Acta de selección de peóns de xardinería.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a vintecinco de xuño sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de auxiliar de xardiñería (peóns) do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, según os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 12.15 h. chamase ós/ás catorce aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose Dna. Mª Pilar Andrade Martínez, D. Antonio Bernal Gonzalez, Dna. Amparo Boullón Pérez, Dna. Isolina Caldelas Agrasar, Dna. Ana Isabel Eitor Vázquez, Dna. Manuela Enrique Casal, Dna. Rosario Lestido Gerpe, Dna. Natalia Potel Saborido, Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo, Dna. Remedios Rodríguez Requejo, Dna Beatriz Saborido Dios, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

Non se presentaron: Dna. Mª del Mar Mosquera Cascallar, e Dna. Isabel Rey García.

Primeiramente unha das aspirantes indica que non estaban interesadas no traballo: Dna. Ana Isabel Eitor Vázquez, polo que renuncia.

Seguidamente os/as once aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas: Dna. Mª Pilar Andrade Martínez, D. Antonio Bernal Gonzalez, Dna. Amparo Boullón Pérez, Dna. Isolina Caldelas Agrasar, Dna. Manuela Enrique Casal, Dna. Rosario Lestido Gerpe, Dna. Natalia Potel Saborido, Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo, Dna. Remedios Rodríguez Requejo, Dna Beatriz Saborido Dios, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:

Dna. Isolina Caldelas Agrasar……………….. 5,50 puntos
Dna. Yolanda Vieites Dos Santos………….. 4,50 puntos
Dna. Remedios Rodríguez Requejo……….. 4 puntos
Dna Beatriz Saborido Dios…………………… 3,50 puntos
D. Antonio Bernal Gonzalez…………………. 3 puntos
Dna. Manuela Enrique Casal…………………. 2,50 puntos
Dna. Rosario Lestido Gerpe………………….. 2 punto
Dna. Natalia Potel Saborido………………….. 2 punto
Dna. Mª Pilar Andrade Martínez……………. 1,50 punto
Dna. Amparo Boullón Pérez…………………. 1,50 puntos
Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo……… 1,50 puntos

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección: Dna. Isolina Caldelas Agrasar, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.


90 comentarios

Benedicta Dopico Dopico · 27-06-2008 a las 23:32

¿ Como pode ser que unha persoa pase de ter 2.50 puntos a 5.50 en cuestión de un ano atopandose na mesma situación co ano anterior? ¿Alguen mo pode explicar como si fose un cativo de 5 anos?…
Porque a miña cabeza non da para entendelo…

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 00:08

O esperado «ramon rodriguez rodriguez». Nove entraron e moitísimos máis quedaron fóra. Xa dixen que confiaba, e confío, no tribunal. Eu neste proceso, adiqueime a dar información e pouco máis. Noraboa ás persoas elixidas.
Sobre as puntuacións, baremos, etc..só teño que dicir que non me corresponde a min dar explicacións (tampouco coñezo o baremo a fondo). Precisamente na mañá de hoxe preguntou algunha persoa non seleccionada sobre as cualificacións e criterios, e nas oficinas municipais o técnico de emprego (e vocal do tribunal) facilitou tódolos datos. Por iso pídolle a «Benedicta Dopico Dopico» que veña o luns polas oficinas municipales e se lle dará todo tipo de explicacións.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 00:53

Cando se esgotan os argumentos chega o ataque persoal dende o anonimato. O de sempre «ramon rodriguez rodriguez». Non mereces que che preste atención nin un segundo máis. Vou durmir.

checha · 28-06-2008 a las 02:58

Como ve Sr Sabariz non falo mal de todas as contratacións xa que algunha pareceme moi correcta.Pero nesta encontrome con outro caso moi curioso.Falo en concreto da numero dous.Eu neste caso teño unhas dubidas.Ou os do INEM son parvos ou alguen e mais listo que eles.Esta muller esta contratada para ir de apoio nos autobuses escolares.Que eu sepa o colexio rematou o día 21.Esta persoa según as miñas informacións neste posto ten un contrato de media xornada.Pois a miña dubida é.¿Como esta persoa se estivo contratada ata o día 21 o INEM lle mandou a carta si ela non aparecia como desempregada?Ademais se tamen contaba ter tempo de antiguedade como teño entendido.¿Podeme explicar que antiguedade ten unha persoa que non era nin desempregada cando sairon estas listas?.Eu a verdade ou son moi corta ou non entendo nada.E agora xa sei que me vai contar unha das suas milongas que xa non se cree ninguen.Esta perdendo toda a súa credebilidade despois deste caso tan bochornoso de contratacións.E volvolle a repetir con algunhas delas estou totalmente de acordo.Pero outros casos parecenme sangrantes.Moi bo enchufazo do señor Randulfe xa que todos sabemos que lle toca na familia.¿E vostede a quen enchufou?
Xa que non dou encontrado a resposta.
Igual nin o avisaron para esa reunión para ter mais pue repartir o Randulfe e a Maribel.
Olvidabame de facer alusión a un comentario que temos anterior.Como unha persoa que vai mirar as listas leva xa os papeles para firmar o contrato.Xa que o que lle di Ramon R e verdade xa que a veu moito xente.Esta persoa foi a mesma do caso que lle estou falando fai un rato.Como se come que a xente sepa antes de que saian as listas que vai a entrar.
Sabe como se chama iso Sr Sabariz enchufismo puro e duro.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 11:58

Por suposto, «checha», que Sabariz non enchufou a ninguén. Nunca o fixo nos nove anos que leva no concello.

