Suso Rey: “Fixemos un grande esforzo para traer as mellores orquestras”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

De cara ás festas na honra da Virxe do Carme o concelleiro de cultura do Concello de Pontecesures, Suso Rey, admite as dificultades propias destes tempos difíciles no tocante ao aspecto económico, pero recoñece que “os veciños e os diferentes establecementos do lugar responderon fantasticamente”. De feito, as festas están aseguradas grazas á contribución dos veciños de Poantecesures que chega arredor los 19.000 euros “en espera do que se poida reclamar nestes dous días que faltan”, explica o concelleiro.
Os espectáculos e os actos previstos para estes días non conteñen ningunha novidade con respecto a outros actos, se ben o programa mantén un alto nivel en canto a distracións e entretemento. Por suposto, o éxito recollido pola primeira noite de chocolate con churros do ano pasado vese reflectido nestas xornadas, que repiten cunha segunda edición da festa.
Este é un dos detalles máis agradables de lembrar aos interesados por parte de Suso Rey, pero tamén engade que “o concello e os organizadores fixeron un esforzo por traer as mellores bandas e orquestras para agradar aos festeiros”.
Sen dúbida estes son grandes atractivos, pero non hai que esquecer o descenso piragüistico do río Ulla, as demais actuacións e os actos relixiosos na honra da patroa das festas.
“Sempre é un gusto animar a vila, e, por suposto, tamén o vela chea de xentes de todos os lugares”, remata o concelleiro de cultura.

EL CORREO GALLEGO, 04/07/09


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.