Contestación ao BNG de Pontecesures sobre o uso da pick-up de emerxencias.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Critican os nacionalistas cesureños o uso do vehículo municipal para tarefas de obras, e que se lle priva o uso ao servizo de protección civil, engadindo que van dar conta disto á Xunta de Galicia.

Temos que dicir, que nestes días estase a utilizar dito vehículo por persoal municipal para baldear as pistas que van ser pavimentadas con maquinaria da Deputación Provincial que chegou a Pontecesures para botar novos firmes nunha pista variante do Camiño de Regadio de Condide, noutra que une Condide con Carreiras polo Couto, nunha terceira na rúa Cantillo de San Xulián e tamén noutra zona do Souto, en Porto.

O convenio asinado no seu día por eeste concello para a adquisición do vehículo municipal (A Xunta fíxose cargo do 75% do custo, mentres o concello achegou o restante 25%) para nada impide estes usos de baldeo, por suposto dándolle preferencia en caso de coincidencia horario a un sinistro, de producirse.

Naturalmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ten unha preferencia absoluta para o uso, e teñen a chave do vehículo, que está no soto da Casa do Concello, no seu poder.

Sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe que é apto para baldear unhas rúas que precisan unha actuación, (non habendo sinistros ou risco de producirse), e en lugar de utilizado, alugar maquinaria prexudicando á facenda municipal. Ninguén nos pode acusar de non defender os intereses públicos.

Hai ben pouco o BNG criticaba precisamente que o vehículo era coma unha pantasma, que non o vía ninguén. Agora que saiu para este cometido, tampouco lles convence. En fin xa non saben que facer para deixarse notar protestando contra todo o que se move.

En fin; fuximos de polémicas, pois o verdaderamente importante son dúas cousas:

1. Este goberno local foi o que xestionou a subvención, e conqueriu, mal que lle pese ao BNG, un vehículo para emerxencias que non tiña Pontecesures.

2. Tamén este goberno xestionou que a Deputación Provincial acometa, coa colaboración de persoal municipal, que se pavimenten pistas que estaban deficientes. Haberá máis seguridade para vehículos e peóns. Se ademais participa, aínda que minimamente, nestas tarefas o noso vehículo de seguridade, pois mellor que mellor.

O concelleiro de relacións institucionais
Luis Ángel Sabariz Rolán


15 comentarios

Tiroliro II · 7-12-2009 a las 16:48

home que se cabreen agora os do bloque polo uso dos coches da a risa, en tempos de angueira quitoulle un patrol e non lles deixaba botar gasoil no outro para patrullar, o que son as cousas o gasoil papouno todo o famoso patrol de obras que antes de proteccion civil ese de matricula M, o bng ten problemas para facer oposicion por toda a merda e as trapicheiradas de angueira

Cara de cona · 7-12-2009 a las 18:00

Tes razon tiruliro….o bloque e angueira estuveron a joder o agapo o de proteccion civil…..quitaronlle o gasoil….o telefono…queriaos botar do edificio…e agora?…como cambian as cousas….veñen co coche de incendios de hipocritas…que carallo lle importara es coche ao bloque…como si o conduce genaro o da costureira…que mais da..jo..jo..jo..

cormoran · 8-12-2009 a las 16:36

xa estamos cagando fora da pota. que ten que ver a merda que escribidis co tema do mal uso do vehiculolololo. que sepades que Sabarizzz, estaba no grupo de puteo contra os Voluntarios con boa nota. hasta os do Bao teñen catro maquinas de presion pedidelles unha, choromicas.
o normal e cada cousa para o que e, falade dende a razon e o corazon, sede homes carallo

bubela · 8-12-2009 a las 17:35

Sr. Sabariz estas enchendo a paxina de borralla, e o importante queda agachado dis (Sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe) e telo no concello morto de risa e esposto a levar golpes, ralladuras. etc.
non lle deas mas voltas, se o coche ten que ir unha emerxencia os traballadores do concello estan preparados porque escoite que non teñen o carnet necesario.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-12-2009 a las 19:25

