Acta de selección de persoal de limpeza.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a vintecinco de xuño sendo as 10.30 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de persoal de limpeza do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 11 h. chamase ás sete aspirantas de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose Dna. Begoña Coira Lafuente, Dna. Antonia García Liñares, Dna. Delfina Pardal Pardal, Dna. Mª do Carmen Perez Bandín, Dna. Mónica Pesado Taibo e Dna. Albina Salvete Tuñez.

Non se presentou Dna. Carmen Magán Castiñeiras.

Primeiramente duas aspirantes indican que non estaban interesadas no traballo ben por razóns de horario, ou por razóns persoais: Dna. Antonia García Liñares, e Dna. Albina Salvete Tuñez.

Seguidamente as catro aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas: Dna. Begoña Coira Lafuente, Dna. Delfina Pardal Pardal, Dna. Mª do Carmen Perez Bandín, Dna. Mónica Pesado Taibo.

A puntuación obtida polas aspirantes foi a seguinte:

– Dna. Delfina Pardal Pardal………………………… 2,75 puntos
– Dna. Begoña Coira Lafuente………………………. 2 puntos
– Dna. Mónica Pesado Taibo………………………… 1 punto
– Dna. Mª do Carmen Perez Bandín………………. 0,75 puntos

Tendo en conta todo o anteriormente dito, resulta proposta para o posto de limpadora por este órgano de selección a Dna. Delfina Pardal Pardal.

De todo o cal se extendese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Categorías: Concello

16 comentarios

checha · 28-06-2008 a las 02:35

Noraboa SR Sabariz e resto do goberno.A verdade deron no clavo coas contratacións.Son legalisimas.Eu non teño nada que decir do tribunal xa que como empleados do concello farian o que lle mandaron.Este caso que parece nesta acta e o mais sangrante que vin de todos.Señora de cincuenta e tantos anos que leva mais de 10 anos sen traballar porque supuestamente tiña problemas de espalda.Cargas familiares cero.Home xubilado da Nestlé e como todos sabemos non teñen mala xubilación.¿Que baremo foi o que se puxo neste caso?Xa lle contesto eu mesma.Amiguismo puro e duro coa señora alcaldesa.E a segunda contratación que se fai nesta familia nun ano.Xa que a súa nora traballa na gardería.Que ben se pagan os votos e que o fillo fose con Maribel na lista.De vergonza Sr Sabariz.A verdade tiñao a vostede por unha persoa mais seria.Nunca pensei que se ia a deixar liar por estes moinantes.
Agora non me veña decindo o de sempre que os do goberno anterior tamen o facian.Porque si o fixeron foi co seu consentimento.Ou xa non se acorda de cando vostede gobernou con eles.
Isto e sangrante,penoso e vergonzoso para moitos veciños.Pero bueno sigano facendo asi que van por bo camiño.
Isto vale para que o pobo sepa que pandilla os goberna.
E de verdade levome unha decepción moi grande con vostede porque do resto xa que esperaba calquer cousa pero de vostede non.Sabe o que lle digo e tan malo o que o fai como o que o consinte.
Que decepción de verdade que decepción.

po · 2-07-2008 a las 14:11

se deixaras de meterte no que non xe xaman e te puxeras a traballar nun bar xa non terias tanto tempo libre para criticar as distintas candidatas…

pareceme de vergoña o comentario que escribixes…esto reflexa que eres un/unha ignorante da vida, esto reflexa os habitantes tan ignorantes que escribides para criticar solamente…

sabes que xe digo, sodes a vergoña deste pobo…xente como ti, non deberia ter dereito a voto nin palabra..

coidese

O Rei · 2-07-2008 a las 14:38

Moita da xente que comenta na páxina seguro que ten o seu traballo e usa esta páxina como medio de «recreo» para ler noticias relacionadas co pobo, as que saen nos periódicos e as que non saen. Ademáis pódense atopar comentarios de xente variada (a pesares de que ultimamente escriben só uns poucos).

Poñer un comentario e criticar algo, (crítica positiva ou negativa, pero nunca destructiva) non denota ingorancia, senon todo o contrario, sempre e cando se teña un mímino coñecemento do que ese está a falar. A min paréceme constructivo que se critique o que un cre que non esta ben, sempre con fundamento. Si o hai, perfecto. Cando se critica só por molestar, fallando á verdade, inventando mentiras, menosprezando ou insultando é cando se entra nun campo para min falto de interés.

