Situación anómala en la piscina de Padrón.
Desde comezo do actual mes de agosto, as queixas e protestas dos usuarios que acoden a piscina municipal ,¿climatizada?, se suceden día tras día a causa do estado da auga demasiado fría.
Nembargantes, o persoal que atende os servicios na mencionada piscina padronesa non da máis resposta de que seguen as normas da empresa e aí queda todo, mentres as críticas extensivas ao Concello padronés seguen en aumento especialmente do sector das persoas maiores, moitas das cales acoden a facer natación por prescrición médica a causa de problemas de espalda e outros.
Os comentarios xiran en torno a idea de que, como estamos no verán, se pretende economizar consumo para manter a auga en condicións adecuadas, mais a cuestión é que a anómala situación está plantexando a algúns usuarios darse de baixa e desprazarse a algunha piscina de outra localidade cercana.
O cal non deixaría de ser un trastorno que os usuarios que satisfacen unha cuota, moitos deles durante todo o ano, non deberían ter que sufrir, polo que se espera que a empresa solucione o problema para ben de todos.
Carta ao Director de «TIERRAS DE SANTIAGO» de José Castro Cajaraville. 12/08/08
0 comentarios