Desgoberno de poucas luces.
As constantes queixas feitas polo veciños diante do BNG polo deficiente funcionamento do alumeado público lévanos una vez máis a facer unha denuncia pública perante os medios de comunicación. Esta lexislatura estase a caracterizar, sobre todo por un abandono total das infraestructuras municipais, neste caso estamos a falar do alumeado municipal con constantes apagados de rúas enteiras, como é o caso da rúa Ullán, avda de Vigo, etc. Estes apagados duran semanas enteiras sen recibir, por parte do desgoberno, explicación algunha.
O BNG interesouse en plenos pola situación caótica do alumeado público recibindo como resposta a mofa e a calada. Nós non entendemos como un servizo municipal tan importante se atope neste estado lamentable de abandono.
Esiximos a Maribel Castro e ao seus socios a posta en funcionamento inmediato do alumeado público nas rúas que levan tempo sen o servizo, que lle adiquen tempo e medios a este asunto e deixen de lado as súas liortas internas, que son moi coñecidas en todo o pobo. Mal se pode gobernar nesta situación.
Consello Local BNG Pontecesures
Publicado por BNG Pontecesures
18 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 11:22
Pois é certo que hai esas deficiencias e darase unha explicación pública.
O que é curioso son as referencias que fan sempre os membros da oposición ás diferenzas entre membros do goberno. A nivel autonómico o PP através dos sres. Rueda e Núñez Feijóo sempre dín do goberno tripartito que hai desgoberno, que se levan mal entre eles, etc.. Na etapa de goberno tripartito de Pontecesures BNG-ACP-PSOE o PP tamén dicía isto. Agora o BNG de Pontecesures tamén o dí do goberno actual. Vaia, que estas frases estanse a converter nun «clásico» na vida política.
checha · 4-09-2008 a las 11:46
Non se teñen que dar explicacións publicas o que tendes e que arranxar o alumeado dunha vez.
Porque a explicación eu xa sei cal vai ser.E que a diputación dixonos que nos ia a dar unhas farolas novas e estamos esperando.Esperando,esperando,esperando.
Pois sigamos esperando que temos este pobo que algunha noite parece o pobo fantasma.Porque ademais a rúa Sagasta e Victor Garcia sigue fallando por moito que digades que non.
Houbo un dia a semana pasada que estaba o pobo apagado por arriba e por abaixo.Estupendo.
Sigamos esperando, esperando,esperando….
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 12:53
Claro que hai que arranxar o alumeado «checha», que esta obsoleto en moitos puntos dende hai moitos anos. Tranquila, muller.
manolo o do bombo · 4-09-2008 a las 13:16
Palabras,palabras queremos feitos señor sabariz ,gastamos tantos cartos no campo de butbol e hay outras cousas mais importantes que arranxar que conste que non teño nada encontra de eso pero claro era a promesa electoral do pp solo lle falta a banda de musica ,todo se andara e a vivir que son dos dias.
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 13:45
O campo de fútbol é un feito. Non te enfades, que é un ben para todos. Non veñades de augafestas que o BNG quería conseguilo tamén. Proclamáchedes ós catro ventos os méritos do BNG no tema do Náutico (que os tuvo, sen dúbida). Agora co campo, ¿que ides dicir?. Non hai que enfadarse, os deportistas van ter mellores instalacións e iso é bo para tódalas persoas.
estudiante · 4-09-2008 a las 16:40
Sen ter que ver con ninjunha das partes, paréceme Sabariz que non debes desviar a atención sobre os temas, esta entrada é das carencias que a xuízo dos do Bloque ten ao alumeado público, é e diso do que deben tratar os comentarios.
Hai ou non un alumeado público en condicións?
Ten deficiencias á vista, ou non?
Canto custa poñer as cousas como hai que poñelas?
O concello pode ou non pode, quere ou non quere?
Hai que esperar porque a Diputación nos arranxe as cousas ou non?