Dis «po» que esa xente non debería ter dereito a voto… quen o debería ter e quen non, e sobre todo en base a que farías esa distinción?

checha · 2-07-2008 a las 14:57

«po» para algo existe a liberdade de expresión neste pais para eso mesmo para expresarse.Non teño mais que comentarche porque non vale a pena.

kalimero · 2-07-2008 a las 19:01

PO, k razon tes. Este povo esta botado a perder. Alguns queren hencher todo de merda pq non goberna o de antes. Asi somos.
Hai 1 diferencia entre a critica e a acusacion (sen probas). Pero a Sabariz non o calades nin así. pouco argumento tedes.
daba igual quen entrase, nin os meritos que tivese, non vos importa o como. Ivades desir o mesmo entrasen outros 9. Coma se vos ve o plumeiro, ja ja ja!!!

basta · 2-07-2008 a las 19:51

«eres un/unha ignorante da vida»

«esto reflexa os habitantes tan ignorantes que escribides para criticar solamente?»

LITERALMENTE «po» foi o que puxeches, e é xusto o que fixeches, escribir para criticar soamente. E eso que acabas de chegar.

Tamén podes ir traballar ti, e así deixas de facer o que tanto che jode que fagan os demais, (ou peor), un menos a cuspir veneno pola boca, e quedamos todos tranquilos.

Seguro que traballo tes, ao mellor estás recien contratado, de seguro que si levaras moito tempo no paro, joderíache que non te chamasen para estas contratacións, ou que entrase a traballar quen leva dous días no paro.

E a ti amigo «tuso», tes que perdoar o de amigo, sen coñecerte, pero pertences a unha raza amigable e escasa neste foro, gracias pola resposta. Paréceme intelixente, razoada.

Non te mollas demasiado, de seguro que hai cousas que non che cheiran ben, como o caso da contratada con dous días no paro, ou outras que hai por aí,intimas da alcaldesa.Pero como decía, e sigue decindo o bng, o que non estea contento que vaia aos tribunais.

basta · 2-07-2008 a las 20:07

Perdóa «tuso» pola afirmación do último párrafo, «de seguro» sobra. Non son eu quen de sacar conclusións de outras persoas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-07-2008 a las 21:44

Pois coma colofón deste tema da selección de persoal vou informar que a propia directora da Oficina de Emprego de Vilagarcía confirmou que alí non protestou ninguén sobre a selección levada a cabo en Pontecesures. Si foron algúns desempregados pedindo explicacións de porque non estaban na lista. Déronllas (había que estar nun determinado código, a cuestión de non levar 9 meses nos últimos tres anos polos programas de cooperación, e outra normativa a ter en conta na sondaxe) e non houbo incidente algún. Algúns irían máis convencidos que outros, pero isto é alleo o concello.
En consecuencia, houbo intervención noveladas deste medio, que foron unha completa sarta de mentiras con acusación incribles contra a miña persoa (esas verbas poñendo en boca do persoal da oficina de emprego as expresións de: «O concello está facendo as cousas mal», «Sabariz está informando mal», etc.., son completamente falsas).
Tremenda a campaña interesada por xente vinculada o BNG. Mentiras, insultos, humillacións ó tribunal, ós seleccionados e a min, mala educación, etc… En fin, un non saber estar sen límites.

Tuso · 3-07-2008 a las 14:37

Supoño que sería un erro «basta» e querías publicar o teu comentario na nova do de xardinería, xa que eu nesta das prazas de limpeza non participara, pero da o mesmo.

Efectivamente, sobra ese «de seguro». Sería máis correcto dicir que estaba buscando cousas que cheiren mal, para comporbar que hai de verdade a diferenza co que ocorría con gobernos anteriores. Inda que a moitos non lles guste, é inevitable a comparación (inda que para min iso non sexa un motivo para ter carta branca agora para facer «cousas raras»). Para min a diferenza nas formas é abismal, e non me gustaría enterarme de que no fondo seguimos tendo comportamentos cando menos «dubidosos».

Os asuntos que me cheiran mal son xenéricos, dos funcionamentos dos procesos de selección, e nada específicas deste caso concreto. Creo que moitos procedementos de selección, que son totalmente legais, deixan moitas portas abertas ás «trampas», supoño que xa a propósito. Non publicitar o suficiente o proceso de selección, darlle moitos punto a entrevistas persoais (e polo tanto moi subxectivas), e non ter uns baremos adecuados, ben clariños e concretos son algúns dos motivos polos que eu e creo que moita xente, desconfía dos procesos de selección en xeral.

