O venres 12 de xuño, festa aniversario do pub «Vértigo»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Esta festa, para conmemorar o décimo terceiro aniversario do establecemento situado en Redondo 98 (Tarroeira), comezará ás 23 horas do venres día 12 de xuño. Desenvolverase no amplo aparcadoiro do pub, onde se celebrará a «Festa do Jolpeo», onde poderá «jolpear» calquera. Tamén haberá un touro mecánico para disfrute dos asistentes.
Estarán á venda camisetas conmemorativas da festa, ao prezo de 5 euros.

Categorías: Movida cesureña

6 comentarios

People is shit · 2-06-2009 a las 20:19

moito se anuncia por aqui as festas dos garitos dala arriba, en especial da chanteclair, o dono debeche dar a informacion de 1º man ¿taras contratado como relacion publicas? jajja. Sera certo iso de que querias que desaparecera a movida do pobo. Ti sempre collendo o camiño facil e polo normal peor opcion.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-06-2009 a las 21:15

Eu anuncio de todo, «People is shit», e, polo que vexo, parece que non senta ben. Aínda por enriba se me acusa de ter intereses para poñer estas novas. Incribel, as veces penso que resulta absurdo interesarse por publicar novas desta vila. Cando unha persoa sigue este medio hai que concluir que lle interesa. O que resulta alucinante é criticar que haxa entradas. Ollo non criticar o tema da entrada, que sería normal, senón que se de unha determinada nova. ¿Por que non se pode informar sobre os grupos que veñen a Chanteclair? ¿Por que non se pode publicar esta nova do Vértigo?. Mira, nunca entrei neste pub nos seus 13 anos de existencia, nin coñezo aos propietarios. Deséxolle que teñan moitísima xente na festa e que lles vaia moi ben, como desexo que trunfen todos os locais comerciais de Pontecesures.
Hai que ser mala persoa, para sementar súbidas sobre a miña persoa, sen fundamentos, sen datos, sen xustificación algunha. Estou un pouco canso, sí, de que por enriba de informar e publicar novas, seña obxecto destas descualificacións para prexudicarme. Parece que todo molesta. Non sei, haberá que valorar ben o que facer no futuro.

People is shit · 2-06-2009 a las 21:37

menudo quiexica tas feito ¡eh!

«Hai que ser mala persoa, para sementar súbidas sobre a miña persoa, sen fundamentos, sen datos, sen xustificación algunha» esta frase deberias poñela ti primeiro en practica, eu no dixen que estaba prohibido anunciar, nin de chanteclair nin da maty nin da casa de fulanito, so che digo que so vexo entradas tuas de chanteclair e dos locales de arriba, non sei onde te informaches desta festa que anuncias pero creo que das orquestas que van a chanteclair non hay ningunha paxina nin carteis polas calles para sabelo. Supoño que as anunciaran en radio valga tal vez, pero as festas que fan os locales de abaixo tamen son anunciadas en radio valga e poucas veces vexo que poñas entrada, que NON quero decir que nunca puxeras algunha. e polos sucesos que vexo e tamen o que se escoita pola calle deduzco que os locales de aqui abaixo non os ves con bos ollos, xa que promocionas pouco/moi pouco as festas que organizan. Pero xa vexo que ti as opinions da xente as convirtes en insultos acia ti.

Antonio Cortés · 3-06-2009 a las 08:53

People, ¿ Teño que lembrarche que é Pontecesures.net ?, coido que tras case 4 anos de funcionamento xa está máis que claro:

Todo o que acontece e acontecerá en Pontecesures e no seu entorno.

E indiscutible que hai que felicitar a Sabariz polo traballo de atopar contido, información e novas para que sexan visibles para todos dende esta plataforma.

P.D.: Lembra que os comentarios deben ir cas entradas.

People is shit · 3-06-2009 a las 23:05

vamos a ver!!yo no he dicho nada encontra de la entrada! yo solo digo que si quiere informar, que no informe de lo k le conviene, que informe de TODO!

Antonio Cortés · 4-06-2009 a las 08:24

¿ Dende cando aquí so se pode poñer información «interesada» ? Cada quen pon o que atopa ou considera.

Si queres publicar algo, ou enviar algo que consideras de interés só tes que envialo a redaccion@pontecesures.net ou solicitar ser «autor», que permite crear entradas na web de forma directa.

¿ Qué é TODO ?, si ves algo que falta hai que ser un pouco máis positivo, colabora e indica o que consideras que é de interés.

Ninguén ten a obriga de «traballar» para pontecesures.net, está na man de cada un determinar cal é o seu perfil.

1) Solo ver as entradas e os comentarios
2) Aportar e intervir con comentarios.
3) Involucrarse e engadir entradas.
4) Envíar novas ou información vía correo electrónico para que se engadan.

A cousa é moi sinxela: Si consideras que falta información só tes que aportala, non é complicado.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.