Gastos da parroquia de Pontecesures por varias actuacións na Igrexa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na publicación relixiosa quincenal da parroquia de Pontecesures “Pobo de Deus”, ven reflectido un gasto de 4.800 euros para as seguintes actuacións mna Igrexa Parroquial:

-Restauración e pintado da imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, 1.100 euros.
-Restauración e pintado da imaxe do Nazareno, 600 euros.
-Instalación de novas portas laterais no pórtico, 2.700 euros.
-Pía bautismal, 400 euros.

A Asociación do Sagrado Corazón entregou ao párroco 550 euros en concepto de donativo, e tamén foron recadados pola parroquia outros donativos de particulares nunha contía de 750 euros.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.