Neste caso en concreto, coñezo moi, moi, moi por riba, a dous dos tres membros do tribunal e semellan persoas suficientemente serias e formais (podo equivocarme), cousa que xa é moito nestes casos, onde se acostuma a poñer a auténticos «comisarios políticos» cun interese que pouco ten que ver co estritamente laboral. En principio non desconfío deles.

Non podo mollarme mais, «basta». Non seguín o proceso dende o principio e descoñezo moitas cousas, polo que o de mollarme sería un atrevemento pola miña parte. Con respecto á «contratada con dous días no paro», non sei como se computa o tempo no paro, pero non me queda mais que supoñer, no caso que a antigüidade no paro sexa esa, «catro días», que compensaría isto, fronte a outros aspirantes, con outros méritos (dos admitidos no proceso). Que quede claro que o SUPO?O, porque non sei nin que méritos presentou, nin coñezo o baremo que rexía nesta convocatoria.

O de ir aos tribunais, non me gustaba que se dixera antes, e por suposto agora tampouco me vai gustar, inda que algúns merezan probar a súa propia menciña 😉 . Pero está claro que se algún ve que os seus dereitos foron lesionados, debería acudir a eles (inda que tamén entendo que non se faga, porque na práctica creo que vale para ben pouco).

Aproveito para felicitar aos seleccionados, espero que eles e o pobo saquen proveito do seu traballo. Eu pola miña parte nuns intres vou a empezar a preparar a equipaxe para as vacacións 🙂 🙂 🙂 , así que quedaredes unha tempada sen este pesado.

Boas festas a tod@s 😉 .

po · 3-07-2008 a las 14:52

O que non entendo e que si tan desconforme estades, por que non fuchedes a reclamar, de verdade non o entendo, e utilizades este foro para criticar e protestar contra as eleccions das persoas.

De verdade non o entendo, pero bueno, non me quero meter mais no tema, como dixo alguen nun comentario, se saliran as persoas que vos queriades xa non pasaria isto.

sen mais despidome e non querendo ofender a nadie, tratome a vos con respecto e educacion.

NMC · 3-07-2008 a las 16:44

Hola, me acabo de inscribir en vuestra Web, fui una de las candidatas a optar uno de los puesto del ayuntamiento. He estado leyendo todos vuestros comentarios al respecto y me gustaría dejaros mi opinión. Para mi, sinceramente, fue todo correcto, llegamos, nos hicieron pasar a un salón, supongo que seria el salón de plenos, nos pidieron disculpas por la demora, eso fue una pequeña anécdota, después nos resumieron como iba hacer el puesto, nuestras funciones a desempeñar, los horarios, los honorarios, en fin, para mi todo fue muy correcto y no vi. nada fuera de lugar. Seguidamente nos sacaron a todos y empezaron por orden alfabético a entrevistarnos uno por uno. Lógicamente yo os hablare de mi situación personal, cuando me toco mi turno, entre, tres personas amables me dieron las buenas tardes, y empezaron con las preguntas, la edad que tengo, mi situación personal, mi situación laboral, o sea nada fuera de lo común, una entrevista mas, y para mi esas tres personas me dieron mucha confianza, las vi personas serias, responsables y para nada me dieron la sensación que aquí estáis describiendo. Y eso fue todo, y por mas que lo pienso no se donde esta el delito, hahaha, si es que hubo alguno, porque a mi me pareció todo muy correcto y legal. Si esas señoritas fueron escogidas y no yo será porque unos baremos, actitudes y posiciones, me refiero a lo personal y económico, así lo han dicho. Bueno me despido, y darle mis felicitaciones a Yoli, me alegro mucho que este en uno de los puesto, porque a pesar de todo lo que he leído contra de ella, yo la conozco y les digo a todas esas personas que las cosas no son como se están contando y ella se merece estar en ese puesto. Besos Yoliii!!!!

HOXE · 3-07-2008 a las 18:07

Tuso, los procesos de selección que dan mucho peso a la entrevista – como herramienta para medir competencia de las personas- no son mas subjetivos que los demás, todo lo contrario. Depende de la vara de medir que pongamos para valorar. la entrevista puede ser subjetiva si se pregunta por preguntar, u objetiva si está totalmente sistematizada y se sabe bien lo que mide. Y es la mejor herramienta para medir (habilidades, aptitudes, actitudes, competencias…) combinada con alguna otra técnica. el problema suele estar más bien en la profesionalidad y objetividad de los técnicos de selección o tribunal de selección.

