Menos para emerxencias, para todo
O BNG quere manifestar o seu malestar e o dos veciños de Pontecesures pola utilización que dende o concello se lle está a dar ao vehículo de emerxencias pick-up, xa que estamos a obsevar nestos días que operarios do Servizo Municipal de Obras do concello o están a usar para baldear camiños municipais. Nos cremos que esta non é a finalidade para a que se concebíu este vehículo.
Dende o noso grupo xa denunciamos publicamente que en 2 incendios que se produciron recentemente no noso pobo non intervira esta pick-up porque non estaba posta a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tendo que actuar nestos operativos a motobomba e a pick-up do concello de Padrón.
Temos constancia de que a Agrupación de Protección Civil ten practicamente vetado o uso deste vehículo, o que é inaudito.
O BNG solicita unha vez máis ao concello que esta pick-up sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias. Ao mesmo tempo instamos á autoridade da Xunta de Galicia competente nesta materia, que foi a que subvencionou este vehículo, que controle a correcta utilización destes medios.
0 comentarios