Despilfarro. Nota do BNG de Pontecesures.
O BNG quer manifestar acerca do pleno extraordinario celebrado no día de onte o seguinte:
1.- Non entendemos a convocatoria extraordinaria deste pleno xa que o vindeiro 24 ( en menos de dez días) celébrase o pleno ordinario bimensual, polo que aforrábase o custe diste pleno extraordinario, tanto no que respecta ao procedemento administrativo correspondente como ao custe económico das asistencias ao mesmo.
Só se pode explicar pola desidia deste desgoberno municipal que continuamente está a deixar os asuntos de importancia para o último momento e logo se ven abocados por problemas de prazos a convocar plenos extraordinarios sen importarlle para nada o seu custe.
2.- No 3º punto do pleno debateuse o convenio para mellora do alumeado público na rúa central do pobo cun custe de preto dos 240.000 ?. O BNG alégrase de que por fin, e logo de moitas denuncias públicas, se arranxen os problemas de alumeado nesa zona que están a ser continuos. Sen embargo, nós , decatámonos que dentro deste investimento inclúese tamén sustituir o alumeado da zona central (rúa San Lois-A Prazuela), o que nos parece un auténtico despilfarro, xa que este alumeado é novo, apenas 6 anos, cunhas farolas ao noso xuízo moi axeitadas ao entorno histórico no que se atopan.
Cos cartos que se aforrarían deixando estas farolas como actualmente están, poderíase mellorar o alumeado público no medio rural xa que este atópase nun total estado de abandono, privando aos veciños de zonas como Carreiras, Porto, San Xulíán, Grovas, etc, dun servizo municipal básico.
Lamentamos que este desgoberno da Sra. Castro do do Sr. Randulfe, non atendera a nosa petición feita no pleno de onte xa que suporía un importante aforro, nestes momentos de crise económica xeralizada.
Consello Local BNG
5 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2008 a las 20:44
Convocouse un pleno extraordinario por mor dos prazos na ordenanza fiscal, e porque pretendemos que a Deputación Provincial adxudique o subministro do alumeado neste exercicio. Tódolos gobernos convocan plenos extraordinarios cando hai asuntos importantes, que non poden ou non deben demorarse. O custo total do pleno foi de 168 ? polo pago da asistencia a sesións, pero o concello pódese beneficiar de xeito considerable.
Enreda o BNG de Pontecesures cos plenos. En xullo pasado boicotearon o pleno ordinario dicindo que todos estaban fóra e querían que fose en agosto. Agora este tampouco lle viña ben. Os intereses do concello non pode estar pendientes de que as datas dos plenos lle gusten ou non ós concelleiros da oposición.
En canto as farolas de fundición de San Lois, insisto en que ésta é unha oportunidade de que as catro rúas centrais quedan cun alumbrado moderno e idéntico. Non hai tal despilfarro xa que as «fernandinas» vanse pintar e acondicionar ben para reubicar noutros sitios en consonancia do entorno (poden ir, por exemplo, un par de delas detrás do adro da igrexa, outro preto dun cruceiro, etc…). Non me convence o argumento da oposición e, por certo, cando hai un investimento tan importante para mellorar o municipio, penso que se debe votar a favor.
O presidente da república · 16-11-2008 a las 23:10
Xa está ben. Pido os que isto lean que lle metan man «os pendellos» os catro pendellos e incompetentes «manipuladores da información e da vontade do pobo», que non merecen representar ao BNG, «nunca máis» sodes uns «falsos», !¡ay do pobo desinformado!, ¿qué será del?….¡que tristura! (todo vale) así nos brilla o pelo,(grandes argumentos para a abstención, e xustificar o presunto despilfarro) e ¿a desigualdade que ocasionastedes coas vosas catro farolas no centro do pobo, e en rúas especiais?.. «manipuladores»….
«cesures abre os ollos», (a crise económica, farsante)
manolo o do bombo · 17-11-2008 a las 16:05
Estas saido ,presidente da república pois hay que roer a estes » pendellos»
Cara de cona · 17-11-2008 a las 18:19
Nada angueira non quere plenos. os do Bloque dudan…fan oposición de coña…teñen a xente desorientada e parecen o exército de pancho villa….despilfarro por cento e pico de euros que valeu un pleno?…..bah, dúas carguiñas e gasoil….jo..jo..jo…
checha anda agora de fotógrafa de angueira nas obras…que triste papelón…
manolo o do bombo · 17-11-2008 a las 19:16
Seras ti moi rica cara de cona,pero alguns quen lle dera esos cartos,eo triste papelon no fai checha,eso falo ti.