Tuso · 3-07-2008 a las 18:27

Levas moita razón «Hoxe», expliqueime mal.

Por suposto as entrevistas poden ser unha ferramenta de selección moi útil, todo depende de como se usen. Teño claro que como con case todo, o método non ten a culpa de nada, o problema está en como se aplique.

Eu estabaas imaxinando comparadas cun test ou exame, por exemplo, onde as puntuacións son mais «exactas» e hai pouco lugar a «interpretacións» dos avaliadores, sobre todo cando estes non son profesionais especializados en recursos humanos, que nesto da «cousa pública» sei que é o habitual.

basta · 3-07-2008 a las 19:20

Sabariz, ten que comprender que, polo menos para min, o que diga a directora da oficina de emprego, ten a mesma credibilidade que o que diga o veciño do cuarto, o director Xeral do INEM de España, vostede mesmo ou eu (neste foro vostede ten máis que eu debido á miña condición de anónimo).

De ser certas as declaracións que segundo algúns vertiron desde esa oficina, dubido moito que llo vaian a contar ou a recoñecer a vostede, ou a calquera membro do goberno.

Esas afirmacións son unhas mais, pero non me parecen para nada determinantes á hora de xulgar ou opinar sobre este proceso de selección.

Deixar clarísimo que neste tema controvertido, desde o meu punto de vista, vostede ten pouca responsabilidade, llamémosle «culpa». Algúns así o desexarían, ou o intentan facer crer, e vostede en vez de manterse á marxe, involúcrase voluntariamente con ánimo de defender a uns socios de goberno que aparte de ser maiorciños, observan encantados como neste foro acribíllano por facer de portavoz do goberno.

Defenda a súa carteira, e sufra o desgaste seu non o de todos.

En todo caso a súa responsabilidade sería por apoiar e formar parte, dun goberno que non respecta supostamente os mínimos democráticos, como fixo durante ANOS co BNG, tamén supostamente, a pesar de romper e impedir a continuidade daquel goberno nacionalista.

A ti «tuso» aparte de desexarche boas vacacións, dicirche que sen xulgar a legalidade do proceso de selección, só compete aos xuíces, dicirche que non me gusta. Casos persoais que coñezo ou simples apreciacións noutros, fan que opine que, baseándonos na presunción de inocencia por parte do tribunal, as normas, varemos ou criterios, parécenme entón pouco xustos e humanos.

Acabo, que me enrolo demasiado, dicindo que os seleccionados teñen o dereito de andar coa cabeza ben alta, ou traballar con ela baixa se o traballo llo require.

Para eles todos os meus respetos, pois se hai culpables, eles os que menos. Que se opine sobre un proceso de selección, non significa que se menosprece aos seleccionados. Da mesma forma que un tribunal non menospreza aos que quedan fóra no mesmo.

po · 3-07-2008 a las 23:50

Estou de acordo contigo «basta», en ningun momento se debe culpar os elexidos, cousa que fixo»checha», na miña opinion, esta muller tiña todo o dereito como calqueira outra de sair elixida, pero non unha vez que saleu elixida tense que criticar as suas condicions familiares, nin nada.

Pero tampouco se pode dirixir a un grupo de persoas que elixiron a seleccionada, e repito nunca se ten que faltar o respecto as persoas que elixiron e foron elixidas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-07-2008 a las 00:11

Home, «basta». A directora da Oficina de Emprego ten credibilidade, e alí non houbo incidencia salientable. Vexo que mellorou moito o nivel do debate e teño que decirche que a min o desgaste impórtame pouco. Saín en defensa dos membros do tribunal que estaban a ser, directa ou indirectamente, inxustamente tratados. Darasme a razón que senón interveño eu, a campaña orquestada dos seguidores do BNG baseada na mentira ía quedar coma única opinión. Independientemente dos gobernos, dos pactos, das maiorías, etc…, non se pode consentir que prevalezan as tácticas de acusar de corrupción a sabiendas de que non é certo, para obter réditos políticos. ? moi lexítimo que a oposición, e tamén os cidadáns, denuncien deficiencias, fiscalicen a xestión e controlen ó goberno, pero estas actitudes tan pouco serias denotan que se está a facer unha política interesada de desgaste.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.