Saúda da alcaldesa para as Festas do Carme 2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Un ano máis quero aproveitar este saúda, en nome da corporación, e no meu propio, para dirixirme a tódolos/as cesureños/as e aos visitantes, desexándolle unhas felices festas do Carme que este concello organiza, adicadas á Patroa dos mariñeiros, que formaron sempre parte da nosa vila, e que, co seu traballo e tesón, axudaron a construir.
Traballamos dende o Concello para ter as mellores festas posibles, sen esquecer a un grupo de veciños/as que, dispoñendo do seu tempo, colaboraron na petición das achegas das casas. Tammpouco queremos deixar de agradecer a empresas e particulares que fixeron a súa achega na conta bancaria aberta a tal fin, máis nos tempos que estamos, onde a palabra “crise” parece instalada para sempre nas nosas vidas.
Pois para combater dita crise, hai que lembrar o que dicían os nosos maiores: “nunca choveu que non escampase…”; e por iso convídovos a que todos: nenos/as e maiores, xóves e adultos, veciños/as e forasteiros/as, disfrutemos destas festas con ledicia, coma se fosen as mellores do mundo.
Unha aperta e benvidos ás Festas do Carme 2009

Mª Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa de Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.