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 12:20

Señor Sabariz, non crea vostede que estiven tentada en pasarme polas oficinas municipais do concello, pero me preguntei: para que?, para escoitar mentiras, escoitar o que vostedes queirades que creamos?… e despois de debaterme entre estas preguntas cheguei á conclusión que non merecedes a pena nin que vos de a cara, porque aínda por encima quedaría eu como o que non son, pero non esta mal recordarvos que nestes baremos houbo » tongo «…. non hai persoas que se merezan estar hai pola súa posición económica actual…. A segunda señora da lista, como ben di checha, esta hai de enchufada, posto que vive ben, posúe unha boa posición económica e recentemente cesou dun posto de traballo e sospechosamente recentemente entra neste do concello, onde a outras persoas con máis tempo nin se lles enviou a famosa e en discordia carta. Eu particularmente non teño nada contra ninguén, bo se, téñoo contra as inxustizas, non pretendo ser ningunha justiciera, nin resolver os problemas do mundo, só iso faltábame, pero só tento expresar, aproveitando a miña liberdade de expresión o que onte sucedeu nese concello desde o meu humilde punto de vista pero señor Sabariz, polo menos ter un pouco mais de delicadeza cando queirades enchufar a alguén e que non se note tanto, que o pobo xa se empeza a cansar dos vosos trapiches e descaros, que todos somos cesuráns e que todos temos os mesmo dereitos, un cordial saúdo señor sabariz

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 12:35

E señor Sabariz, non nos tome mais vostede o pelo, e non diga vostede que nunca ha enchufado a ninguén no que leva de política, que xa todos coñecemos o caso da famosa concerxe do concello empregada o 26 de Setembro do 2007 a Señora Clotilde Mª Pérez Castaño, non nos tome mais o pelo Señor Sabariz que parece que vostede queira facer burla dun na súa propia cara

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 13:15

Parece que non te atreves a vir a consultar o proceso de selección e queres seguir lanzando sospeitas dende o anonimato «Benedicta Dopico Dopico». Recapacita muller, que o tribunal explícache con claridade o baremo, e non arremetas contra as seleccionadas.
Deixa en paz a miña cuñada Clotilde Pérez Castaño. Na hemeroteca deste páxina e nos medios de comunicación xa din todo tipo de explicacións sobre o proceso selectivo. Nunca pode ter un familiar máis dereitos que ninguén, pero tampouco menos. As actas, a decisión do tribunal, o xeito de resolver o empate que houbera, etc.. quedaron moi claros.

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 13:37

Non se confunda Señor Sabariz, non se confunda, eu non remeto contra os aspirantes aos postos, fágoo a vostedes, os verdadeiros responsables de todo este caos, e que o pobo este en discordia pola vosa culpa, pola vosa mala cabeza e a vosa avaricia e a vosa mala xestión. Non se confunda Señor Sabariz, eu do mesmo xeito que o pobo non somos culpables do que provocades, nós só limitámonos a recordarvos, e porque non, a recriminarvos os vosos actos e que non estamos conformes co que facedes. Non se confunda Señor Sabariz, que non é culpa do pobo todo o que esta pasando, de feito que ás probas remítome, escolleu o pobo á nosa Señora Alcaldesa?, creo que a resposta é clara e evidente, NON, unha vez mais facedes o que vos deu a gana e así con todo sempre. Non se confunda Señor Sabariz, eu non estou contra os aspirantes, estou contra as inxustizas e a mala xestión administrativa dese concello. Un cordial saúdo Señor Sabariz.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 13:47

Segue a táctica dos nacionalistas. Tratar de quedar ben cos seleccionados e meter «bulla» cos non seleccionados dicíndolle que todo é unha vergoña. Iso e vello. Sesenta persoas tiñan que quedar fóra «Benedicta Dopico Dopico» e ti segues con xeralidades (inxustiza, mala xestión, e incluso avaricia?)

