Louzán e Castro inauguran o novo campo dotado de céspede artificial.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

inaug-campo.jpg

victor-tubio.jpg

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, inauguraron onte o campo de fútbol Ramón Diéguez, que xa conta con 6.200 metros cadrados de céspede artificial de última xeración, ademais doutras melloras complementarias.

As obras precisas para instalar a herba sintética no campo precisaron un investimento de 450.000 euros, dos cales 92.000 foron achegados polo Concello, que asumiu así unha cuarta parte do total, mentres a entidade provincial financiou o restante.
O renovado campo de fútbol tamén foi dotado dun xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol-sete abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador, 200 asentos e rego automático. Ademais, a Deputación asumiu e executou tamén o asfaltado da zona perimetral do campo.

O campo pasará agora a depender do Concello, pero sen embargo o convenio entre administracións especifica que o mantemento e a conservación do céspede se efectuará conxuntamente entre Deputación e administración local.

Este acordo ten como finalidade evitar o deterioro que pode sofrer o terreo de xogo co deterioro, e o financiamento do mantemento será asumido na mesma porcentaxe que nos custos de constrcción, 75% para a Deputación e 25% para o Concello.

Neste sentido, a Deputación xa organizo unha xornada teórico-práctica para que os representantes dos concellos e dos clubes tiveran a oportunidade de coñecer as técnicas básicas que se deben realizar semanalmente para que os campos permanezan nunhas condicións óptimas.

Estes traballos regulares serán complementados con outros de mantemento especializado, que se executarán anual ou semestralmente a cargo dunha empresa.

Da Deputación de Pontevedra sinalaron que a posta en marcha desta infraestructura responde ó fomento do deporte de base. Ademais, no organismo provincial resaltouse a mellora das dotacións deportivas en toda a provincia por medio da construcción de campos de céspede artificial en distintos municipios.

Segundo resalta a Deputación, as superficies sintéticas permiten un maior uso e aproveitamento e un menor custe de mantemento, co cal prestan un mellor servizo aos cidadáns con maior eficiencia desde a administración.

Unha vez rematados todos os campos de fútbol previstos, o número de instalacións construídas pola Deputación elevarase ata as 76, por uns 36 millóns de euros.

DIARIO DE AROUSA, 07/09/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.