Trescentas persoas deron boa conta de empanadas e doces en Cordeiro.
Todo o traballo que os veciños de Valga levan realizando dos últimos meses, coa plantación, recolleita, malla e moenda do trigo, tivo onte a súa merecida recompensa: unha comida a base de produtos elaborados con ese cereal. Foron arredor de trescentas persoas as que se deron cita na Candieira de Cordeiro. Dun xeito totalmente gratuirto, aos valgueses fíxoselles a boca auga cun menú composto por empanadas de bacallao e carne, bizcoitos, rosca e un delicioso pan de trigo con chourizos. ?, como sempre, para que a música e diversión non faltaran, varios grupos de pandereteiras amenizaron a xornada coas súas coplas.
DIARIO DE AROUSA, 04/10/09
0 comentarios