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 14:04

Volve ha estar confundido Señor Sabariz, é mais, sorprenderíase de saber por quen vote nestas eleccións e do partido que son, pero como non son eu a que esta gobernando e non son eu quen leva a administración dese concello, como non son eu quen dá ordénelas, como non son eu quen fai e desfai ha o seu antollo no concello. Dígame vostede Señor Sabariz, que se supón que temos que facer os do pobo cando vemos semellante inxustiza, porque unha cousa se esta clara, os do pobo non estamos nin xordos nin cegos. E non me diga que temos que ir pedir explicacións ao concello porque ese conto xa nolo coñecemos todos. Ir ao concello é peder o tempo, á parte de darvos o pracer de saber quen somos para despois baballoar de nós e tentar fodernos mais do que xa estamos a ver tantas inxustizas. Non Señor Sabariz, eu como cidadá deste pobo sinto no deber de dicir o que vexo e compartir a miña opinión como o fai o resto de persoas. E repítolle que non estou contra as aspirantes, están todas moi ben seleccionadas, exceptuando dúas delas que ven claramente que están hai por ser quen son e por ter o padriño que teñen. Simplemente esa foi o meu critica Señor Sabariz.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 14:15

Agora resulta que están moi ben seleccionados sete dos nove traballadores. «Benedicta Dopico Dopico» eu como o Sr. Anguita cando lideraba IU: «tribunal, tribunal, tribunal».

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 14:30

Señor Sabariz, eu non son como ninguén, eu son eu, digo o que vexo e critico o que facedes vostedes, gústelle a quen lle guste, e se a vostede ou aos que estades a gobernar non vos gusta que o pobo ou eu, critiquemos, falemos ou simplemente non compartamos as moitísimas cousas que facedes mal, síntoo por vostedes, tedes a solución nas vosas mans, FACER As COUSAS BEN E CLARAS, TRANSPARENTES SEN MARXE DE ERRO Ou Dúbidas , ou, quédavos unha segunda opción, se non vos atopades capacitados para o posto que tedes cada un, ou, atopádesvos desbordados pola situación e non sabedes como pór orde e solucións, para iso existes as dimisións Señor Sabariz, e deixar pasado a persoas mais competentes e cualificadas para ese posto. Hai moita xente nova e sedienta de traballo hai fóra, con moitas ganas de traballar e facer o correcto. Deixade paso a esa mocidade e deixarvos xa de historias. Que o que empeza cun simple dialogo, terminades cabreando a todo o que tenta conversar con vostedes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 14:41

Tribunal, «Benedicta Dopico Dopico», tribunal. O de pedir a miña demisión é lexítimo, por suposto. Alomenos non a pides por corrupción, senón por falla de capacidade. Parece que pides cambios e queres xente moza para vir traballar. Entendo que solicitas implicitamente ós partidos políticos que renoven ós candidatos e ós integrantes das listas. Moi ben, canta máis xente haxa disposta a traballar, mellor.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 14:49

Hui, aquí xa hai alusións personais e destílase veneno cun cabreo infinito. Reitero que houbo uns baremos utilizados polo tribunal. O que os queira ver pode vir o luns pola Casa do Concello.
Tranquilo «ramón rodríguez rodríguez», que andas moi acelerado.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 14:58

Eu «ramón rodríguez rodríguez» non vin a política municipal a servirme de posto algún. Penso que ninguén o discute.

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 15:35

Señor Sabariz, despois de meditalo ben e ter as probas contundentes para desmontar esta falsa e patrañas de vostedes os políticos, quería porlle no seu coñecemento que se me vou a mover, vou pescudar porque a segunda candidata esta en esa lista, cando me acaban de chegar información asegurándome que esa señora ceso do seu posto o DIA 21 de Xuño, e catro días despois estaba a se presentar no concello para os postos pertinentes. Máis teño coñecementos que acodes en peores circunstancias que ela se apuntaron ao INEM apropósito para devanditos empregos e cun mes de antelación e máis nunca lles chego ningunha carta. Saiba vostede que se vou axilizar papeis, pero non no concello, por suposto, seria inútil meterme a resolver cousas na propia boca do lobo, mais ninguén se tira pedras ao seu propio tellado, pero se o vou facer coas autoridades competentes con este tema, e se lle son sincera fágoo para que dunha vez por todas destápese as patrañas que facedes no concello, e que cando vos propondes meter algún amiguito facédelo sen contemplacións e pasando por encima de todo un pobo. Xa terá noticias miñas Señor Sabariz. Un cordial saúdo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 16:27

Pero que barbaridades estades a dicir. O Concello anunciou publicamente nos medios foi que a xente interesada fora a Vilagarcía a apuntarse na oficina de emprego na categoría correspondente. O Concello parte da base da lista de 69 persoas enviadas. O que fixo a oficina de Vilagarcía, dependente da Consellería de Traballo, para realizar a sondaxe non o sei. Iso, pola orde da convocatoria correspóndelle a eles, e o concello non ten nada que ver. Se alguén quere pedir explicacións en Vilagarcía que vaia alí.
¿Incurrir eu nun delito de prevaricación?. Estás perdendo o norte, «ramón rodríguez rodríguez». Sementas o odio e enfrontas a dúas persoas das elixidas coas non seleccionadas.

