Unha zona de Porto leva 17 horas sen enerxía eléctrica.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Onte en plena treboada e caendo auga a mares, apreciouse unha forte explosión na torreta do tendido de alta tensión situado na rúa Caldeirón de Abaixo de Porto (fronte á vía férrea). Co vento tamén partiu, pola base, un poste de madeira con tendido eléctrico na rúa dos Namorados tamén de Porto e está semicaido sobre unha finca.

As casas de Porto (dende a vía do tren ata ata o monte do lugar) quedaron sen subministro. Todavía arestora (ás 14 horas do sábado, 14) continúan os veciños sen luz, a pesar de que tanto a Policía Local coma varios veciños, chamaron á empresa comunicando a circunstancia.

O goberno local aínda comprendendo que os temporais provocan avarías en moitos lugares, está molesto por esta demora de tantas horas. Nin os máis vellos do lugar lembran que se tardara tanto tempo en reparar unha avaría de enerxía eléctrica.

Solicítase, asi mesmo, a Unión Fenosa que se revise esta torreta nova de alta da rùa Caldeirón de Abaixo. A miúdo está a dar problemas na zona.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.