Non vin eu ao concello a fastidiar a ninguén, «cormoran», e menos aos voluntarios de protección civil. Sempre tratei, dentro das miñas posibilidades, de interesarme polos seus problemas de materiais, de instalacións, e de facer xestións para resolver os mesmos. Preocupeime polas subvencións, polo arranxo da sede, polo convenio para a adquisición do vehículo, pola posibilidade de que tiveran outra embarcación, etc…
O que resulta curioso é que, sorprendentemente, se me mesture con todo. Algún intervinte afirma que o alcalde anterior tivo problemas co colectivo de protección civil (retirada dun patrol, prohibición de respostaxes de combustibles, gastos telefónicos e da internet, acusacións varias, etc…). Pois será él o responsable das decisións e das súas actuacións. Iso non significa que bote balóns fóra. Os alcaldes son os xefes locais de protección civil e hai personas interesadas en responsabilizarme a min de todo. Lembran moito aquelas actitudes do ex alcalde. Cando había logros e boas novas nada se compartía. Agora ben; cando había problemas e viñan mal dadas, a culpa era dos demáis.
Por suposto, que tiven, ás veces, diferenzas de criterio coa postura do colectivo de voluntarios en algunhas cuestións. Pero case sempre as debatía con eles. Sen ir máis lonxe, o pasado domingo estiven a falar co presidente e dinlle o meu parecer sobre o uso do vehículo municipal de emerxencias. Foi un diálogo cordial e fluido. El pensa dun xeito distinto do meu. Pero non pasa nada.

manolo o do bombo · 8-12-2009 a las 19:44

Bla-bla-bla—–pero que boiño eres don perfecto.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-12-2009 a las 19:49

Non ves como sempre tratas de desacreditarme, «manolo o do bombo». En calquera tema. Dache o mesmo. Ti largas aquí un comentario e punto. Ás veces, despectivo, ás veces insultante, ás veces humillante…Pero hai pouco fondo, pouco argumento. E a xente dáse de conta.

manolo o do bombo · 8-12-2009 a las 20:10

Es que a ti todo te sale bien chico,haber cuando reconoces que tienes fallos como los demas. DON PERFECTO.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-12-2009 a las 20:23

Claro que tengo fallos de gestión. Y muchas veces. Por ejemplo un error muy reciente: nunca se debió permitir que la zanja que hay enfrente la antigua Casa Pedreiro quedara en tierra el viernes para tantos festivos. Se trasladó la tierra por la acción del agua, está ahora por el centro del pueblo con piedras causando una mala impresión, hubo que poner unas planchas que hacen ruido al pasar los coches molestando a los vecinos, etc… Que se le va a hacer ahora, la crítica es justa. Pero eso no significa que absolutamente todo lo que hago, o lo que opino, sea contestado con esos calificativos por tu parte, «manolo o do bombo».

cormoran · 9-12-2009 a las 19:54

seguimos cagando fora da pota. Segese usando o coche de emerxencias ou non? e o tema en cuestion.
pero si me tiras da sinhoso, referindome so o que dis, entra o uso do vehiculo para vias e obras dentro do convenio do que te preocupaches? o foi algo que non mencionachedes, pero xa tiñades pensado facer.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-12-2009 a las 23:49

Parece ser, «cormoran», que as tarefas de baldeado coa pick-up remataron. Dixen que o convenio de utilización do vehículo non prohibe os usos que estamos a discutir, con prioridade para os sinistros, claro. De todos os xeitos, se alguén quere solicitar a intervención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para clarificar a cuestión que o faga.
Estou explicando o que penso dentro do debate. O de «cagar fóra da pota» non sei a que ven. En fin; esperemos que o asunto quede solucionado para ben de todos.

cormoran · 10-12-2009 a las 22:25

Sr. Sabariz, Si as tarefas remataron, persoalmente e o que me preguntaba e que non se volva a usar medios indebidamente. de solicitar a intervención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior non e do meu interes e dende o debate vou ca contarlle que fai tempo os Voluntarios axudaronme e nunca podrei agradecerllo dabondo, e non entendo que si uns din que se usa mal o coche os outros falan do que se fixo no pasado, iso e… ??cagar fora da pota?.

Cara de cona · 11-12-2009 a las 19:49

parece que quedaron jodidos en proteccion civil co asunto do coche…… parece que rifan por un coche como se foran rapaces por un xoguete….e sale por aí un paxaro cormoran decindo que cagan fora da pota……pois falando de necesidades…mais ben mexou angueira por eles cando lle trincou o patrol e daquela achantaron…..que cousas….como se perde a ola….jo…jo…jo..

cormoran · 11-12-2009 a las 20:16

tes razon Cara de cona este quen este eles sempre son os Jodidos, pero o xoguete polo que rifan e todos nos.

Tiroliro II · 11-12-2009 a las 20:35

que pasa aqui?, os paxaros tiran as escopetas, o bloque defendendo a proteccion civil, quen non se acorda do xuicio que lle puxeran o xurxo diesel e o tacón en epoca de victoriano cando mateu o agapo e compañia nun grupo pagado polo concello, o mundo gira, gira como no tango

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.