Licenzas urbanísticas concedidas hoxe pola Xunta de Goberno Local.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Por unanimidade e contando cos informes favorables correspondentes, a Xunta de Goberno Local integrada pola alcaldesa, Rafael Randulfe, Jesús Rey e Luis A. Sabariz, acordou conceder as seguintes licenzas:

-A Fincas Cesures S.L. (Ramón Taibo Sumay) para construir 5 vivendas unifamiliares en 5 parcelas da rúa Doctor Mosquera 14 de Condide. Son 5 expedientes de obra distintos.

-A María Genma Barreiro Sanmiguel para construir unha nova vivenda unifamiliar na parcela B de Toxa 22, logo da segregación realizada.

-A Unión Fenosa Distribución S.A, para o cambio de 6 apoios de alta tensión co fin de adecuar a liña eléctrica de alta tensión (66 quilovoltios) “Padrón-Tibo I e II”. Lembarse que suprimense outros tantos apoios.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.