BALONCESTO: O ARBITRAXE CASTIGA ? EXTRUGASA RIO ULLA QUE SUFRE A 1ª DERROTA
GRAUNNER RIBADUMIA = 64 EXTRUGASA RIO ULLA = 53
Gulli (6), Peñaño (10), Diego (3), Victor (3), Pino (4), Pedro (-), Santi (3), Arturo (2), Felipe (13), Pepi (7), Juanjo (2) . O arbitraxe en contra do equipo visitante a cargo de García, L. e Carollo, JM. cargouse un partido limpo e correcto no que non pasou nada para que lle foran sinaladas 5 tecnicas ó Extrugasa, ademais de varias antideportivas a ambos equipos. Curiosamente o arbitraxe cambiou logo do descanso, cando se incorporou o 2º arbitro ó encontro. En realidade chegou faltando uns minutos para rematar o 2º cuarto, pero neses minutos inda debeu ??aposentarse?. O da 2ª parte foi vergonzoso, gracias a querer aplicar un ??presunto criterio arbitral? completamente distinto ó da 1ª xornada en Pontecesures.
O partido principiou mal para o Extrugasa, pois non defendía ben ós postes locais e en ataque precipitabase co balón. (Min 5: 6 ?? 2). Pasouse a defender ó home, e Ribadumia veuse manitado sen poder facer tiros fácilies. E Santi, Pepi, e Peñaño dende o tiro libre igualaron o marcador, finalizando o 1º cuarto 1 arriba: 10 ?? 11. O 2º cuarto foi domiñado claramente polo Extrugasa: parcial de 9 ?? 17 gracias á boa defensa individual que paraba moi ben ó ataque local, pechando beno rebote defensivo poder sair á contra. Ben Felipe neste cuarto ca súa velocidade, e penetracións, dándolle descanso a Pepi ademais. E funcionando o ataque estático, xogando cun bo ritmo. Así chegouse ó descanso 20 ?? 28 e o equipo facendo bo baloncesto.
Pero ahí acabouse o partido. Os 2 primeiros ataques do Extrugasa foron penalizados, en 2 penetracións de Pepi e Peñaño cunha falta en ataque a 1ª inventada polo colegiado auxiliar, e con técnica a 2ª por decir Peñaño ??ehhh? cando na entrada recibiu un golpe. O equipo descentrouse é a mínima os árbitros pasarona a sinalar técnica. Ribadumia achegouse no marcador, empatando mediado o 3º cuarto a 31. Logo, o Extrugasa ponse en zona, recibindo 2 triplas consecutivas (31 ?? 37). Co recital de tecnicas e antideportivas Ribadumia sobrepasa ós 10 puntos, para finalizar o cuarto: 35 ?? 48. Intentouno de novo o Extrugasa, achegándose a 8 ó inicio do ultimo cuarto: 41 ?? 49, pero outra técnica, esta vez por reclamar que a mesa puxera o marcador en marcha antes de que Peñaño tocase o balon logo do saque de fondo acabou por exasperar ó Extrugasa, mentras que Ribadumia, con xente veterana, seguia anotando e ó seu. Os cesureños acabaron o partido anotando 2 triplas consecutivas que deixaron o 64 ?? 53 final.
Non quedou mais que felicitar ó rival pola victoria, un equipo veterano nun partido sen problema que tiña que haber tido outros puntos de atención (e pode que outro gañador) pero que 2 señores se encargaron de estropear.
0 comentarios