Relación de desempregados/as enviada para a selección de auxiliar administrativo.
A Oficina de Emprego de Vilagarcía enviou unha convocatoria para que mañá ás 10:30 e 11:30 horas se presenten na Casa do Concello as seguintes persoas:
Agrasar Allo, Ana Mª
Barreiro Gómez, Mª Dolores
Comparada Mosquera, Stella Maris
Domínguez Otero, Leticia
Duro Domínguez, Cándido
Enrique Cordo, Concepción
García Dios, Mª Pilar
García Castro, Belinda
Gómez Eiras; Mª Carmen
Iglesias González, Mª Carmen
Magariños Iglesias, Mª Teresa
Martín Cabrera, Nayra
Martínez Pardal, Mª Carmen
Pérez Castaño, Mª Isabel
Refojo Márquez, Patricia
Rey Lago, Mª Virtudes
Rey Castiñeiras, Rosa Mª
Rivas Castro, Susana
Rodríguez Potel, Mª Luz
Romero Fabeiro, Silvia
Vázquez González, Ramona
Vázquez López, Marta
Lémbrase que hai uns días foi seleccionada Mª Dolores Gerpe Jamardo, pero a outra praza quedou deserta e se solicitou unha nova relación á Oficina de Emprego.
O tribunal está composto pola secretaria do concello, Mª Trinidad Rodríguez Suárez, o técnico de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso e o administrativo, Ricardo Campos Saborido. Solicitei que estivera presente un representante sindical coma observador.
23 comentarios
checha · 2-09-2008 a las 22:25
Espero que algunha persoa teña a dignidades de non presentarse a esta convocatoria.Ainda que sexa por vergonza.
Espero que mañan se pidan os documentos pertinentes para que a baremación persoal dos candidatos se faga correctamente.
Polo resto espero que sala escollido o mellor candidato/a posible e que o seu posto de traballo sexa merecido polos seus meritos.
estudiante · 2-09-2008 a las 22:46
Non hai quen entenda a estes do concello nin aos do inem, non sei a que xojan. Para 2 prazas de auxiliar administativo fan preselección no inem das desempregadas e desempregados que reúnen unha serie de requisitos e mandan 4 posibles aspirantes (¿porqué solo catro se está claro que había máis demandantes de empleo?)
E ajora para unha soa praza manda 22 preseleccionados.
Que pasa aquí.
O concello en primeiro lugar é quen debe aclarar se pide ou non ó inem un número de determinado de preseleccionados ou esto é unha cuestión arbitraria.
A norma dí que como mínimo dous aspirantes por praza.
Primeiro cumpren con ese mínimo e ajora mandan 22 pro praza. Non se entende se estos cambios tan bruscos e anómalos son cousa do concello ou do inem.
Para unha mesma praza nun caso mandan o mínimo (como se non houbese más desempregados que cumprisen os requisitos – e á vista está que os había-) e uns días máis tarde para unha soa praza mandan 22. Raro, raro, raro.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-09-2008 a las 22:49
Paréceme unha barbaridade o primeiro parágrafo do teu comentario. Tódalas persoas teñen o mesmo dereito a seren contratadas. Para ningún desempregado pode ser vergoñento presentarse a unha proba deste tipo. Hai un tribunal con tódalas garantías e un representante sindical de observador. Agora hai claridade, se expoñen as listas que envía a oficina de emprego, as puntuacións, etc… Sabes perfectamente que antes co goberno nacionalista non era así. ¿Considerar indigno presentarse a unha proba do concello por calquera razón allea ó propio interesado?. Iso «checha», é discriminatorio, atenta contra os dereitos fundamentais e por suposto é inconstitucional. Vouche lembrar aquilo tan cacareado que dicimos sempre: «na política non vale todo».