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 16:49

Pero Señor Sabariz, sigue sin pronunciarse acerca del tema de la segunda señora puesta en esta lista, ¿como nos explica usted que esta señora finalizara su contrato el dia 21 y el dia 25 se estuviera presentando a dichos puesto de trabajo en el concello?. ¿Que explicación le tiene usted a eso?. ¿Cómo se explica que personas que estuvieran apuntadas en el INEM con un mes de antelación nunca recibieran ninguna carta para optar al puesto, y esta señora en cuestión de cuatro días, desde el cese de su puesto de trabajo, tuviera ya la carta, y encima sacara una puntuación tan alta?. Porque el que mas y el que menos, todos conocemos a esa señora y sabemos del a familia que viene, y sabes que su situación no es para nada precaria como para sacar semejante puntuación. Y como nos explica Señor Sabariz ¿que mujeres que no fueron admitidas y llevan año y años en la lista del paro y no llegaran ni a un mísero 3?. Y de sobra esta al decir que su situaciones son mas deleznables que la de ella. Como nos explica todo esto usted Señor Sabariz. Antes de tomar medidas algo extremistas, estaría bien que usted, Señor Sabariz, nos explicara aquí a todos como esta señora se ha hecho con un puesto que al parecer no le pertenece o mejor dicho, hay personas que están más necesitadas que ella y más aptas para ese puesto.

Benedicta Dopico Dopico · 28-06-2008 a las 16:57

Entón quen tería a culpa aquí Señor Sabariz, a Señora ou a mala administración do concello?. E dicimos a mala administración do concello porque imos ser bos cidadáns e pensaremos que foi unha confusión do concello e que non tivo nada que ver o padrineo ou o amiguismo neste caso en particular. ou non é así Señor Sabariz?

o chiquitas · 28-06-2008 a las 22:48

manda nabo co sabariz aunque lle machaquen a cabeza ,sigue erre que erre,ti non eras o honrado,a culpa non e dos traballadores,son de esa pandilla de estafadores que temos no concello,e nos tiñamolos que votar atronpellons mexan por nos e decimos que chove.¿ QUE VERGO?A NON HAY PALABRAS PARA ESTOS SINVERGUENZAS ?

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 23:11

Tranquilo, «chiquita», para un pouco. Agora tamén estafador. Vas esgotar os adxetivos. A verdade é que os nacionalistas, os camuflados anónimos da súa corda (ou eles mismos/as) e toda esta orquestra están moi doidos de non estar no poder. Ogallá quixeran debater conmigo cara a cara. Cando queirades, espérovos a todos no concello (os rodriguez, dopicos, laranxas, errores, tiroliros, etc..), e falamos de toda a selección de persoal nos últimos tempos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2008 a las 23:26

Esquecíame «Benedicta Dopico Dopico» (podías elexir un alcume máis curto). A oficina de emprego non envía cartas ós desempregados con carácter previo para que se inscriban. Non desinformes, dicindo inexactitudes. Por iso, o 4 de xuño o equipo de goberno emitiu unha nota datada o 4 de xuño, anunciando a concesión da subvención para os nove traballadores (consultar á hemeroteca) que literalmente dí:

«As ofertas de emprego foron presentadas o pasado día 2 na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa que enviará os candidatos/as, para realizarse logo a selección no propio Concello. Os interesados/as deben dirixirse a dita oficina ós efectos de actualizar a súa documentación coma desempregado/a e realizar as consultas oportunas sobre esta oferta de emprego.».

Está moi claro todo este tema. Non teño nin idea cantos desempregados foron a Vilagarcía, en que data foron, en que categoría se inscribiron, etc…
Tratades de desacreditarme, pero reitero o do debate. Vir ó concello, dar a cara. Non sexades covardes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-06-2008 a las 00:43

Andas a darlle voltas coa segunda. Reitero que non teño nin idea cando se foi a apuntar a oficina de emprego Yolanda Vieites, se enviaron xente en situación de mellora de emprego, etc… Podes facer dúas cousas «ramón rodríguez rodríguez». Ou lle preguntas a ela, ou preguntas na propia oficina de emprego. Confirmo que veu na relación e nada máis. Resumen: 1º)Dúbidas pola preselección: pregunta en Vilagarcia, 2ª) Dúbidas pola elección: pregunta o luns ó técnico de emprego na Casa do Concello.
A coletilla final que empregas é gloriosa. Que me colleron polos collóns, que me falta unha fervura, e aínda por enriba dasme consellos. ¡Que xeito máis covarde de meterse cunha persoa!. Con esa mala educación e falla de principios non se vai a ningunha parte. Senón respectas ás persoas pouco podes aportar por moitas «fervuras» que teñas.

