Outro roubo en Pontecesures: Entran nunha casa en Porto e lévanse un coche, unha televisión e un ordenador.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A pasada madrugada, unha ou varias persoas entraron, por unha ventana traseira que da ao garaxe, á vivenda do empresario cesureño do mármol, Alejandro Vieites Rúa, situada na rúa do Campo nº 5 de Porto. Forzaron a porta interior de acceso ás habitacións e leváronse un ordenador e unha televisión de plasma. Remexeron unha habitación na busca de cartos ou outros obxectos, e ata o de agora non se coñece se levaron algunha cousa máis.
Atoparon a chave dun Peugeot 307 e levaron o coche abrindo o portal co mando a distanza. Deixaron o portal pechado.
A vivenda estaba baleira, pois Alejandro Vieites está pasando uns días en Alemania. Percatouse do roubo unha familiar do empresario esta mañá.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.