Se hai que esperar porque o concello non ten cartos para facelo, canto tempo máis hai que esperar.
? normal que aljén faja a critica sobre este asunto, se é que non hai cartos, lijandoa a outros jastos muncipales ou non?
Estas e outras cuestións relacioanadas son as que entrarán no debate desta entrada.
Ti Sabariz escapas do fondo índote ao bo que é a herba artificail e que aos outros, sejún ti, parece que lles «jode». Mal, mal Sabariz. Probablemente e bó cambiar impresións sobre a herba artificial, o boa que é para os deportistas, canto lle custou o axuntamento, se se podía ou non ter feito doutra maneira, etc, etc, pero non aquí, nesta entrada.
Eu chámolle ESCAPISMO, idéntico ao que estades a facer continuamente ti e máis sobreiras. En vez de responder das cousas que podedes estar facendo mal o que facedes continuamente é ir ás cousas de Anjeira, sempre ca misma cantinela e dando por feito que é verdade o que vos dicides (que eu non poño nin quito)
Inda que sodes libres de dicir o que vos peta sejindo sempre ca misma estratexia (coa máxima que unha mesma mentira repetida mil veces acaba conviríndose nuha verdá total), non sólo se pode responder así das actuacións que vos cuestionan, neste caso do mal funcionamento do alumeado público.
Perdón polo rollo, pero é o que eu penso.
manolo o do bombo · 4-09-2008 a las 17:51
Que vamos a decir do campo que e unha burrada de cartos ,cando o bng esta denunciando
o alumeado,mais tamen che digo que hai algunas casas que non teñen alcanterillado e siguen ,siguen outras cousas mais.
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 18:22
Si «estudante», a entrada e sobre as deficiencias do alumeado. O do campo foi introducido por «manolo o do bombo», non por min. Eu non digo o que me peta. Convídoche a que veñas á Casa do Concello e demóstroche o que digo. E tamén podemos falar do alumeado público ou das deficiencias que queiras (onde hai puntos novos, onde os hai moi vellos, o mantemento, o custo, etc…).
manolo o do bombo · 4-09-2008 a las 19:30
Sabariz como fas o parvo cando queres,desviaste das preguntas como un listillo ,sempre co mesmo convidando a todos o concello xa vamos cando nos peta porque e de todos ,volvoche a facer a pregunta alcantarillado,arranxo de camiños,alumeado e non sigo
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2008 a las 22:06
Sempre hai cousas por facer, «manolo do bombo». Por iso podes falar conmigo na Casa do Concello e facer suxerencias en relación coas necesidades.
manolo o do bombo · 5-09-2008 a las 13:27
MIRA sabariz nome tomes o pelo ,o concello vou cando teño que ir non fai falta que me invites ti e xa che dixen as cousas que hai que facer e non son suxerencias son necesidades ,cando queres sabes marear a perdiz, pero hai un dito que di te conozco bacalao aunque vengas disfrazado. un saudo
Luis Angel Sabariz Rolán · 5-09-2008 a las 15:34
Ben «manolo o do bombo», o importante é que o alumeado nesas rúas xa está arranxado. Non queres vir falar conmigo á Casa do Concello. Non teño nada que facerlle. ¿Eu disfrazado de bacallau?. Non home non. Gustame moito ese peixe, sí. ¿A ti non?. Calquera día imos tomalo os dous. A min como máis me gusta é en postas (frito rebozado en ovo). ¿A ti?.
manolo o do bombo · 5-09-2008 a las 23:34
BEN sabariz alegrome que o alumeado este arranxado ,algunha vez inda me rio contigo a min o bacallao gustame de todos os xeitos,a miña muller faino moi rico a cazuela,pois todo e posible e vamos calquera dia a comelo un saudo.
checha · 6-09-2008 a las 02:22
Cada dia neste pobo eu alucino mais.Como se pode consentir que nunha obra privada e refirome o edificio de Taibo que esta en construción na rúa Sagasta.Se lle poida permitir traballar un venres a noite e refirome a esta hora as 2 da madrugada.Pulir unha placa de formigón co ruido e o malestar que esta causando nos veciños.Xa que todo o mundo despois dunha semana de traballo espera o fin de semana para descansar.Estan os veciños nas fiestras porque total quedalles unha noite horrible sen poder durmir xa que o rudio e insoportable.
