Carreiras celebra durante este fin de semana la fiesta de la Reina de los Ángeles.
El lugar de Carreiras inicia hoy sus fiestas. Tras las alboradas de la charanga «Apeles», habrá misa a las 12:30 en la iglesia parroquial cantada por el coro «A Barcarola». A continuación comenzará la puja de ramos en el campo de la fiesta y la sesión vermouth amenizada por la orquesta Pontevedra. Esta agrupación también actuará en la verbena junto a Suavecito. Mañana, a las 16 horas habrá colchonetas gratuitas para niños y mayores; a las seis se repartirá chocolate con churros y el dúo ?bice Capital pondrá el fin de fiesta.
DIARIO DE AROUSA, 10/01/08
24 comentarios
Cara de cona · 10-01-2009 a las 18:10
En carreiras vivirase a gran comedia e a pelexa polo voto…nunha esquina do cuadrilátero Randulfe…que fixo a asociación de carreiras e consigueu tela da deputación..noutro angueira…que tiña a Carreiras no bote…presente contra pasado…os outros non contan…Saba ti non pintas nada…nin sequera de árbitro…alí póñenche podres todos….non te vota nin sindo o cheiro…jo…jo..jo…
Becquer II · 10-01-2009 a las 19:32
Una batalla en Carreiras
políticos al acecho
practican marcaje estrecho
ocurre en todas las «feiras».
Con el Bloque desfondado
Randulfe es quién saca pecho
pero le queda un buen trecho
Angueira no está descartado.
Pelota e hipocresía
esto parece un hechizo
nunca a Manolo el Carrizo
le dieron categoría.
Por un puñado de votos
aparentan simpatía
todo queda en flor de un día
sólo saben vender motos.
manolo o do bombo · 10-01-2009 a las 19:39
Hombre Becquer II,estiveches no caribe habia tempo que non aparecias.
manolo o do bombo · 10-01-2009 a las 19:45
ESta cara de cona leva a todos por diante,agora metese co saba,que impresentable eres recordame aun da toxa que lle fai a pelota a todos.
Becquer II · 10-01-2009 a las 19:55
Pues no estuve en el Caribe
estuve en el Pirineo
veo mucho mamoneo
en Carreiras se percibe.
Luis Angel Sabariz Rolán · 10-01-2009 a las 22:42
¿Que me poñen podre en Carreiras, «Cara de cona»?. Que lle imos facer. Son non adscrito, pero non por iso, ou por pintar pouco, como dis, merezo as túas verbas. Pídoche un pouco de respecto por poucos apoios que teña.
estudiante · 11-01-2009 a las 13:00
Pero como non te van poñeer podre en Carreiras e na Toxa se fixeches todo o posible por boicotear a ampliación de acceso á Toxa, tanto por arriba como por abaixo. Eso sábeo ben todo o vecindario e por eso non te poden ver nin en pintura.
Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 14:11
Totalmente falso. Fixen sempre xestións e busquei alternativas para abrir accesos e pistas na Toxa. ¿Sabes quen coñece mellor isto? O Sr. Álvarez Angueira. Pregúntalle.
BNG-PP-PSOE-IP · 11-01-2009 a las 15:03
Angueira… Angueira… Angueira… Angueira… Angueira… Angueira… Angueira… Angueira…
¿Hasta cuando?.
manolo o do bombo · 11-01-2009 a las 15:26
Si e falso preguntoche¿Porque non te poden ver? aclarate.
Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 17:04
Reitero que tanto o alcalde anterior como moitos veciños da Toxa poden corroborar o meu interese e as miñas xestións realizadas para que os accesos e os ancheamentos fosen unha realidade. ¿Quererme mal alí? Meras apreciacións. Tranquilos que como ninguén me apoia en parte algunha, non serei oponente político para ningunha forza. Xa o dicides todo.
manolo o do bombo · 11-01-2009 a las 17:23
Hombre da maneira que te vendeches no me estraña nada ,quedabas como un caballero si renunciaras da quela.
manolo o do bombo · 11-01-2009 a las 17:25
O teu afan de venganza foi terrible, como che comeron o coco.
Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 17:36
Non sexas «falabarato», home. Como podes acusarme de venderme. ¿A quen? ¿Por canto? ¿Quen pagou?.
Por moito que trates de desacreditarme pinchas en oso. Vouche dicir unha cousa: Poderá haber sobre min diversas opinións sobre a miña xestión, sobre se lle caio ben ou mal á xente, etc..Agora ben; estou seguro, commpletamente seguro, de que ninguén pensa que Sabariz e Diz tomaron a decisión do 16 de xuño de 2007, por cartos. Nin en Pontecesures, nin no PSdeG-PSOE, nin no BNG, nin en parte algunha.
Mintes a sabendas, «manolo o do bombo», tratas de manipular a opinión dos cesureños, con maldades queres que o ex alcalde recupere o poder. Por iso te apuntas ó anonimato, por iso non te atreves a debater conmigo, cando e onde queiras, sobre esa venda da que falas, con datos, con argumentos e con probas. ? moi doado estar agazapado para cumprir esa triste misión que tes encomendada. Frío, frio. Por aí mal vamos, compañeiro.
pedro da cachopa · 11-01-2009 a las 19:40
moy bien este ano a festa de carreiras,pero ijual aljen ou señor Sabariz,persoa que me merece un gran aprecio,porque sempre intenta enterarse das cousas.onte anduvieron pola aldea un jaiteiros tocando e sabese porque a charanga non veu tocar,que disque houbo algun follón ou enfermaron de jripe.que me pode contestar a esta cuestión.muchas gracias.
Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 23:36
Teño a sensación, «pedro da cachopa» de que ti coñeces mellor este tema ca min. Efectivamente, estrañeime de que en lugar da charanga prevista actuara o grupo de gaiteiros «O Pedrón» de Padrón. Parece ser que houbo un malentendido sobre si a charanga viña ou non viña subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra e non actuou. Pero non teño información contrastada, e son alleo á organización dos festexos. Haberá que esperar por se a asociación de Carreiras emite unha nota sobre este tema. De tódolos xeitos «pedro da cachopa» debes preguntarlle a algún integrante da asociación organizadora.
Por certo; fun tomar o chocolate con churros. Estaba exquisito, e agradecíase moito nunha tarde tan fría.
Teño que felicitar de corazón ós organizadores das festas. Fan un labor impagable en beneficio de todos. Grazas.
pedro da cachopa · 13-01-2009 a las 15:34
señor Sabariz,yo non sei nada del tema,solo por eso fasia a prejunta.pero Ramona da Casa do Medio dijome que falou cas chicas da organisación dela fiesta que a charanga non veu porque os dos untamiento olvidaronse de avisala para que viniera a ficer a alborada pola aldea,ou aljo así polo estilo,eu dijo o que me dijieon ayer esta señora en su casa cuando estaballe a podar su viña y atarla cunos vinvios.en todo caso señor Sabariz,le dio las gracias generosamente por faserme a contestacion.que dios cho paje.
eueti · 13-01-2009 a las 15:54
a verdade que mirei moito por internet pero nunca encontrei unha paxina coma esta tanto ruxe ruxe e tanto dixeronme pero solucions pra os problemas ninguna pero por ningun dos lados o unico que se fai e falar mal uns dos outros a o mellor equivoqueime e isto e unha paxina de carallada.Si e asi trabuqueime pensei que isto era serio e serveria pra aportar ideas.Un saudo
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-01-2009 a las 17:39
Pois podes dar máis ideas «eueti». Esta páxina cada vez ten un maior número de letores.¿Os comentarios?. Hai de todo. Ogallá houbera máis constructivos dos que temos.
eueti · 13-01-2009 a las 17:57
mira que pasou co contedor do vidrio que habia no antigo bar de isidro.Sige habendo un bar e votan o vidro no contedor do lixo. No pasado vran asfaltouse o camiño ou como se lle chame que vai dende a fabrica de Magan ata Avd.arousa e cas primeiras chuvias xa se desfixo e a unica actuacion foi por unha siñal no chan.E que conste que co bng era o mesmo pero eu nacin neste pobo e quero que vaia pra diante
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-01-2009 a las 00:27
O camiño pavimentado en marzo pasado pola Deputación non partía da fábrica de Magán, «eueti». Entra e sae a pista na Avda. de Arousa (o que partía da de Magán ata a intersección do reflectido anteriormente, foi pavimentado hai uns 8 anos nun plan provincial). Efectivamente, nas proximidades dunha arqueta do regato entubado desfíxose algo o asfalto, xa que nunha chea saltou a tapa do pozo. Non é que o pavimentado quedara mal, e así esta circunstancia non ten nada que ver coa obra.
Tes razón en queixarte, e agora botarase un pouco de asfalto alí para arranxar a deficiencia. Aínda que tanto vehículos coma personas circulan perfectamente pola pista, é xusta a crítica pola demora no arranxo.
Sobre o «iglú» do vidro contestarei noutro momento.
eueti · 14-01-2009 a las 09:02
xa sei que a obra iba a cargo da deputacion con personal do axuntamento.Pero quero decirche que se asfaltou todo o camiño de todas as maneiras o asfaltado teras que rrecoñocer que non e de moi boa calidade un camion dou a volta ali e deixou unhas rodeiras que vaa por deus non solamente se levantou a tapa senon que reventou o asfalto.Tamen queroche decir que na saida a Avd. Arousa a altura da casa da Sra Nieves e Manolo cando chove formase un charco e isto non cho digo a nivel critica senon a ver si se pode arranxar por favor mira o do iglu porque e bastante lamentable lamentable o que esta pasando que no tempo que estamos se este tirando tanto vidro a un contenador normal. Un saudo
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-01-2009 a las 15:30
Hai moito tempo que o «iglú» de vidro do que falas «eueti», foi trasladado para a praza do Souto, a uns 150 metros da anterior ubicación. Estaba antes no comezo da pista que une a Avda. de Arousa co Souto, pero alí realmente molestaba e houbo algunha protesta para que se trasladara. Hai que ter en conta que o aparcadoiro do bar é terreo particular, ó parecer. Non é posible ter un «iglú» na porta de tódolos establecementos. Por iso, moitos titulares transportan o vidro ao máis próximo.
Miraremos o do charco.
Saúdo.
eueti · 14-01-2009 a las 16:09
iso non e de todo certo porque despois de ser o bar isidro foi o abrente e eles tiñano nuha esquina do aparcadoiro o problemae que a xente non esta concienciada e tira o vidro no lugar mais preto que ven sendo os contenedores normais.Xa sei que non e culpa do axuntamento pero e a pura realidade.Saudo