Concedida a licenza provisional para un hotel de 3 estrelas en Pontecesures.
A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 27 do mes que andamos concedeu licenza provisional a FASULA S.L. e OLMARVEN S.L. para un hotel de tres estrelas na rúa Victor García nº 1 de Pontecesures (tamén ten fachadas á Travesía do Feira do Automóbil e a rúa Victor García). Agora unha vez acreditadas as medidas correctoras en materia de saneamento, acústica, residuos, etc.., concederase a licenza de apertura.
Segundo informacións recibidas, o hotel vai abrir en xaneiro do 2009, sendo OLPESCA GALICIA S.L. a que vai xestionar a actividade hoteleira.
O hotel terá 15 habitacións dobres (5 no primeiro andar, 5 no segundo e 5 no baixo cuberta). No soto van os vestiarios do persoal, a lavandería, a sala de caldeiras e almacéns. No baixo ira a cociña, a barra do bar e os salóns.
1 comentario
Tiroliro II · 29-11-2008 a las 19:08
Moi ben que abran un hotel en Cesures, boa noticia xa era hora, veremos que opina cecilia checha tarela que anda por alí, e suso rey? que