Máis de 200 vehículos antigos enchen a zona do peirao de Cesures.
Os vehículos antigos enchen dende onte o peirao de Pontecesures coa feira ??Fegaclasic?, organizada pola asociación cultural ??Mirándolle os dentes? e que se prolongará ata a noite de hoxe. A choiva caída durante a xornada inaugural desluceu algúns actos, aínda que a afluencia de xente
foi moi notable.
A organización contou coa presencia de Ángel Jove, vicepresidente da Federación Española de Vehículos Antigos, e Marcos Vázquez, presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, para inaugurar a feira dentro dun recinto presidido por un pedestal de ladrillo no que hoxe se colocará o PO-2, un dos primeiros coches a gasolina que circulou por Galicia e que foi cedido para a ocasión por Manuel e Javier Pazó Olmedo, que tamén foron protagonistas do corte de cinta da inauguración.
Tanto Jove como Marcos Vázquez ofreceron a continuación sendas charlas sobre patrimonio e mecanización agrícola, seguida dunha mesa redonda na que o público puido formular preguntas e resolver dúbidas sobre vehículos clásicos. Esta foi a alternativa pola que optaron moitos dos asistentes, mentras que outros percorrían o recinto feiral para non deixar atrás ningún detalle.
Coches, motos, bicicletas, vehículos militares, camións, maquinaria agrícola… a variedade é case total en ??Fegaclasic?, que conta con máis de medio cento de expositores chegados dende distintos lugares de España e Portugal. Nos stands ofértanse tanto vehículos, como recambios e pezas antigas ou papelería relacionada co mundo do motor. Entre algunhas das ??xoias?, o presidente de ??Mirándolle os dentes?, José Carlos Potel, destaca un C5 do ano 1925 ou o propio PO-2, que ??é o símbolo de Pontecesures. Estivo nas feiras de 1950 e do 54 e agora volve a acompañarnos?.
Atractivos. Outros dos meirandes atractivos son os vellos coches de bombeiros que presiden a entrada á feira e que foron cedidos por diferentes parques galegos. Algúns son do máis curioso, como unha bomba de agua que data de 1812 e que se manexaba manualmente entre catro persoas. Tamén destaca, dentro da zona expositiva, un monográfico sobre a marca SEAT. A organización conseguiu ata 24 modelos diferentes de coches fabricados por SEAT, entre eles o mítico 600 ao que realizaron unha homenaxe. Un destes vehículos foi izado nunha plataforma ata vinte metros de altura.
DIARIO DE AROUSA, 17/05/09
0 comentarios