Benedicta Dopico Dopico · 29-06-2008 a las 14:58

Jajajajajjajaja?. Rio , se rio , pero río por non chorar, este Señor, «Sabariz», porque xa até dubido que sexa vostede, o tan bo político o que non comete ningunha infracción dentro do concello, e imaxino que o que non permitiría que houbese tongo nesa elección de persoal. Léolle, e quédome atónita coas súas palabras, corríxame se non é certo, esta vostede mais preocupado por saber quen somos, antes que preocuparse por todo o que lle estamos contando?. Señor Sabariz, aquí só hai unha verdade, é que á señora numero dúas metérona de enchufe, xa que vostede moito fala, moito di, pero en definitiva nada conta da verdade, porque á miña non me interesa a carta que vostedes os do concello enviaron ao INEM, ao meu, e ao resto do pobo interésanos saber porque esta señora , e vólvome a reiterar nas miñas palabras anteriores, EN CATRO DIAS, ? CHéGOLLE A CARTA? E SACO UNHA PUNTUACION TAN ALTA COMO PARA ENTRAR DENTRO?,e non me dirá agora que confía no xurado, ou que esa señora esta hai por meritos propios, aínda que depende de que meritos falemos, se falamos dos do seu piso, ou o seu chalé en padrón?. é mais, estou tan convencida, pero tan convencida, Que que pasaría se nos presentásemos nas autoridades competentes e denunciásemosvos por falsificación de varremos?. Porque non hai mais cego que o que non quere ver, e vostede non quere ver a tremenda inxustiza que se esta cometendo. é mais da primeira candidata tamén ten o seu, non se crea que son idiota, tamén se que esta de enchufada, posto que esa señora hai un ano saco unha puntuación de 2.5 e este ano dóbraa 5.50? Como se explica vostede iso señor Sabariz?, tendo en conta que a súa situación económica é a mesma que a de hai un ano?, bo non, ten a atenuante esta señora que o ano pasado non cobraba axuda e este ano se, e aínda así, saco mais puntuación que acodes que levan no paro a ostia de tempo e non chegaron nin a un 3, jajajjajajajj é de risa, vostedes rinse de nós como vos dá a gana e o peor é que a maioría do pobo conséntenllo, se ao final voulle a ter que dar a razón por ovos, a culpa non é de vostedes, é do pobo, se o pobo revelásese mais dun no concello estaría na puta rúa. Empezando pola nosa queridísima Alcaldesa que ninguén a quere e mais vostedes polos seus ovos impuxéronnola.ou son mentiras tamén miñas señor Sabariz, e son eu a que quere pór a todos na vosa contra? jajajajjajajajajjajajajjajaj

Benedicta Dopico Dopico · 29-06-2008 a las 15:02

Que decepción, que fracaso de concello, e abrigo por vostede, que non faga nada nin sequera por pescudar que é o que esta pasando, que tristeza que durante tres anos que vos queda de lexislatura non nos queda mais collóns ao pobo que tentar confiar en vostedes, e bo, iso de confiar, visto o visto? Que nin sequera vostede fai algo por impedir esta gran inxustiza, que decepción Señor Sabariz, que decepción.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-06-2008 a las 15:05

Penso que debes ter un mal día, «Benedicta Dopico Dopico». Tanto odio é malo, muller. Tranquilízate, non podemos entrar outra vez no mesmo.

Benedicta Dopico Dopico · 29-06-2008 a las 17:11

Vólvolle a recordar Señor Sabariz, que non estou en contra de nada nin de ninguén, e se estou encabuxada é polas inxustizas que hai nese maldito concello, ( con perdón dos lectores polas miñas palabras, pero esta banda de baduans non me fan senón ser mal falada), que facedes vos que vos sae dos collóns e pasades de todo, é mais facedes coma se nada pasase, e vedes todo tan normal, e os imbéciles son o resto do pobo non os do concello, se vai facer verdade, hoxe en día a calquera cousa chámaselle político e calquera pode selo. Dívos cóllanos confesados.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-06-2008 a las 18:01

Con esta falla de respecto, seguir escribindo e perder o tempo. Por certo, «ramon rodríguez rodríguez»: ? especialista debo ir pola «aptitude», ou pola «actitude».
En fin; pouca educación e como dicía un amigo meu da infancia, non hai con quen falar. Ata logo.

manolo · 29-06-2008 a las 19:09

Intentei coñecer primeiro aos seleccionados antes de dar a miña opinión. Entro hoxe na páxina de forma pacífica para non enoxar máis ao Sr. Sabariz que bastante ten con roer as críticas, aos seus socios de goberno, máis aos seleccionados, ou polo menos a algúns.

SANGRATE, Sr. Sabariz.

Sabe o que lle digo, que lle está ben. Doulle moito ao pico, e sigue dandolle do anterior goberno nacionalista, e agora ten que «joderse».

