“O gran problema agora no Ensanche de Santiago é o consumo de alcol dos adolescentes”

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Fala o secretario da asociación de veciños do Ensanche de Santiago.

-¿O Ensanche superou o problema do ruído nocturno?
-Xa non ten nada que ver co que pasaba hai anos. Puntualmente, nalgún momento pode haber problemas, pero xa non é o que era. Agora estamos detectando un problema maior: o consumo de alcol dos adolescentes. Cada venres poden verse, cada vez máis, adolescentes bébedos. Os xoves tamén hai chavales, pero son algo maiores. O venres son rapaces e rapazas, de 15 ou 16 anos, borrachos e borrachas, tumbados na rúa, comas etílicos. Cada día hai máis. Coido que todos temos que poñer os medios para pór remedio a unha situación preocupante. Preocúpanos moito. Non sei quen é competente, pero son menores. ¿Onde están os pais?, ¿por que se lles vende alcol?. As autoridades locais traballaron moito na loita contra os excesos de horarios e mellorouse moito. Agora, pais, autoridades, educadores, policía, teñen que unirse para resolver o novo problema. Non é fácil, pero paga a pena.

LA VOZ DE GALICIA, 25/10/09


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.