André Oliveira no Europeo de pista de piragüismo coa selección española.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O calendario internacional de piragüismo inicia hoxe a primeira das dúas grandes citas do ano en augas tranquilas (pista). Na localidade alemana de Brandeburgo, próxima a Berlín, unha trintena de padexeiros defenden as cores da selección española no Campionato de Europa. Entre eles, 17 galegos, incluídos varios deportistas dos clubs de Arousa e do Baixo Ulla.
A estrela do Náutico O Muíño e campión olímpico do K-2 500, Carlos Pérez Rial, Perucho , encabeza o combinado hispano, acompañado da súa media laranxa nos Xogos de Pekín, Saúl Craviotto, federado por Madrid. Ademais, Damián Ramos Sánchez (Breogán do Grove), Diego Romero Fraga (As Torres-Romaría Vikinga) e André Oliveira Vázquez (Naútico Pontecesures) defenderán o nome do piragüismo da nosa bisbarra nas probas de canoa, acompañados do grovense Tono Campos e do tamén ex breoganista e hoxe compañeiro deste no Iberdrola José Manuel Sánchez.
Catro días de campionato
O programa do Campionato de Europa de Pista arrinca esta mañá ás nove coa disputa das eliminatorias para C-1, K-1, C-2, K-2, C-4 e K-4 sobre 1.000 e 500 metros, que se prolongarán ao longo de toda a xornada.
Mañá cubriráse o programa completo da distancia de 200 metros. O sábado disputaránse as semifinais e as finais de 1.000 metros, as primeiras pola mañá e a regata polo título a primeira hora da tarde, coa cerimonia de entrega de medallas prevista para as 15.30 horas.
O domingo, na xornada de clausura, dirimiránse os nomes dos mellores especialistas europeos do momento no medio quilómetro. De dez a once da mañá os clasificados do primeiro día buscarán un oco nas finais polos títulos, que comezarán ás 12.25 horas.

LA VOZ DE GALICIA, 25/06/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.