Recordade todos que para entrar no concello a traballar, puntua como méritos:

-Lucir mantilla negra na procesión da virxe do carme.

-Ir pedir polas portas para a festa do Carmo.

-Intentar pasarse toda a vida vivindo á conta das contratacións do concello facendolle a pelota ao goberno de turno.

-Pertencer a unha lista electoral (ou algun familiar próximo).

Un saúdo.

manolo o do bombo · 29-06-2008 a las 19:38

xa ves sabariz a que che cae,sigue o consello de ra mon vaite a un especialista o mismo che digo eu ,solo che teñen para levantar a man e ser un consintidor do que pasa no concello,xa que estas tan metido no pasado do bng ,deberian lincharvos a todos os animos estan quentes ,faime caso pois non todos somos do bng inda que ti penses o contrario

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-06-2008 a las 19:44

Podes dicir o que queiras, «manolo». Eu confío plenamente nos membros do tribunal (secretaria de concello, técnico de emprego e educadora familiar) e non teño que defender nin atacar a ninguén neste asunto (aspirantes, membros do equipo de goberno, seleccionados, etc…). Por suposto, tampouco teño que roer nada.
O que ocorre, «manolo», e que estás desacreditando ós tres traballadores do concello que decidiron a selección como órgano colexiado. ¿Tes datos de que se deixaron influir ou presionar por algúen? ¿Cambiaron a decisión, Mª Trinidad Rodríguez, Rodríguez Fructuoso ou Tania Vidal por facerlle a pelota a algún político?. ? grave a acusación que fas contra tres traballadores. Non será mellor que comprobes no concello o baremo e logo fales. Cando che digan tantos puntos por isto, tantos por aquilo, a orde da preferencia ás mulleres e ás persoas de máis de 45 anos que se establece na orde da Xunta de Galicia, etc…, veremos se pensas o mesmo. ¿Como podes acusar de corrupción a tres persoas sen informarte, e con total indefensión ós interesados?.
Está en marcha unha campaña para obter rédito político desta selección por parte do sector nacionalistas e, por suposto, non aceptan razón algunha. Queren trasladar á opinión pública que todo é un escándalo. Por iso, molesta que conteste, aínda sabendo que nada teño que ver na selección. Tamén molesta moitísimo que lembre e critique ós metodos de selección de persoal que utilizou o Sr. Álvarez Angueira na selección do persoal e outras prácticas incribles (SMS ó mesmo número, comidas con acompañantes sen xustificar, empadroamentos fraudulentos para captar votos, levantar sesións sen contestar ás preguntas da oposición, ir a un aniversario dun xornal en lugar de ir ó pleno, peche de despachos e tantas cousas máis).
Mira, «manolo», erro moitas veces claro, pero trato de ser transparente e que a xente coñeza as cousas. Que outros concelleiros/as non fan o mesmo, pois alá eles. Ogallá non ocorra nunca máis nesta vila o feito de que un ex alcalde, como o Sr. Álvarez Angueira, chamase á dirección de TV Salnés pedindo que non houbera o debate previo ás derradeiras eleccións locais porque «non facía falta e podía haber problemas». Moi bo argumento, porque alí non podía levantar a sesión. Vaia talante, vaia progresismo.
Son feitos que ocorreron e que detallo dando a cara con nome e apelidos.

manolo · 29-06-2008 a las 20:17

SMS ó mesmo número, comidas con acompañantes sen xustificar, empadroamentos fraudulentos para captar votos, levantar sesións sen contestar ás preguntas da oposición, ir a un aniversario dun xornal en lugar de ir ó pleno, peche de despachos e tantas cousas máis).

Esto xa aburre Sabariz.

Actualizate que hai escándalos moito máis recientes, e hoxe por hoxe máis divertidos.

Supoño que utilizarás «copiar e pegar», resulta cómodo para poñer reiteradamente o mesmo.

Coñezo xente que está no paro dende fai meses pasando problemas económicos, e nin sequera forma parte da lista de seleccionados polo INEM.

SUFICIENTE para pensar que todo é unha merda?
Tamén é verdade que un caso en concreto dos que coñezo é afín ao BNG.

Poderás ser moi transparente, pero logo eres un gran descoñecedor da realidade do pobo.

un saúdo.

manolo o do bombo · 29-06-2008 a las 20:18

pola miña parte eu non fago ninguha campaña en contra de nadie non son politico ,aqui nadie criticou a seleccion de personal ,eles fixeron o que lle mandaron,o xefe e mais axefa non acuses de eso a nadie.¿mira que eres cabezon unha vez mais sigues erre que erre? perdeches o norte.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-06-2008 a las 23:01