¿Quen e o responsable de consentir que pasen estas cousas?
A verdade e que me parece gravisimo.Ademais non sei ata que punto e legal que nunha obra deste tipo se traballe de noite.
Supoño que o Sr Sabariz ata o ten que escoitar na sua casa.¿Non lle molesta? porque esto e espantoso.
checha · 6-09-2008 a las 02:23
Sinto por poñer este comentario que non ten que ver co tema.Pero acabo de pasar por ali e quedei alucinada.
Luis Angel Sabariz Rolán · 6-09-2008 a las 10:28
Pois houbo entón un incumprimento da normativa de contaminación acústica. Non teño coñecemento de denuncias.
Podo entender que por unha ou outra cuestión (o tempo, o formigon xa preparado, etc..) o contratista teña presa por realizar as actuacións que comentas «checha». Pero molestar así ós veciños non ten xustificación.
Realmente, eu non notei nada.
Tuso · 6-09-2008 a las 18:36
Seguramente denuncias non haxa porque, onde denuncias ás dúas da mañán? policia local non hai, a garda civíl seguro que non se move por unha cousa así, ir ao concello ao día seguinte a queixarse é perder un poucoo tempo xa que parece que certas empresas teñen permiso para facer o que lles pete, e dalles igual a quen perxudiquen.
A min cadroume de pasar diante desa obra fai unhas semanas un pelín despois das 7 da mañán e tamén me sorprendeu un gran ruido e resulta que había incluso colas de formigoneiras ao ralentí, cas cubas funcionando mentras esperaban o turno para descargar o formigón. Xa podedes imaxinar o espetáculo co «silenciosos» que son estes tipos de camións.
Supoño que os veciños estarán mais que resignados, e xa non denunciarán porque non vale PARA NADA. Xa se queixara xente neste medio fai tempo de que poñían perdida a zona ca lama que deixaban os camións ao sair da obra, valeu de algo? Hoxe, se non secou xa porque está facendo boa tarde, inda podedes ver os restos de barro recentes na estrada, e, entre a obra e a ponte, tanto na rúa do muelle e a principal seguen a estar as rúas cheas de terra e areas dende aquelas primeiras queixas. Ninguén lle obriga a recollelas, e o concello tampouco limpa, xa as barrerá a choiva (e xa atascará os desagues), e á empresa sáelle a conta seguir emporcando todo e causando un risco para o tráfico, inda que a multen (inda que dubido que fagan iso, porque a policia local ou non pasa por díante ou non debe de ver estas infraccións). Esperemos que non haxa que lamentar desgracias.
«checha», si que é para alucinar, e non creo que esté o asunto tan fora de tema como pensas, porque inda que non ten que ver coas luces, si que ten que ver co goberno (ou desgoberno, que lle chamades vos).
checha · 6-09-2008 a las 20:48
Claro que denuncias non creo que as vaian a poñer.Pero si que empezan a estar un pouco cansos de que o dono desta obra faga o que lle veña en gana.Sin reparar a pensar un pouco no vecindario.O de esta noite foi algo espantoso e segun me dixeron a min os veciños durou toda a noite.Hoxe algun tiña cara de sono por non poder pechar o ollo.
Creo que vai sendo hora de que o concello lle poña as cousas claras xa de unha vez e o poña no seu sitio.
De cando empezaron co tema de emlamear todo eu en persoal dixenllo o Maribel e xa vexo que non me fixo nin caso.Porque todo sigue igual de emporcallado.
Xa esta ben non se poden consentir este tipo de actitudes por parte de señores como este.
Creo que dende o concello tendes que facer algo.