Visita do arcebispo de Santiago a Pontecesures. O párroco convida á corporación para recibilo.
O párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, convidou á corporación muncipal de Pontecesures para darlle a benvida ó arcebispo de Santiago, Julián Barrio, na Capela do Pilar en San Xulián o domingo día 14 de decembro ás 11:00 horas.
Ese día o arcebispo realiza unha visita pastoral á parroquia de San Xulián de Requeixo e oficiará varios actos relixiosos.
0 comentarios