Como desexas que se esquezan as actuacións do BNG no anterior goberno, «manolo». Seguirá este cabezón e outras instancias coa lembranza. Ao tempo.
Resumo final da polémica: Tribunal, tribunal e tribunal. O que teña dúbidas que consulte o expediente e o baremo co técnico de emprego na Casa do Concello.
Vou celebrar o título obtido por España na Eurocopa de fútbol. Vin a final contra a URSS en 1964 nunha pequena televisión Marconi en branco e negro. Tiña oito anos. Houbo que esperar 44 anos para este segundo título. Dende logo é de analizar como o fútbol esperta o sentimento nacional.

checha · 30-06-2008 a las 00:42

Sr Sabariz sigo esperando as respostas das preguntas que lle formulei.Leva 2 dias escribindo sin poñer nada.Quedouse sen argumentos xa non sabe nin que decir.E ainda por riba intenta cambiar de tema falando de futbol.A min non me interesa os anos que vostede tiña na eurocopa anterior.
Pode ademais estar vostede de celebración e estar contento con todo o que esta pasando.Isto pareceme un tema moi serio para que vostede se poña a decir tonterias sobre o futbol.
Espero as súas respostas xa que o unico que sabe facer e arremeter contar o goberno anterior.
En este tema o goberno anterior non esta implicado.O que si o esta e vostede e o resto do supergoberno cesureño.Ademais do grupo de veciños que se sinten burlados pola súa alcaldesa e compañia.

checha · 30-06-2008 a las 00:50

Teño outra dubida que me comentaron hoxe.Nos baremos tamen ten puntos ser gordo ou delgado.Porque unha persoa ainda que sexa moi miuda pode desempeñar perfectamente o seu traballo.Pareceme de moi mal gusto por parte do tribunal preguntarlle a unha persoa miuda si esta capacitada para o traballo.
Cada persoa ten a súa constitución corporal e non me parece que ninguen teña que facer comentarios sobre ela.

checha · 30-06-2008 a las 00:52

Contesteme as miñas preguntas.Xa que vostede sempre di que entra nesta paxina para informar os veciños.
Pois informenos dunha vez e deixese de memeces.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-06-2008 a las 07:58

Segue a campaña dos nacionalistas que, sen dúbida, chama a atención polos ataques personais, os insultos e a mala educación (coa covardía do anonimato, claro)
Pois aínda quedan tres anos para as eleccións. E cantas cousas van saír ata entón.

Tuso · 30-06-2008 a las 09:41

Atención , búscase voluntario/a que lle axude a entender a «ramon rodriguez rodriguez» o mencionado artigo 14 da Constitución Española. Vese que sabe o texto de memoria (e pouco mais).

Tuso · 30-06-2008 a las 11:36

Xa, xa, «ramon rodriguez rodriguez» todos os que non pensan coma vostede, son «Sabarizes», non? Sinxelo á hora de intentar desacreditar, así non hai que matarse moito a razoar as acusacións que fai un, non?

Según a súa curiosa forma de interpretar o artigo 14 da constitución, debería de atopar mais incumplimentos do mesmo nos baremos, ou non?

Eu non os coñezo, pero falouse aquí da preferencia ás mulleres e ás persoas de máis de 45 anos, por exemplo. Non ve ahí discrimanción por razón de sexo? ou de idade? (E seguro que hai mais, repito que non coñezo os baremos)

Coñece «ramon rodriguez rodriguez» algun proceso de oposición, contratación ou similar onde se aplique o artigo 14? (tal e como vostede o «entende»)

Eu pouco sei de leis, por iso espero que alguén poida aclararlle o artigo ese, porque tamén corro o risco de meter a pata. Mentras vaia pensado eso de «…son iguales ante LA LEY…» e a ver se lle ve relación co tema do que se está a falar.

Benedicta Dopico Dopico · 30-06-2008 a las 20:36

Isto aburre xa!!!? Eu non son política, nin avogada, e de leis pouco entendo, pero se hai algo do que entendo, e iso chámase inxustiza? Señor Sabariz, estiven hoxe nas oficinas do INEM, estivemos falando e consultando o tema coas persoas pertinentes, e eles ao igual que nós, (pluralizo porque non fun soa, comigo se viñeron tres donas, unha de mais de 45 anos e se apunto ao paro fai un mes, e as outras dous, con mais de 45 anos e levan uns 10 e 15, respectivamente, no paro), por mais voltas que lle demos, por mais xustificacións que lle quixemos poñer ao concello, sempre chegabamos ao mesmo punto. O CONCELLO COMETIO MOITAS IRREGULARIDADES NESTAS SELECCI?N DE TRABALLO. A verdade é que me alegro escoitar iso, porque despois de todos estes días debatendo con vostede o mesmo, e que agora os da oficina do INEM , e que entende de leis, me desa la razón, pois a verdade sento unha gran satisfacción, e aínda así, seguro que vostede terá mais que dicir, e agora tamén dirá que os de Villagarcia menten, e que non só o pobo de Cesures se non tamén os do INEM son idotas e non entenden da vosa política no concello. Se, a vosa política, porque creo que ninguén mais vos entende, ninguén entende de que forma estades gobernando e facedes e de desfacedes ao voso antollo. E en fin, déronnos varias solucións para aclarar isto, e que dunha vez por todas se solucionase, pero claro, eu non podo facer nada, posto que non son unha implicada, eu só dediqueime haber isto desde fóra e a criticar o que hei visto inxusto, e as únicas que poden son as implicadas e esas? ESAS DONAS NON QUEREN?. E sabes vostede señor Sabariz porque non queren, porque tenlles medo, pensan que se vos denuncia ou dan a cara pedindo explicacións no concello, se nestas seleccións non entraron, entón se é verdade que non entrarían nunca mais a traballar para o concello. E NON CRE VOSTEDE SE?OR SABARIZ QUE ESTAS DONAS ? NORMAL QUE PENSEN E ACTUEN ASI?, posto que visto vístoo? vostedes no concello facedes os que vos dá a gana.

