O luns 24 de novembro, pleno ordinario en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será ás 20:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello, coa seguinte orde do día:

1. Acta anterior
2. Inclusión no inventario municipal de bens da parcela onde se atopa o Centro de Saúde de Pontecesures.
3. Convenio entre a Consellería de Sanidade (SERGAS) e o Concello de Pontecesures sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Pontecesures.
4. Moción do BNG de Pontecesures para solicitar á Consellería do Medio Rural de varias obras.
5. Moción do BNG de Pontecesures sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
6. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
7. Informes da presidencia.
8. Rogos e preguntas.

Coma sempre, desexo que veñan moitos veciños ó pleno. Vanse debater temas moi interesantes para todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures


12 comentarios

Discipulo · 22-11-2008 a las 20:40

grazas pola información «Maestro».
Criticado polos teus defectos (¿quén non os ten?) xusta ou inxustamente, segues a ser un MAESTRO da cousa pública,(xa quixeramos outros)¡larga vida!

estudiante · 22-11-2008 a las 21:42

Jo, jo ,jo xa pon o seu nome por duplicado, por si aljén non se da conta do de abaixo, tamén firma e con carjo e todo.
E dijo eu, como non firmará tamén o seu sosio o médico ou o resto do joberno.
Por certo acordadevos da qie armou este Sabarís con aquelo da participación cidadán nos plenos?
Que si era importantísimo, que si tal e que si cual.
Mira que era importante que no ano e medio que leva no joberno non volveu a dicir nin pío. Ajora que caladiño está co da participación cidadana este «Cuco».

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-11-2008 a las 22:39

O que non aceptou que o público preguntara libremente ó remate dos plenos foi o alcalde anterior. O que quedou en preparar en decembro de 2005 un regulamento de participación cidadá para regular as quendas de preguntas foi o BNG. Palabras baleiras coma sempre, pois pasou o tempo e nin redactaron a primera folla do regulamento.
Por min non hai ningún problema para que o público pregunte ó rematar as sesións. Ogallá viñera moita xente ós plenos, ou a comprobar expedientes, ou a facer preguntas ou a interesarse polos temas municipais. Non teño nada que agochar e o meu compañeiro non adscrito tampouco.
Xa contei a anécdota dun pleno en que viñan tres ou catro persoas de Condide á sesión por un tema de saneamento, e problemas cun camiño de entrada a fincas. Na porta da Casa do Concello o ex alcalde espetoulle aos veciños aquilo de: «A que vides aqui». Vaia expresión. Menuda claridade e transparencia.

estudiante · 23-11-2008 a las 10:34

A realidade é tozuda Sabariz. Volves con retórica barata pero o certo é que en case ano e medio non volviches a abrir a boca sobre a particpación cidadán nos plenos, e mira que soltaches letra entonces. E nin ajora tampouco, limitaste a decir que ti non tes problema e o teu sosio tampouco.
Eres un enjanador.
Se entón era importante porque a o longo de todo este tempo non só non fixeches nada, non pediches nada e nin siquera mencionaches este asunto?
Porque eres un manipulador e enjanador.
Ese eres ti.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-11-2008 a las 11:36

Reitero que isto das preguntas directas do público ó remate do pleno, abortouno o BNG en decembro de 2005. Fixéronse nun, e foi moi interesante. Hubo dúas preguntas: a primeira de veciños do edificio da rúa Sagasta 10 por ruidos procedentes dun baixo; a segunda dun veciño de A Toxa interesándose pola pista de acceso a dito lugar. Para mín a experiencia foi magnífica, pero ó ex alcalde e ó seu grupo non lle debeu de convencer esta novidade e enredaron dicindo que ían presentar un regulamento de participación cidadá por dicir algo, e así evitar dar contas da súa xestión ós veciños. Desgraciadamente a cousa tiña a súa lóxica: se o alcalde anterior, non contestaba ás preguntas dos concelleiros da oposición, menos ía contestar as do público. Se tiña alerxia ós plenos (daba desculpas para non vir, Xabarín incluído, curtaba a palabra a miúdo, levantaba as sesións se había problemas, etc…), pouco podía esperarse en materia de claridade e transparencia.
Reitero que os dous non adscritos somos partidarios de que o público poida facer rogos e preguntas ó remate dos plenos. Haberá que ver o que pensan os demaís concelleiros, claro.
Por certo; convidoche, «estudiante» a que veñas mañá ó pleno para que nos comentes as impresións da sesión logo neste medio.

estudiante · 23-11-2008 a las 13:02

Segues co mesmo e non respostas ao que eu che pregunto.
Pregunta:
¿Porque sendo tan importante, como dicías, a particpación didadana nos plenos, non fixeches absolutamente nada dende que volveches ó joberno oara que esta tivera lugar?

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-11-2008 a las 13:21

? que non hai nada que facer. Eu non son partidario de ningún regulamento. Son partidario de que se poidan facer rogos e preguntas directamente, rematada a sesión.
Art. 228.2 do ROF: «Rematada a sesión do pleno, o alcalde pode establecer unha quenda de rogos e preguntas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal. Corresponde ó alcalde ordenar e pechar esa quenda».
Vouno propoñer á alcaldesa, e haber o que opinan ela e os demais concelleiros. Polos non adscritos para adiante.

manolo o do bombo · 23-11-2008 a las 14:56

Pois adiante Sabariz,actua e menos fala barato xa que estas no goberno fai algo,haber si che fan caso.

zapatista · 23-11-2008 a las 15:55

cantos asesores politicos ten Sabariz

Cara de cona · 25-11-2008 a las 17:19

Como estuvo o pleno checha? que tal a da escola, espabila ou segue tan tensa e colorada como sempre?…..angueira?…que tal?…anda de chorada dando pena…ou bravo?…e o saba? sigue dando caña ou afrouxa?…e randulfe que? sigue faltando o bloque?….non contas nada…falouse do gasoil?….pois me dixeron que a instrucción de Caldas está a punto de sair….hai bastante xente que ten que ir a declarar e sonan cousas por aí tremendas….o pastel esta descuberto e hai xente que vai cantar…final para bastantes…

o chiquitas · 25-11-2008 a las 17:52

Que cinica eres cara de cona,si me dixeron que ti e mais a Marina non perdedes un,entras como si non superas nada,que se vai a esperar de ti pos a caldo a todos e quedaste tan pancha,vendeste por un patacon.

Borrachuzo · 27-11-2008 a las 19:58

Por lo que contais por ahí va muy poca gente a los plenos, pues eso es sintoma de que no hay muchos problemas en la calle, y no hay ese descontento que decís sobre la gestión, si hubiera inquietudes, líos y problemas el pleno estaría lleno con la oposición dando caña que es lo que pasa en muchos concellos, habrá apatía en la gente puede, pero si estos son malos, los anteriores tampoco serían muy buenos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.