O venres día 11, asemblea extraordinaria dos socialistas cesureños.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Terá lugar no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián 4) ás 21 horas do venres 11 de setembro, para elixir os dous delegados que lle corresponden para o Congreso Provincial.
Logo da constitución da asemblea e da elección dos membros da mesa serán elixidos os delegados/as. Para rematar haberá análise e debate en relación coas propostas enviadas e votación de emendas, no seu caso.
No local provisional do partido (Camiño de San Xulián nº 9), poden presentar os militantes candidaturas para delegados o luns 7 de setembro, entre ás 19 e as 20 horas.


5 comentarios

piris · 8-09-2009 ás 10:01

¿Que fai Sabariz informando das reunións dos socialistas? ¿Xa se arrepinteu de apoiar a extrema dereita para a alcaldía e quere facer meritos? ¿ou quere convertirse en Piñeiro Ares II , que era alcalde e periodista a misma vez?

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-09-2009 ás 14:29

Pois dende este medio informo de novas de todo tipo de asociacións, colectivos, etc…
Obviamente, “piris”, as asambleas dos partidos políticos a nivel local teñen o seu interese. ¿Que quero facer méritos?… e ¿diante de quen?. Non teño nada de que arrepentirme. Todo quedou moi explicado pola miña parte.
Home, “piris”, a periodista non cheguei e a alcalde tampouco. Trato de informar das novas coa miña mellor intención. Iso penso que non debe de molestar a ninguén. Pero vexo que hai xente que segue a páxina e non lle gusta ler determinadas novas. Pois o que debe facer e “saltalas” e continuar lendo as seguintes.

Tiroliro II · 11-09-2009 ás 17:05

Volven como sempre os socialistas cesureños, silencio, a peña de sempre, que non se sepa nada, os da familia

Un chien andalous · 12-09-2009 ás 20:01

…os da “famiglia”, de pena, de verdadeira pena, despois do trato recibido, desprezo á cara, desautorizacións, avergonzamentos, ¿a quén lle demostrades lealtade?, fostedes “socialistas cesureños” verdadeiramente maltratados, bilipendiados, denostados, desprazados,fusilados por diante e por detrás, ¡dignidade! ¿para quén traballades?

sobreiras · 12-09-2009 ás 22:09

Non sei que clase de socialistas son estes, que nin foron a festa hoxe a Vilagarcia, andaban todos por aquí. Estes nin son traballadores, nin son festeiros, nin son nada. ¿ Cando vichedes que esta xente fixera algo polo seu pobo?. Só saben mirarse o ombligo, nunca fixeron nada ni no farán, nin polo deporte, nin polo comercio, nin polas festas, nin polo tren, nin pola educación…

Deixa una resposta a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.