Concretadas as melloras que solicita o Concello de Pontecesures a Portos de Galicia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na visita realizada o día 7 de outubro polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana Gallo a Pontecesures, acordouse que se ía enviar a solicitude do Concello para realizar de cara ao Xacobeo 2010 no peirao de Pontecesures como “plan de choque” antes de executarse a obra de remodelación integral do peirao que o ente portuario ten previsto adxudicar antes de rematar o 2010.
Pois ben; as actuacións urxentes solicitadas son as seguintes:
1.- Construción da nova varanda, unha vez decidida polos técnicos de Portos de Galicia o modelo, para que sexa compatible, obviamente co obra importante que se vai adxudicar en 2010.
2.- Continuidade das ramplas precisas para que se poidas utilizar coa marea baixa e instalacións de esqueiras de subida ás mesmas.
3.- Limpeza a fondo da vexetación da ribada do peirao.
4.- Arranxo das zonas axardinadas con mobiliario e posta en marcha, de se posible, da fonte existente.

Esperemos que as actuacións sexan realizadas canto antes.
Pontecesures, 17 de outubro de 2009.

Luis Ángel Sabariz Rolán.
Concelleiro de Relacións Institucionais de Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.