A lancha de Alejandro Pesado captura a primeira lamprea do Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nas nasas do valeiro Alejandro Pesado, levantáronse 13 lampreas. A primeira e cinco máis (as máis grandiñas) foron mercadas polo Restaurante Olivo de Pontecesures.
Tamén levantou as nasas máis tarde o valeiro Susiño Villamarín. Levantou 4 lampreas.
Así pois os dous únicos barcos que levantaron hoxe, capturaron 17 lampreas. Segundo os expertos, a campaña pode ser moi boa.
Houbo moitos medios de comunicación esta mañá no peirao co que se amosa o interese que está a ter a campaña de capturas deste preciado peixe do Ulla.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.