Por suposto, desexo que sexa seleccíonada á persoa que o mereza.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-09-2008 a las 23:03
Outra cousa, «checha». Hai uns días presentouse (moi dignamente, por certo) a esta selección a irmá do responsable local do BNG. Resultou seleccionada con todo merecemento. ¿Por que nos días previos non fixeches un comentario similar? ¿Por que cando se seleccionaron, polo goberno anterior «a dedo» sen ningún tipo de procedemento, a persoas vinculadas ó BNG , non diseches nada? Pouca obxectividade a túa.
Efectivamente «estudiante» parece confuso que a oficina de emprego envíe primeiro dúas persoas por praza e logo envíe a tódolos auxiliares administrativos inscritos. Podo afirmar que na oferta de emprego non figuraba cantidade algunha. Penso que no futuro haberá que reflectir o número de persoas por praza que se piden (catro ou cinco, por exemplo) para que non se repitan estas situacións.
Tuso · 3-09-2008 a las 12:12
Como ben di «estudiante», é ben raro isto do número de xente que envían do INEM. Unha solución sería a que propón o Sr. Sabaríz, de reflectir o número de candidatos que se piden por praza, pero penso qeu se debería de pedir un número mínimo de candidatos, pero non limitalo, porque de limitalos a 4 ou 5 podería quedar fora xa de entrada moita xente.
Nese caso non sei como fai o INEM para facer a preselección e ademais o concello tería menos onde escoller.
Con respecto ao primeiro comentario de «checha», e inda que eu non sei a quen se refiren e igual meto o zoco ata o fondo, creo que para poder presentarse haberá que cumprir os requisitos da convocatoria, e inda sen leela, podo apostar a que non fai referencia para nada á vergoña do candidato. ? o que ten vivir nun país con liberdade e dereitos. Ou é que o que se pretende é que na convocatoria xa se exclúan de entrada a persoas concretas? Quizais como non fai moito tempo?
E «checha», en vez de velados ataques persoais e de sementar dúbidas sobre o traballo do tribunal (xa antes de que fagan nada) o que poderías facer e denunciar os erros ou mal funcionamentos que ti vexas e incluso propoñer solucións ou alternativas para mellorar, como eu penso que se está facendo nos últimos tempos. Ou e que ti prefires o sistema «antigo»? Pensas que era mellor? (para toda a xente refírome, xa sei que para algúns si)
checha · 3-09-2008 a las 12:46
En ningun momento estou falando do tribunal.O que pasa que xa entendedes todo como vos da a gana.Falo de unha persoa en concreto e Tuso sabes de sobras de quen estou falando.E digo a titulo persoal que si ten un pouco de dignidade non deberia presentarse a esta selección.
Sr Sabariz non me compares churras con merinas que parece que e o que queres facer.E non me volvas o pasado como fas sempre.
Tuso · 3-09-2008 a las 14:40
«Checha», ca túa frase:
«Espero que mañan se pidan os documentos pertinentes para que a baremación persoal dos candidatos se faga correctamente.»
eu entendín que insinuabas que a alguén (eu pensaba que ao tribunal) se lle ia «esquecer» pedirlle os documentos necesarios. Eu entendo que insinuas eso, cousa que me extraña porque se non llos piden supoño que terá difícil baremarlle nada a esa persoa, co cal terá menos puntos, co cal terá mais dificil conseguir a praza, non?.
Eu, non teño nin idea de quen estás a falar, NIN ME INTERESA (por iso non sei a que te refires co da dignidade e a vergoña) pero creo que incluso os que non cumpran os requisitos poden presentarse, porque xa serán filtrados e rexeitados polo tribunal (ou así debería ser).
Respecto a túa opinión sobre esa persoa, pero creo que tamén deberías respectar ti, senon a ela, aos dereitos e liberdades dos demais, e non convertirte en «xuiza da moral».
Según ti esa persoa non debe presentarse, Sabariz non pode volver ao pasado (supoño que os demais tampouco debemos, non?). Algunha cousa mais que vexas que non che vai ben ou que non debamos facer os demais?
