Educación autoriza o uso do ximnasio do colexio para actividades de maiores do concello.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, César Augusto Pérez Ares, ven de comunicar esta autorización para o desenvolvemento na instalación do CPI de Pontecesures de actividades do concello de ximnasia de mantemento para persoas adultas, una vez analizados o informe favorable da Inspección e a conformidade do Consello Escolar.
Solicitouse o uso do ximnasio para liberar un pouco o horario do polideportivo municipal que cada vez é máis utilizado por asociacións e clubs.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.