Sabariz reitera ao Servizo de Estradas a necesidade de pintar un cebrado no vial PO-214.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz Rolán, púxose de novo en contacto co Servizo Provincial de Estradas para reiterarlle a necesidade de pintar no vial PO-214 (Pontecesures-Baloira) un «cebreado». Ubicariase nas proximidades da intersección con N-550 á altura da rúa Raimundo García «Borobó», para permitir que os vehículos poidan dirixirse cara a zona dos colexios mentres o semáforo de intersección non estea aberto.
Actualmente, a sinalización semafórica da zona provoca que haxa moita acumulación de vehículos neste cruce, especialmente pola proximidade do colexio e tamén dun grande establecemento comercial que se atopa a carón da estrada autonómica PO-214. O «cebreado» servería para que, mentres os semáforos estean pechados e os vehículos agardan para poder acceder á N-550, deixen un espazo baleiro que permita a outros usuarios do vial acceder á rúa Raimundo García «Borobó». «Agora, sen ese espazo, os coches acumúlanse na estrada autonómica e impiden o desaloxo do vial nacional», indica Sabariz.


14 comentarios

estudiante · 11-01-2009 a las 13:05

Pero que paxareiro é este Sabarís, non quere pasar un dominjo sin sacar aljunha noticia no priódico, e cando non ten que poñer o homiño repite os autoanuncios para tratar de enjañar á xente.
Déixate de paxaradas e comunica á cidadanía cando o pintado sexa unha realidade e mentres deixate de propajanda barata, que estás sempre co mismo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 14:15

Si se fan xestións, dóeche. Senón, non pinto nada. Non hai quen che entenda «estudiante». Unha cousa teño clara: faga o que faga, diga o que diga, sempre estarás en contra. Pois vas ter que aguantar moito. En tódolos sentidos. Ao tempo.

eueti · 11-01-2009 a las 14:40

iso de que te temos que aguantarmoito tempo non sera unha amenaza.deixade de amenazar e comenzade a traballar un pouco polo pobo e non con fins particulares.Acabo de pasar poloa avd.Arousa e doume vergoña sin veirarruas as tapas do alcantarillado daquela maneira tamen forma parte do pobo ou non o lembrades mais que en epoca electral nesas fechas lembrades todos os barrios e que coste que digollo a todo os grupos

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 14:53

Eu sigo a traballar o que podo «eueti», e, por suposto, non para fins particulares. As beirarrúas para a Avda. de Arousa foron solicitadas á Consellería de Política Territorial (é unha estrada autonómica) en numerosas ocasións. Sei que hai dificultades e non moito espazo polas construccións existentes. Pero non é xusto que nunha actuación de seguridade vial na recta de Campaña, Pontecesures quede fóra. De tódolos xeitos hai que continuar solicitando que se faga esta obra. Claro que as tapas do saneamento non deberon ser colocadas sobre a calzada en 1.998. Móvense e fan ruido. Pero no seu día foron colocadas así.

estudiante · 11-01-2009 a las 15:29

Xestión? Nin xestión de farrapa de jaitas. Tes anunciado en más dunha ocasión a misma cantinela, que eu recorde en tres ocasións e sempre é o mesmo, Sabariz solicita…, pero nada, onde está a xestión, en facerte propajanda a ti mismo nos priódicos. Ti xa non enajañas máis, enjaña quen pode. Ti xa non enajañas máis a ninjén homiño.

estudiante · 11-01-2009 a las 15:35

Aproveita porque che quedan 2 anos e pico e non só te teño que ajuantar eu, o malo e que ten que ajuantar todo o pobo. Despois espero que non teña que ajuntarte nunca máis ninjén.? unha verjonza par este pobo contr na corporación con dous tránsfugas por primeira ves na hostoria democrática deste pobo. Eso é o que ahi que ajuantar.
Se non che justan as miñas críticas, ti es quen as tes que roer, en todos o sentidos. Ao tempo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 17:03

Estamos tranquilos os non adscritos. Arestora veño de mirar a actuación a incluir no PPC 2009. ? a miña obriga mentres sexa concelleiro. E sairei coa cabeza alta, sen empadroamentos fraududentos, sen ascender a ninguén a dedo, sen
celebrar comidas con acompañantes sen identificar, sen ordear obras privadas con fondos públicos, etc.. Bueno eso sí, deixarei de tomar pinchos de tortilla.
Saúdos

manolo o do bombo · 11-01-2009 a las 17:15

E dalle,avoltas como mismo ,envestiga otro rollo que este xa cheira etc…

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 17:22

Que va, «manolo o do bombo». Non cheira, e esperemos que se aclaren bastantes cousas. Parece que non eres partidario de que se investigue. Pois eu sí. ? a miña obriga coma concelleiro. E como cidadán.

eueti · 11-01-2009 a las 17:28

mira a verdade que me da igual cando se colocaron fixerono mal pero iso non significa que non se poida arreglar,pero a miña obliga coma ciudadan e exisir a vos como parte da corporacion que solucionedes os problemas que pra eso quixeches estar ahi ou e que hay outros motivos

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 17:39

Pois agradézoche moito, «eueti», a túa preocupación polo problema da Avda. de Arousa. Sí señor, é moi importante denunciar deficiencias, e tratarei de informar moi pronto sobre este tema.
Grazas.

BNG-PP-PSOE-IP · 11-01-2009 a las 17:45

Pues por fin vemos algo más que palabras huecas. Enhorabuena «eueti» porque has sacado a la luz algo del PRESENTE y le has arrancado a Sabariz un compromiso, que para eso están nuestros representantes. Y ahora solo nos queda esperar a que Sabariz cumpla e informe sobre el tema. Evidentemente la información espero que sea dentro de un plazo razonable y anunciando la subsanación de las deficiencias. En ese momento felicitaré en este mismo foro a Sabariz.

eueti · 11-01-2009 a las 17:55

eu a verdade que o creerei cando o vexa porque estou tan cheo de falsas promesas pero si estou de acordo contigo.Pero si e verdade que si cumple felecitareino

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 18:10

Pois veremos o que se consegue coa Consellería de Política Territorial. Hai que lembrar, por exemplo, que o firme da Avda. de Arousa estivo moito tempo destrozado e con tremores nas casas cando pasaban os camións. Fixemos xestións e se pavimentou a estrada arranxándose o problema. Eleváronse as polémicas tapas, pero co tempo o formigón agrietou co paso dos vehículos (están xusto enriba do traxecto normal das rodas).
Había tamén graves asolagamentos preto do antigo bar de Isidro por mor da auga dun regato entubado que salía con forza á calzada. Fixemos xestións e a Xunta fixo unha canalización para que pasara moita máis auga e solucionouse o problema. Non se pode dicir que non se fixera xestión. Nestes temas estiven moi implicado e continúo, claro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.