a selección entre esa xente.

? algo así?

Benedicta Dopico Dopico · 1-07-2008 a las 14:42

Señor Sabariz, como dixen antes, para miña isto xa este todo solucionado, para o meu vale con que me desen la razón, posto que non me pertence a miña seguir con mais, todo o que dixen é verdade, non teño porque mentir, e a verdade, nada saco con iso, de boto que lle repito, NON SON POLÍTICA, e tampouco ando neses berenjenales, xa me chega a miña coa miña vida para complicármela mais. Só dei o meu humilde opinión, e o meu punto de vista, polo que coñezo das persoas que entraron e das que se han quedado fóra, e creádeme cando lle digo que coñezo moi ben ás que entraron nesta lista, pero en fin, vostede vai ha seguir dicindo que estou tola, que son unha mentirá e que éstounos difamando, pois non, que mais quixese eu poder dicir todo o contrario ao que dixen? pero lamentablemente hei dito pura verdades. Señor Sabariz, para miña, e espero que para vostede tamén, no que nos corresponde a nós dous, este tema esta mais que zanjado, só espero que non se volva a repetir para futuras seleccións. Un cordial saúdo Señor Sabariz

Benedicta Dopico Dopico · 1-07-2008 a las 15:08

Tuso, para min, o que vostede pense de min, e con todos meus respectos, dáme exactamente igual. Xa dixen que non penso falar mais do tema, para a miña este todo aclarado, pero todo o que vostede escribiu paso por paso, esta moi ben relatado, todo iso ??supostamente?, é o que tenia que facer o concello, e é mais, fixérono, pero á hora da selección meteron a quen eles querían, e iso é o que eu criticaba e debatía co señor Sabariz, non me explicaba como eses dous donas foron as seleccionadas. Simplemente era iso, rogáballe, ao señor Sabariz que me explicase como a número dous, chego ata o posto e cunha tremenda puntuación, cando esta señora termino o seu contrato o día 21 de Xuño, como coidadora no autobús da escola, e ??supostamente?, o concello reclamo ao persoal ao INEN a principios de mes, como se explica vostede señor Tuso que esta señora este traballando no concello, se se supón que cando enviaron as cartas esta señora estaba aínda en activo e loxicamente o INEM, e así me fixérono constar onte, só envioulles carta ás persoas que non estaban activas.¿Como se explica vostede señor Tuso que esta señora cando ceso do seu traballo o 21 de Xuño presentásese catro días despois no concello, e loxicamente con só catro día de paro, jejejeje, esta señora sacase unha puntuación tan alta como para acceder ao posto?, E constar, cónstame que había persoal con situación mais precarias que a dela nesa lista, e por suposto con moitos anos no paro apuntadas e sendo maiores de 45 anos, como llelo explica vostede señor Tuso?. E todo isto que lle contei é a pura verdade, esa señora termino o seu traballo o día 21 de Xuño. Pero repítolle que a miña xa todo isto me aclarárono, é mais, sen pedir tanto, dixéronme ata o nome da persoa que a enchufou, jajajjajaj , e a verdade que tanto non quería saber, isto é tremendo o que fan no concello. E señor Sabariz que non sirva de precedente o que dixen, que só limiteime en poñer ao señor Tuso en antecedentes, que lle repito que para min este todo zanjado.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-07-2008 a las 15:48

Hai que rematar dunha vez con este tema. O concello presentou na Oficina de Emprego, a primeiros de xuño, 4 ofertas de emprego para as nove prazas (limpador/a, peóns de construcción, peóns en xeral e peóns auxiliares de xardinería. A oficina fixo a sondaxe e enviou ó concello una relación de 69 aspirantes. Non se pode, «Tuso», elixir xente que non estea na relación. A confección desta lista compete, única e exclusivamente, á Oficina de Emprego de Vilagarcía sen intervir o concello para nada. Logo o tribunal elixiu as nove persoas para contratalas.
Hai que ter en conta que tamén hai demandantes de mellora de emprego (podería ser ese o caso da Sra. Vieites dos Santos, por ter contrato a tempo parcial, por exemplo). Pero na relación dos 69 e nos criterios para a súa composición non tivo nada que ver o concello. ¿Que houbo erros por parte do organismo da Consellería de Traballo?. Non o sei.
Isto é todo. As acusacións que recibin baseadas en invencións, son realmente inconcibibles e, por suposto, levan todo a mala intención a sabendas para prexudicarme. Nada novo.

