ACHEGANSE AS FESTAS DE PORTO CUNHA TARDE DE XOGOS POPULARES ESTE PASADO VENRES 15

Publicado por fru o

Outro ano mais estamos ás portas dun novo San Roque de Porto, e os nosos veciños, ante a imposibilidade de celebrar os tradicionais partidos “solteiros-casados” e “solteiras-casadas” polas obras do campo de futbol, tiveron que improvisar un novo escenario para a disputa de ditos encontros. Así, a Rúa dos Namorados convertiuse por unhas horas este venres pola atrde, nun campo de xogos  infantis e populares, e de deportes, contaxiados polo espirutu olimico que percorre estes dias o mundo.

Instalaronse uns hinchables para os cativos e tamén coma campo de xogo, pois os partidiños de futbol este ano foron no “futbolin hinchable”.

100_9608-web.JPG

Outras probas deportivas foron as carreiras de relevos entre “solteiras-casadas”.

100_9611-web.JPG

Os partidos de brilé “solteiros -solteiras” e casados-casadas”

100_9625-web.JPG     100_9628-web.JPG

E outras probas de habilidade coma o xogo de “encher a botella”.

100_9635-web.JPG

Cabe destacar que a magnífica organización destes xogos contaba ate con asistencia médica axeitada. ¿Haberá que ir pensando nun Porto olimpico 2020?

100_9620-web.JPG


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.