Intercambio xuvenil: Amigos do mar e a montaña 2008.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontecesures, conxuntamente coas dos concellos de Cuntis, Poio, Valga, Vilagarcía e Vilanova está a organizar este 7º intercambio que se levará a cabo os vindeiros días 11, 12 e 13 de agosto. Este intercambio xuvenil consiste na organización dunha viaxe de 3 días por diferentes lugares dos concellos sinalados, realizando actividades de ocio e lecer, didácticas, deportivas. etc…; pernoctando as dúas noites intermedias: a 1ª en Pontecesures e a 2ª en Vilagarcía. A idade para participar é de 13 a 16 anos (13 cumpridos antes do 11 de agosto, e non cumprir 17 antes desa data); eventualmente, senón se cubren tódalas prazas pódense inscribir en lista de espera rapaces/as que cumpran 13 anos no ano 2008 ou os que cumpran 17 despois do 01/01/08.
O prazo para a solicitude de prazas remata o xoves 31 de xullo, e a documentación facilítase na Oficina de Información Xuvenil de Pontecesures da Casa do Concello.
0 comentarios