Satisfacción do goberno local de Pontecesures pola concesión dun obradoiro de emprego.
A Consellería de Benestar Social, segundo anunciou o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra esta mañá, ven de conceder unha subvención de 699.850,80 euros, para poñer en marcha o Obradoiro de Emprego, «PONTECESURES II», que se desenvolverá entre o 28 de decembro de 2009 e o 27 de decembro de 2010 e contará con 33 desempregados en tres módulos: xardiñería forestal (13 alumnos traballadores), construción (10 alumnos traballadores) e enerxía solar térmica (10 alumnos traballadores).
Como principais actuacións en bens municipais dos alumnos, cítanse as seguintes:
-Xardiñería forestal: Acondicionamento do entorno do cemiterio municipal de Condide situado no monte municiipal Salgueiras-Lagoa.
-Construción: Construción dun espazo para ximnasio no polideportivo municipal, construción de rampla de aceso á biblioteca municipal e instalación de varanda de protección na rúa Miguéns Parrado.
-Enerxía solar térmica. Instalación de paneles solares no polideportivo municipal para contar con auga quente no recinto e de calefación na biblioteca municipal. O concello solicitará unha subvención ao INEGA como axuda para sufragar o custo dos paneis.
Os aspirantes a seren alumnos deben estar inscritos como desempregados, e cubrir unha ficha que está a súa disposición na oficina do técnico de emprega de Pontecesures, nun prazo que remata o día 11 DE NOVEMBRO, ás 14 horas, entregando dita ficha na propia Casa do Concello, onde se dará toda a información sobre o particular.
No día de hoxe sairá por correo unha nota informativa a todas as vivendas de Pontecesures para coñecemento xeral.
O Concello xa nomeou os dous representantes desta institución no Grupo de Traballo Mixto que xunto cos representantes da Consellería de Traballo serán os responsables da selección dos alumnos. Serán Consuelo Ordóñez Martínez, traballadora social do concello, e José Francisco Rodríguez Fructuoso, técnico de emprego. Decidimos que non formara parte deste grupo ningún político para evitar os problemas xurdidos na lexislatura anterior con incumprimentos de compromisos por parte do anterior alcalde.
O goberno local considera esta nova de gran importancia para Pontecesures, pola situación de crise que vivimos e polo considerable número de desempregados. E unha satisfacción anunuciar que foi aprobada a nosa solicitude cun proxecto no que participaron varias personas. ? o momento de dar as grazas a todos eles.
Pontecesures, 03/11/09
0 comentarios