Falece Mercedes Cristobo, de San Xulián.
?s 83 anos de idade, faleceu esta mañá, no Hospital Clínico Universitario de Santiago, Mercedes Cristobo García, veciña da rúa Cantillo de San Xulián (fronte á «Papelera»).
Era viuva, Mercedes, de Francisco Domínguez Oliveira «Farrisco», que foi concelleiro do Concello de Pontecesures bastantes anos.
A misa funeral será mañá luns día 6 de outubro, ás 18:00 horas, na Igrexa Parroquial de Pontecesures e os restos mortais recibirán sepultura despois no Cemiterio Parroquial de San Xulián. O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón, dende onde mañá, ás 17:30 horas, sairá a comitiva fúnebre para Pontecesures.
Descanse en paz.
0 comentarios