Os veciños de Carreiras poxaron polos ramos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Carreiras iniciou onte os festexos da Raíña dos Anxos e fíxoo cunha misa cantada polo coro “A Barcarola” na igrexa parroquial de Pontecesures e cunha poxa de ramos que tivo lugar no campo da festa, que foi un atractivo desta primeira xornada de celebracións, por tratarse dun acto xa tradicional neste lugar do municipio cesureño.
Os veciños que acudiron á sesión vermouth puideron botar uns bailes coa música da orquestra Pontevedra que, pola noite, na verbena compartiu escenario coa agrupación Suavecito.
O programa de festas ten previsto para hoxe colchonetas a partir das catro da tarde, seguido dunha chocolatada e a actuación do dúo ?bice Capital.

DIARIO DE AROUSA, 11/01/09


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.