Mañá, día 2 de febreiro, pleno para elixir os membros das mesas electorais do 1 de marzo.
Mañá luns, día 2 de febreiro, ás 9:30 horas da mañá, terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Pontecesures, o pleno que elixirá en sorteo público, cunha base informática, os membros das tres mesas electorais que se constituirán en Pontecesures o día 1 de marzo co gallo das eleccións autonómicas 2009, cumprindo o establecido na Lei orgánica do réxime electoral xeral.
Serán elixidos, coma sempre, 27 electores, 9 por mesa (presidente e dous suplentes; vogal 1º e dous suplentes e vogal 2º e tamén dous suplentes).
0 comentarios