Tuso · 1-07-2008 a las 17:53

Gracias Sr. Sabariz pola aclaración.

Gracias tamén a «Benedicta Dopico Dopico» por ter a deferencia de repostar de novo. Sinto non poder darlle contestación a esas preguntas que me fai, pero eu non domino do tema, por iso pregunto.

Vostede xa ten clarísimo o que pasou, e, con estas últimas explicacións (tanto súas como do Sr. Sabariz), creo que xa entendo algo mellor como funcionan estas cousas e podo formar a miña opinión.

basta · 1-07-2008 a las 18:19

Non sei cal é a túa opinión formada «tuso», e de verdade, gustaríame que nola contases.

manolo o do bombo · 1-07-2008 a las 19:54

esto parece de pelicula os da oficina de emprego son mentirosos os que entramos tamen,aqui o unico verdadero e o tranfuga ,e cara de cona que ben sabe sabariz quen e ,tuso non te fagas o despistado que sabes mais do que contas .
.

Tuso · 1-07-2008 a las 21:32

Non me fago o despistado «manolo o do bombo», o que sei é por leelo aquí. Se contara algo mais serían elucubracións.

A miña opinión, «basta», e sen entrar a valorar o dos baremos, porque os descoñezo, e centrándome entón no das cartas de marras, é que, sen desbotar a posibilidade do enchufe, xa que non poño a man no lume por ninguén, de haber algunha irregularidade para min os posibles involucrados serían, por orden:

-Os do INEM.
-Os do Concello.
-Os dous anteriores.

Se o concello tivo oportunidade de meter man na lista que lle mandaron, creo que ten que haber necesariamente «certa colaboración» por parte de persoal do INEM.

Falo supoñendo certa a hipótesis do enchufismo (que non digo nin que si, nin que non).

Sobre o resto do proceso, creo que xa dixen tempo atrás, que a min unha entrevista persoal nn me parece nada subxectiva. Pero é o que hai e xa se ve as desconfianzas que este método provoca.

Tuso · 1-07-2008 a las 21:34

Perdón, quería decir que a entrevista personal NON me parece nada OBXECTIVA.

po · 2-07-2008 a las 14:07

mirade, se vos deixarades de tanto escribir e vos puxerades a trabalalr na masa, xa non haberia crisis economica…

vergonza, estes habitantes que critican o goberno, dades vergonza, usades uns comentarios para remitir contra sabariz, contra os traballadores, e moi vergonzoso, esto sinala a clase de habitantes que escriben neste post…

ide a traballar e xa non discutides mais

Benedicta Dopico Dopico · 3-07-2008 a las 13:25

Querido ??Po?, dixen que non me ía pronunciar mais con este tema, pero tocáchesme a fibra, e moi adentro. Falas así, porque non viches, como vin eu, a unha dona, maior de 45 anos, que tes catro fillos, o seu marido este no paro, e non cobra nada, teñen hipoteca, e ela traballa limpando escaleiras por 3 euros a hora, e ninguén a quere contratar pola idade que ten. Esta señora, cando lle chego a famosa e en discordia carta do concello se cheo de razón e de ilusión, pensaba que tenia moita oportunidade de entrar por seu xa nomeada situación persoal e económica. Esta dona chorou bágoas de sangue cando viu a lista, e para a súa sorpresa o concello, ese famoso tribunal imparcial, que supostamente valora todos os aspectos da túa vida, ese tribunal creu oportuno outorgarlle unha puntuación que non chegaba nin a un 3. E claro, despois aparecen persoas como teu, que veñen aquí a dicir que non discutamos e que traballemos mais, que damos vergonza, que non é normal que utilicemos un foro como este para debater as inxustizas que están pasando. Se señor ??Po?, dá vergonza, dá vergonza que no pobo te atopes personaxes como vostede, dá vergonza que nun foro atopes escritos como este, dá vergonza que no pobo queden persoas que apoien aos do concello en todas súas fechorías, se que dá vergonza señor ??Po?. Dá moita vergonza ver todo o que ocorre a noso arredor e non facer nada por impedilo. Porque é mais fácil criticar, amedrentar, increpar, intimidar e tirar credibilidade ao que quere dicir, comentar, compartir o seu punto de vista e a súa experiencia con outros, antes que poñer solución e chegar a un acordo onde todos se visen beneficiados. E nisto último señor Sabariz refírome en xeral, non só en selección de traballo, refírome na mala administración que leva esa casa do concello. E de sobra esta dicir, que grazas a tipos como vostede señor ??Po?, e grazas aos seus comentarios e a súa actitude, persoas como esa moza non dan o paso de ir ao concello e dicirlles catro cousa ben ditas a moitos deles, empezando polas nosas Dona Alcaldesa.

