BALONCESTO: O EXTRUGASA NON ARROXA A TOALLA, GA?ANDO 60 – 62 NO GROVE ? 2º CLASIFICADO

Publicado por fru en

* C.B. GROVE DEMARPA = 60
* EXTRUGASA RIO ULLA = 62

J.L. (9), Peñaño (4), Diego (3), Pedro (-), Nacho (16), Santi (-), Arturo (10), Pepi (6), Felipe (14).

Extrugasa necesitaba recuperar crédito, se non quería chegar á parte final da liga sen opcións para salvarse, logo das ultimas derrotas en Cambados e na asa co Estudiantes. E foi gañar á casa do 2º clasificado, un Grove que na 1ª volta só perdera contra Extrugasa na 1ª xornada, e logo contra o líder Laxe Marín.

E eso que o inicio do partido non foi nada prometedor, pois o equipo no 1º cuarto andaba perdido pola pista, defendendo tarde e sen pechar o rebote. E en ataque o mesmo, sen ambición nin garra, cometendo erros que supoñían perdas de balón. Así dun 3 ?? 3 no marcador, pasouse a un 18 ?? 8 en pouco mais de 6 minutos. Nacho moi defendido, pois non o deixaban recibir na zona local, e pouco mais en ataque. , finalizando o cuarto 22 ?? 10. O único positivo foi que o pívot local Mauri cargouse con 3 faltas antes de finalizar o cuarto.

De inicio no 2º cuarto, o equipo empezou a defender, Diego suxeitando mellor ó base local, era ó Grove a quen lle custaba anotar. E en ataque funcionaron os cambios: Felipe con 10 puntos no cuarto, Pepi e Arturo aproveitaron o escaso poder interior que tiñan os locais dentro da súa zona. Así o parcial nos primeiros 5 minutos foi de 1 a 9 para o Extrugasa (min 15: 23 ?? 17). O equipo voltaba a ser o de sempre, e logrou incluso empatar o encontro a pouco mais de 1 minuto (28 ?? 28), pero 2 canastras locais deixaron o marcador ó descanso 32 ?? 28.

Co peor xa pasado, retomouse o encontro e o Grove recuperou a súa altura, polo que se voltou a pechar o grifo dos puntos interiores. Esto propiciou que os locais pegaran un pequeño tirón no marcador, gañando ata por 7 puntos: 38 ?? 31. Só J.L. con 2 triplas mantiña ó Extrugasa no partido, polo que xunta a Nacho e Arturo, para gañar poder interior. Con Peñaño e J.L asistíndolles son capaces de darlle a volta ó marcador, rematando o cuarto 45 ?? 46.

O pívot local Mauri torceuse o nocello, ó ir a taponar unha tripla de Peñaño, no inicio do derradeiro cuarto, e eso acusárono os do Grove, ós que non lle quedou outra que defender mais arriba para evitar que Extrugasa xogase os balóns interiores fáciles. Pero os cesureños estaban no momento bo, logrando irse 5 arriba á falta de 2 minutos: 52 ?? 57. Atacando á desesperada, e defendendo moi forte Grove achégase e logra empatar o partido quedando 19 segundos, a 60. Tempo morto visitante, e funciona o falado: buscar a Nacho e se non podía recibir por estar moi cuberto buscar a quen estivera libre. Foi Felipe faltando menos de 3 segundos quen recibiu e anotou só debaixo do aro local. Tempo morto local, sacando logo dende medio campo, e o propio Felipe taponou o tiro local, conseguíndose a 3ª victoria que mantén últimos ó Extrugasa e Estudiantes, pero a unha victoria da salvación.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.