De novo destrozos na praza dos Valeiros de Porto.
Nesta pasada madrugada, persoas descoñecidas arrincaron outro xogo do parque infantil da praza dos Valeiros e destrozaron outra vez o taboleiro de anuncios que fora reparado o propio venres tras os danos sufridos na noite do xoves ó venres.
Tamén algúns veciños queixáronse de que varias persoas nesta pasada noite, na que remataron as festas de San Roque de Porto, causaron algúns danos en cultivos de fincas particulares (millo, berzas, etc..) arrincando plantas.
11 comentarios
decesures · 24-08-2008 a las 00:33
A xente non sabe disfrutar da festa sen destrozos a verdade, e unha pena de todas maneiras vexo como algo positivo que para o ano se cerrase o parque dos cativos xa que aparte dos destrozos non esta ben para os nenos xa que están detrás da orquestra e non están á vista.
E falando xa un pouco da festa de porto a verdade e que este ano como sempre un éxito aínda que durase pouco a cousa xa que a orquestra parís rematou cedo non?
axouxere · 24-08-2008 a las 23:44
a verdade e que a festa rematou moi cedo,mentras que o xoves durou bastante
decesures · 25-08-2008 a las 00:31
por iso, durou máis o xoves que o venres e como tódolos anos hai moita xente que por motivos de traballo non pode quedar ata moi tarde a noite do
xoves… deberia de durar máis o venres xa que é o último día e o sabado pódese descansar un pouco máis. só hai que ver como estaba o pobo…
pedro da cachopa · 25-08-2008 a las 14:43
pois pa min este ano,xa dixo a miña señora,que hubo menos xente que outras veses.había a mitá.pa min millor había máis espasio para poder bailar,aínda que coa paris e a jerusalen moito non se poida,que echan moito espetaculo e hay que estar de pie mirando,todo e musica moderna pa xuventu e pa nos nada,resulta que somos os vellos os que pajamos as orquestas e lojo a musica e pa xuventú.a ber este en carreiras que festas imos faser.
decesures · 25-08-2008 a las 15:04
tes razon pedro este ano habia pouca xente na festa
comparando a osutros anos pero é mellor. Tamén estou de acordo en que bailábase mellor o xoves con esas orquestas que coas do venres, son moito espectáculo.
Cara de cona · 29-08-2008 a las 20:18
Moito botellon…moito borrachuzo en Porto…arrasan as plantas…nada a piara..faille falta a piara a alguns….hai canto colexio se necesita…pola maña..pola tarde e pola noite…
checha · 29-08-2008 a las 21:51
Supoño que ti tamen te inclues nos da piara.Xa que en Porto ti tamen estiveches.
checha · 29-08-2008 a las 22:02
O do colexio supoño que vai por ti.Porque a ti en educación si que che fai falta escola de mañan de tarde e de noite.
Cara de cona · 31-08-2008 a las 10:20
Andan investigando para saber quens foron os bestas que romperon os xogos dos rapaces…hai que empuralos ben…checha fun pouco a escola…pero educoume a vida…e digo que coas compañas políticas que levas tes pouco futuro..bonequiña…pouca cancha…amén xesús…enmerdamento polo de atrás…vagonetismo…jo..jo..jo…
checha · 31-08-2008 a las 23:08
Polo teu tono ironico burlón esta claro que nin a vida che educou.Non fai falla ter moitos estudos para ter educación.
Benedicta Dopico Dopico · 1-09-2008 a las 15:55
Para o meu a festa de porto estivo moi ben, aununque a orquestra Jerusalen non me gusto nada, estivo mellor a paris, tambien é verdade que terminou moi pronto para ser a orquestra que pechaba a festa, pero en fin, estivo moi ben, referente ás desfeitas da praza e os que esnaquizaron o millo na festa, en Yutube habián uns vídeos fabulosos onde se veian ben aos autores, non se se agora segiran colgados eses vídeos.
Aos do millo non os reconoci, pero aos que se estan cargando o taboleiro do parque se. Jejejeje, se queren pillar aos autores non teñen mais que pasear por tárdelas noites polas prazas e os veran hai sentaditos no banco.e a graza de todo é que son de porto, os peores. Un deles xa é moi coñecido polo seu defunto pai, e polo problema que tivo no colexio polos cales foi expulsado. é unha pena, ten todo esnaquizado. E doutra banda, cara cona, non por canto mais berres mellor se che escoita, nin por canto mais insultes mais razón tes . E con isto non quítoche nin che poño razon ningunha sobre os teus argumentos. Se non que polas túas expresións e a túa forma de razoar degrádasche muchisimo e perdes credibilidade algunha. Consello dunha lectora que vos le e fai moito dano á vista tanto insultos.