A pasada madrugada houbo pelexas e alborotos na rúa Victor García de Pontecesures.
Sobre ás 6 horas, bastantes veciños da rúa Víctor García veron alterado o seu sono, por mor dos berros que procedían da propia rúa. A agarrada foi longa, e así, dunha patada, foi deteriorado o espello dun vehículo que se atopaba estacionado, e foron rompidos os cristais de tres portas de entrada a edificios (as dos números 23, 29 e 33). Manou bastante sangue da persoa que ocasionou os danos nas portas como se podía apreciar na beirarrúa esta mañá.
A pelexa foi protagonizada, ao parecer, por dous xoves do municipio de Valga (un ten un Audi e outro un Seat León). Na refrega también foi aboiado o teito dun vehículo e tentouse arrincar un sinal que hai a carón do monumento ao peregrino que se atopa xa na rúa Novo Núñez.
Aínda que con moito retraso, personouse no lugar unha patrulla da Garda Civil (de Cambados). A pelexa xa había rematado pero os veciños facilitaron aos gardas as matrículas dos coches dos alborotadores presentando a correspondente denuncia para que se abonen os danos causados.
Para algúns ou algunhas, non comezaron ben as festas, dende logo.
0 comentarios