Salvaxes
O BNG de Pontecesures quere manifestar o seu malestar, asi como o de numerosos veciños do pobo, pola tala indiscriminada das árbores do entorno da praza do monumento do Coche de Pedra. Esta praza está a ser remodelada polas obras que está a realizar o concello no centro do pobo cos fondos do Fondo Estatal de Iversión para o Emprego.
Para a nosa sorpresa encontrámonos estos días con que a totalidade das árbores desta praza foron taladas eliminando de forma radical a única zona do centro do pobo donde os veciños podían desfrutar dun espazo verde para o lecer e donde se podía descansar nos seus bancos no verán á sombra destas árbores que polo menos levaban ahí uns 30 ou máis anos.
Para nós este feito é considerado como un atentado ecolóxico contra o entorno do centro do pobo, e máis tendo en conta que cando se presentou o proxecto das obras non se mencionou para nada a tala das árbores.
Pontecesures, 22 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES
0 comentarios