Un vehículo empotrouse contra a fachada dun local na praza de Pontevedra.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Foi esta pasada madrugada cando un vehículo guiado, ó parecer, por unha muller que ía buscar familiares a Chanteclair, saiuse preto da rotonda da praza de Pontevedra de Pontecesures e bateu contra un local comercial baleiro (ten anuncio de aluguer) que está situado entre a óptica Visión XXI e un estudo de arquitectura. Está o local no baixo nun edificio promovido no seu día por Constantino Taibo S.L, nas rúas Redondo e Carlés, pero con entrada por esta última, números 1 e 3.
O local tivo danos considerables na parede e na luna de cristal pero, afortunadamente, non houbo danos personais.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.