po · 3-07-2008 a las 14:43

Vale, falemos razonadamente «Benedicta». Estou de acordo con vostede no asunto respecto da señora de «45»anos que esta traballando por 3? a hora, é unha lástima que pase iso, e que teña que ter o seu cargo unha hipoteca, fillos, pero o que non se pode é criticar as persoas que foron elixidas, teñen algunha culpa el@s?, pois non, e esta actitud a vin polo foro, esta ben que vostede expoña o seu enfado e critique o goberno local, pero o que non vexo normal e que critiquen a familias por ser elixidas, e quero aclarar que eu non teño nada que ver con ningunha das familias elixidas, eu son un simple cidadán que mira este foro de cando en vez, e sintome disconforme ca sua maneira de criticar, pero a miña pregunta é:
¿para que usades este foro se estades tan en desacordo cas decisións do goberno?.se estades indignados ide o concello e falar directamente a cara cos persoeiros que elixiron a estas persoas e que vos digan os seus criterios de eleccion.

Eu non quero ofender a ninguen nin causar un malestar polos meus comentarios, pero razonadamente e con educacion preguntolle a usted:¿ para quitar unha familia adiante nonf ai falla traballar no concello?.. Na miña opinion existen outros traballos, pero parece ser que agora todos queremos traballar no concello, e repito, non quero ofender a nadie, dirixome a usted con un criterio razonable e educado. Tamen unha persoa como min sintese indignada por que unha persoa traballe por 3?, pero existen outros traballos para conseguir sacar unha familia.

Benedicta Dopico Dopico · 3-07-2008 a las 15:39

Señor ??Po?? Imos ir por partes:

-as persoas que foron elixidas, teñen algunha culpa o@s?
Non, eu non éstounos culpando a eles, estou debatendo as formas nas que
foron escolleitos entre tanta persoa con mais necesidades que eles.

-¿para que usades esta ágora se estades tan en desacordo cas decisións do goberno?
Uso esta ágora porque é un foro aberto e, desde a miña liberdade de expresión, utilizo o meu humilde criterio para opinar sobre algo que me parece inxusto. E dígoo aquí, noutro, e onde faga falta. Non quédome só con que é un foro do concello.

-se estades indignados ide ou concello e falar directamente a cara cos persoeiros que elixiron a estas persoas e que vos digan vos seus criterios de eleccion.
Para contestarlle a isto é moi fácil e sinxelo. Se fósemos todos, adóitase dicir que a unión fai a forza, pois iso, que se fósemos todos para o concello lle seria máis difícil negar o evidente. Pero se vai un ou dous, Cre vostede que van sacar moito pedindo explicacións ao concello?. Pois olle vostede, eu creo que non, é mais, se fixesen iso o que estarían facendo é condenándose a se algún día ten, problemas por calquera motivo, se expoñería a que lle fixesen caso omiso, pola sinxela razón que no seu día pido explicacións a quen non debía e por meterse con quen menos lle conviña. Para facelo mais sinxelo a explicación, no concello quen non este con eles esta en contra. Entende vostede o que lle quero dicir?

-¿ para tirar unha familia adiante nonf ai falla traballar non concello?
Estou con vostede, non fai falta traballar no concello para sacar a unha familia adiante. De feito creo que non me leu vostede ben. Esta señora esta traballando limpando escaleiras por 3 euros a hora, moi dignamente, aparte doutras cosillas que fai por hai, refírome a pasar para afora, limpar algunha casita?. En fin, de ama de casa. Ela non ten énfase en traballar no concello, só que despois de tantos anos en paro recibir unha proposta de traballo, xa só ese simple boto, é motivo de ilusión e esperanza para unha familia, pero non foi o feito en se de que fóra o concello.

