Comunicado da Asociación Cultural «Mirándolle os dentes» a todos os veciños de Pontecesures.
En relación coa Feira Galega do Automóbil Clásico (FEGACLASIC), a Asociación «Mirándolle os dentes» enviou os domicilios de Pontecesures por correo postal, un comunicado ao dorso do novo cartel da feira que se celebrará os días 16 e 17 de maio de 2009. O texto é o seguinte:
A asociación cultural «Mirándolle os Dentes«, leva varios meses a traballar por terceiro ano consecutivo, na organización da IIIª Feira do Automóbil antigo de Pontecesures.
No mes de xaneiro mantivemos varias reunións co grupo de goberno do noso pobo para expoñerlle o noso proxecto da Feira. A contestación da alcaldía foi que esta ano van a organizar eles unha feira do automóbil, contratando para isto, unha empresa de Vigo (Eventos del Motor).
O mesmo tempo que estaban en conversas con nós, estaban a rexistrar o nome da Feira.
Ante este feito, a asociación «Mirándolle os Dentes», que non desexa ter ningún conflito co nosos concello, dota a nosa Feira dun nome propio, para evitar polémicas e buscar unha maior proxección da Feira de Pontecesures.
Asi nace FEGACLASIC-Feira Galega do Automóbil Clásico de Pontecesures.
FEGACLASIC pretende ser a Feira de todo un pobo, e necesita ter unha data propia de referencia no calendario que non debe coincidir con ningunha festa gastronómica.
Con este espazo propio pretendemos dar a coñecer en toda España a Feira de Pontecesures, tal e como fixeron hai moitos anos os nosos antergos.
A asociación cultural «Mirándolle os Dentes» ten aberta unha conta na oficina de Caixanova de Pontecesures, para todas aquelas persoas que queiran colaborar con FEGACLASIC e contribuir a que este evento teña un éxito aínda maior ca do ano pasado.
Agradecendo a súa colaboración de antemán.
Atentamente, asociación cultural «Mirándolle os Dentes»
Feira Galega do Automóbil Clásico de Pontecesures
Nº de conta: 2080 0112 74 0000088104
1 comentario
estrella de jalisia · 23-03-2009 a las 01:43
Como disía que non desea ter ninjún conflito? E lojo a que montaron o ano pasado no olivo que foi, de carallada?