BALONCESTO: JOSE CARLOS GARCIA ACADA CON GALICIA UN MERITORIO 9º POSTO

Publicado por fru o

Jose Carlos posando ca medalla á deportividade acadada en Zaragona

Foi no pasado Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas, celebrado a primeiros de mes en Zaragoza. Galicia perdeu 1 dos 3 partidos da 1ª fase, quedando excluida de entrar no “grupo especial”, formado polas 8 mellores seleccións, polo que tuvo que loitar pola 9ª praza do campionato, que finalmente se conseguiu. Pois ben, nesa selección estaba Jose Carlos, e xogou moitos minutos ó longo do campionato.

Participou das 2 palizas a Cantabria (72 a 22) e Asturias (65 – 14).

Na 3ª xornada, no partido clave contra Baleares, Galicia perdeu por 11 (69 a 58).  

Posteriormente gañaron a Castilla La Mancha (78 a 58), e no partido que decidía o 9º posto gañaron á anfitriona Aragón por 1 punto, logo de remontar 20 puntos de diferencia en contra ó descanso. ( 58 – 57).

Pero ademais dese 9º posto, Galicia acadou o “premio á deportividade” polo menor número de faltas cometidas durante o campionato.

Dendeo club damosche a noraboa por este éxito.

Unhas imaxenes de Jose Carlos ó longo do torneo:

 


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.