E para terminar Señor ??Po?, claro que hai outros traballos para sacar unha familia adiante, niso tamén estou con vostede, e de feito que esta señora xa faino. Pero Señor ??Po?, a esta señora o día de mañá o Goberno daralle un retiro digno por estar limpando casa sen estar asegurada? Esta señora se se cae nalgunha escaleira, se queima planchando, ou simplemente ten algún contratempo nalgúns dos seus traballos, cre vostede que vai cobrar moito por unha baixa? E claro vostede contestáseme que para iso hai seguros particulares, e eu pregúntolle, Señor ??Prol? cre vostede que cuns 500 euros que pode sacar esta señora ao mes pode permitirse o luxo de pagarse un seguro de accidentes e outro de xubilación para o día de mañá poder cobrar algo?.
E repítolle que o ansia non é porque sexa o concello, o tema xa vai mais alá, se o concello que é un organismo publico e supostamente imparcial, é mais, suponse que axuda a todas estas persoas e o que fas é darte a costas e aínda por riba ves estas inxustizas. Señor ??Prol?, que se supón que debemos de esperar doutros organismo.¿ Como se debe de tomar esa señora de 49 anos o seu comentario de hai mais traballos para sacar a unha familia adiante?

Benedicta Dopico Dopico · 3-07-2008 a las 15:53

E para que entendas vostede un pouquiño mais a miña indignación lle vou comentar algo máis, e por favor non me tómeo como critica contra ninguén, gustaríame que fóra imparcial e que intentase poñerse nos zapatos desa Señora.

A pesar de todo o que lle comentei, como se quedaría vostede se lle pasase o mesmo, e vise que en eses posto que saco o concello para as persoas do pobo e supostamente seria para as máis necesitadas. Vise que vostede esta case ao ultimo da lista e vise en primeiro lugar a unha dona, ben posta, con marido traballando, dúas casa, coches, en fin a súa vida non están precaria como a de vostede, e se a todo iso lle sumamos que esa señora esta hai por unha mellora de traballo, ou sexa que deixo un o 21 de Xuño para entrar a estoutra a traballar o 1 de Xullo. Así que esta señora xa estaba traballando, xa tenia o seu seguro, xa tenia seu sueldito, pero estoutra, se esta traballando, en condicións mais precarias e cun soldo mísero e sen seguro. E tendo en conta que o posto é de Xardineira, un traballo que podería desempeñar as dúas. Señor ??Po?? A quen contrataría vostede?

E repítolle, non teño nada con esta Señora, todo o contrario doulle o meu parabéns por ter máis sorte que todas as demais que están en peores circunstancias que ela.

HOXE · 3-07-2008 a las 17:41

Yo creo que antes de hacer afirmaciones tendriamos que tener claro que lo que decimos es cierto en un tema en el que hay que tener mucha cautela. Se puede hacer daño a gente: tanto a los que han salido seleccionados como a los responsables de la selección.

Si las personas que se han presentado a la selección de personal consideran que el resultado no ha sido el correcto, están en su derecho de interponer un recurso al proceso de selección para que sea un juez quien nombre a profesionales encargados de revisar todo el proceso y asegurarse de que ha sido correcto o no.

los candidatos están en su derecho de interponer un recurso y si las cosas están tan embarulladas deberían de hacerlo antes de echar campanas al vuelo, por la tranquilidad de ellos mismos, por la tranquilidad de los seleccionados y por la tranquilidad del tribunal responsable de la seleccion.

NMC · 3-07-2008 a las 18:00

Estoy contigo de acuerdo HOXE. No se pueden verter acusaciones gratuitamente sin fundamento ninguno. Hay que ser prudente y tener cautela con lo que se dice.Yo fui una de las candidatas al puesto, Y NO VI IRREGULARIDADES NINGUNA EN LA SELECCI?N. Y estoy deacuerdo con lo que el jurado de la selección dispuso.

kalimero · 30-07-2008 a las 19:46

Cuando gobernaban los del PP, los simpatizantes teniamos que oir del BNG que eramos caciques, contrataciones a dedo, y tal.
Ahora estos del BNG que son?. Bueno, en cesures gracias a Sabariz ¿que eran? Checha, es cuestion de FE y la tuya es muy GRANDE. Sin duda.
Pero los ultimos años de Angueira de alcalde se pueden definir simple y llanamente como CACIQUEO PURO Y DURO:Y algo me tocó cerca con las contrataciones ??a dedo?. Cualquier cosa de ahora es mejor que lo que había antes. Y ya le vale a Margarita, y por extensión a Cecilia ir a investigar nada. ¿Por qué no empiezan por lo de antes, que eran ellos mismos? El dia que otros representen al bloque podrán protestar, mientras esten estos, NADA que fueron unos autenticos CACIQUES.
Y aqui una de las seleccionadas NMC mirad lo que dice arriba.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.