Acondicionan a rotonda da Tarroeira na N-550.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A empresa de xardinería Laxes Forestal de Tomiño, por encargo do Servizo de Estradas do Estado de Pontevedra do Ministerio de Fomento, acomete nestes días o acondicionamento desta rotonda (a de “Chanteclair”) na estrada nacional entre Pontecesures e Valga.
En concreto foron prantados cipreses (na zona máis próxima ao báculo do alumeado público) e outras prantas con flor sobre o céspede que se está a preparar.
Esta previsto que os traballos rematen mañá e agradécese esta actuación que mellora a estética desta entrada e saída a Pontecesures dende a estrada nacional.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.