Hoxe, pola tarde, foi evacuado en helicóptero un xove ferido dende a pista do peirao

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Un xove de 15 anos de Iria, Adrián Pardo Castrelo, resultou ferido esta tarde na pista polideportiva do peirao de Pontecesures. Estaba a xogar Adrián, montado nunha bicicleta, pola pequena rampla para tabóas con rodas instalada, hai tempo, en dita pista. Ao parecer, nun salto a bici quedou partida en dous ao contactar coa superficie e o xove levou un forte golpe na testa. Sangrou moito e, nun principio, non tiña coñecemento.
Logo de recibir as primeiras asistencias por facultativos do Centro de Saúde, Adrián foi evacuado nun helicóptero do 112 ata o Hospital Clínico de Santiago.
Ogallá as súa feridas non teñan gravidade.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.