Repito as miñas preguntas por se tes a ben contestalas: ti prefires o sistema ??antigo?? Pensas que era mellor? Tes algunha suxestión para mellorar o actual?
checha · 3-09-2008 a las 14:58
Eu so pido que se obrigue os candidatos a traer papeles que acrediten a sua situación persoal para a baremación.Cousa que non se fixo nas duas anteriores e creo que e importante.
Xa que eu podo chegar ali dicir que estou casada que teño 6 fillos e que son unha muller maltratada e a min non me gaña ninguen en puntos.Non se pode fiar un de todo o que di a xente de palabra.Xa que cando fun revisar as baremacións das 1ªs contratacións foi o que me encontrei e asi o dixen.Que algunha xente poñia o que mais lle conviña.Como cargas familiares que non eran reais e ingresos das suas casas que tampouco eran reais.
E o que estou reclamando dende a 1ª selección de persoal.
E non e que ninguen se vaia a esquecer e que nunca as pedichedes que e distinto.
Co que falas dos requisitos non sei se os cumpre ou non pero penso e xa para que te enteres ou deixer de facer o sueco vou decir quen é.
Por moito que a filla da alcaldesa apareza nun listado do INEM porque en estes momentos este no paro.Supoño que si ten un pouco de dignidade ou vergonza non se presentara para traballar no concello onde goberna sua nai.
E o que penso e asi o digo e si a alguen pensa que ela ten os mesmos dereitos para min non os ten.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-09-2008 a las 15:25
Aqui non hai nin churras nin merinas, «checha». Hay desempregados/as que son persoas humanas e teñen todo o dereito do mundo a presentarse a unhas probas. Negarlle eses dereitos á filla da alcaldesa é unha barbaridade. Vaia progresismo. Pertences a unha forza política que defende a igualdade. Menuda representante a que ten en Pontecesures o BNG.
Tuso · 3-09-2008 a las 16:11
Eu tamén penso que ten os mesmos dereitos que os demais. E non só é que o pense, é que de feito é así no noso país a dia de hoxe.
«Checha», con respecto ao de acreditar a situacion persoal. Estás decindo que esas situación se comunican de palabra sen xustificación documental algunha? Con iso si que non contaba eu. Vamos, e que nin me pasaba pola cabeza. Se é así non teño mais que darche a razón.
manolo o do bombo · 3-09-2008 a las 16:42
tarde ou temprano tiña que aparecer a filla da alcaldesa, xa tardaba moito,opino que ten o mismo dereito ,pero por ser filla de quen e non deberia nome estraña que a xente fale.os fillos dos politicos que busquen traballo en outra parte,tamen pode ser unha estrategia para haber si se revoluciona o galiñeiro eperdon pola expresion.
o chiquitas · 3-09-2008 a las 16:54
señora alcaldesa, xa sei que lee estes comentarios,ou ten quen llos comente o mellor estamonos adelantandonos os a contecementos pero non cree que xa chega vostede e dos cubatas para delapidar o sueldo dos contribuyentes.RECORDE QUE TEMOS UNHA BOA CRISES.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-09-2008 a las 22:49
Vexo que se aporta pouco ó debate. Tratase de facer política sen máis por parte de simpatizantes do BNG e punto. Estase a facer unha selección exemplar para unha contratación temporal cunha total obxectividade e agora saídes desacreditando a persoas e tratando de enganar á opinión pública. Pois non. Nin por asomo o goberno nacionalista facía estes procesos selectivos. Hai que ter memoria, e a miña obriga e lembralo sempre para que non se repitan as contratacións a dedo de persoas afíns, as chamadas á oficina de emprego para que enviaran máis xente cando non interesaba contratar a unha persoa, os incumprimentos dos acordos plenarios impedindo que a oposición estivera presente nos tribunais do obradoiro de emprego, a «conxelación» da presentación das ofertas de emprego ata que se apuntaran os da mesma corda. Iso todo fíxose co alcalde nacionalista anterior, e moitas cousas máis. ¡Que me ides dicir a mín!.