zapatista · 30-06-2008 a las 21:15

Para intentar acusar polo menos dade argumentos non mediante 4 seudonimos que usa unha persoa insulte ou intente deslexitimizar aos membros do tribunal. Pareceme absurda a acusacion.

Cara de cona · 30-06-2008 a las 21:20

Duro con eles e con elas Saba, moi ben…non o achica ninguén…Que lle pregunten a angueira como se apuntou na oficina de emprego a filla de Etelvina e quen lle dixo que fora…pero que falarán estos do bloque da constitución agora..Quen empadronou fraudulentamente a irma de Ana a da Vea de Carreiras que vive en Padrón para metela no obradoiro e para coa presencia de Ana na lista papar o voto da familia?…Quen lle dixo que fora a puntarse o inem?. Quen empadronou fraudulamente a una cuñada de Xandro o da lista do bloque que vive en Valga para o mesmo?…home eu da da Escola podo esperar calquera cousa e de que trate de meter algunha xente da súa, pero o Saba vixía e controla..

Benedicta Dopico Dopico · 30-06-2008 a las 21:39

??Zapatista?? creo que só líchesche estas últimas mensaxes, a túa mira arriba e leche todo, arriba explícase moi ben con nomes e apelidos de todo o que se esta falando, o que pasa é que non vou poñer en todas as mensaxes sempre noméelos, soaría moi repetitivo, pero aquí sábese ben do que se esta falando, e se non pregúntalle ao Señor Sabariz que o segurísimo contestáseche, dirache que estamos tolo, que insultamos gratuitamente, que non sabemos o que de dicimos ecta, ecta, ? Pero teu, leche mais arriba e beiras, como empezases a entender todo e beiras o que aquí se comenta, e o que lle intentamos facer ver ao Señor Sabariz. Porque mais alto se llelo podo dicir, pero mais claro non, A N?MERO DOUS DESTA LISTA, MAIS ?NAA, ESTAN ENCHUFADAS NO CONCELLO, e os motivos xa escribinos nas mensaxes anteriores. Bo non son estes dous soas, pero falo das que están aquí nesta lista.

checha · 30-06-2008 a las 21:44

Cara de cona ti o que non tes e vergonza.A primeira enchufada neste pueblo foches ti.Asi que creo que calada estas mais guapa.A ti enchufouche Pepin na biblioteca gracias a amizade que tiña teu pai con él.

Cara de cona · 30-06-2008 a las 21:54

Ja..ja…ja..como joden as verdades…deixa en paz os cacharros, sobre todo os vellos que van maiores…acordate sempre que o Tacón da asamblea do bloque ganou praza no concelo acertando 24 de 25 preguntas coa juliana no tribunal…eses si que eran tribunales imparciais…o tacón é un eistein do carallo..o premio ese extraordinario de Valga é un pernas o se lado…jo…jo…jo…

checha · 30-06-2008 a las 22:03

¿que verdades son as que joden?As perlas que ti soltas por esa boca.Non creo que lle jodan a ninguen.

Tiroliro II · 30-06-2008 a las 22:49

Estades levando no peteiro, checha e compañía, porque falar do personal despois do que fixo angueira sona a coña, quen non se acorda aquelo de pedir maís xente porque a cuñada de Sabariz non éra idónea para ser conserxe como dixo a de julián no pleno, e que da para escribir un libro, a familia dde Xurxo o do gasoil, él, a muller, a irma, o Xandro, a irma, o cuñado, a cuñada, o parente de Angueira marcialito, o primo, a muller de sobrino da lista do bloque, ascensos a dedo para o xurxo, horas extras a esgalla para o xurxo…para o tacón…como non lles iba a cabrear deixar o poder…e o voto baixa cada vez mais….

basta · 30-06-2008 a las 22:50

A cara, será de cona, e polo vulgar dos seus comentarios, de cona mal follad…

Canto veneno acumulado e que pouco respeto as personas. Coidate «cara de cona» (mal…)

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.