manolo o do bombo · 3-09-2008 a las 23:09
que che vamos a decir a ti pois o que che dixen sempre. porque o consentiches si ti estabas no allo un alcaguete mais,e tes a cara de decilo que jeta sabariz
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-09-2008 a las 23:38
Non te me sulfures «manolo o do bombo». Sabariz non participou nesas prácticas que, ademáis foron fundamentalmente cando eu xa non estaba no goberno. Ti o sabes ben. Pregúntalle, pregúntalle o ex alcalde.
sobreiras · 4-09-2008 a las 00:20
Amiga Checha, xa sabemos que non che gusta falar de pasado. Si eso é así, ¿porque formaches parte dunha lista encabezada por xente que xa gobernara o Concello? ¿Porqué non formaches unha lista totalmente nova de xente do BNG que non tuvese pasado?. Agora tes que aterte as consecuencias.¿Porque algunha xente ten que avengonzarse de presentarse a unha selección de persoal?. Non tuvo vergonza tua irmán cando entrou de enchafadísima por Angueria de Auxiliar Administrativo na Escola Obradoiro. E supoño que tampouco se presentaría a selección de hoxe a candidata as eleccións municipales polo BNG Mª Pilar García Dios. Só ves a palla no ollo alleo. Reláxate un pouco que che fai moita falta. Non creo que sexades os mais indicados para criticar o goberno actual sobre todo en materia de selección de persoal.
sobreiras · 4-09-2008 a las 00:24
A «Memoria histórica», que tanto lle gusta o teu partido, a algúns en Pontecesures non nos da a gana de olvidar por máis que tí te empeñes, só así evitaremos que se repita…
checha · 4-09-2008 a las 11:38
Pero ti Sobreiras que e o que me estas comparando.Empezando cando miña irmá estivo no obradoiro eu non tiña nada que ver nin co BNG nin co concello.O de que entrou enchufadisima diralo ti porque eu en ningun momento pedin por ela.Ademais xa se veu o interes que tiña miña irmá polo posto que no momento que puido escapou a correr para onde leva toda a vida traballando.
Outra cousa que ten que ver unha persoa que foi nunha lista e non ten ningún tipo de cargo coa filla da alcaldesa.
E ademais estou relaxadisima.
E para Sabariz este tipo de contratacións empezanse a facer nesta lexislatura desta maneira porque a leis o mandan asi.Non porque vos queirades facer todo tan legal como ti dis.Porque senon seguiriades facendo as seleccións de persoal como se fixeron toda a vida.O que pasa que agora obrigan os concellos a facelas a traves dun tribunal.
Tendes a mente moi retorcida de todas as maneiras porque eu só fixen un comentario dunha persoa concreta.O resto da xente non me importa e as formas xa dixen en outras ocasións todo o que tiña que decir.Pero bueno seguide latricando que este tema non da mais de si.Eu sigo pensando o que pensaba e non vou cambiar de opinión.Xa se veran os resultados.
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 12:51
Independentemente da composición dos tribunais, os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade na selección do persoal son principios constitucionais. Por suposto o goberno que presidiu o teu actual xefe de filas do BNG incumpriunos moitas veces. Ti formas parte agora dese grupo. No me veñas con desculpas. Cando queiras ves falar conmigo no concello e vemos tódolos expedientes: contratacións a dedo, a suba de categoría sen expediente algún de xente do BNG, o incumprimento do acordo en canto á composición do tribunal do obradoiro de emprego, etc…
manolo o do bombo · 4-09-2008 a las 13:28
PEROque ladrades si estades facendo o mesmo ,estades anclados no pasado e non hay quen vos saque .sobreiras sodes uns resentidos
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 13:40
Sabes que non fago o mesmo, «manolo o do bombo». Memoria, fai memoria.
manolo o do bombo · 4-09-2008 a las 17:58
E que mais da fano os teus socios de goberno e ti consintelo,e por certo a memoria no me falla en lo bueno y en lo malo amen.
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 18:17
Non é o mesmo «manolo o do bombo». Sabes que en materia de selección de persoal estanse a facer as cousas moito mellor que antes. Non enredes, porque o pasado hai que telo en conta.