Estatísticas da Biblioteca Municipal de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Durante 2009 na Bibloteca Municipal de Pontecesures, situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”, e que celebrou nese ano o seu XXV aniversario, foron prestados 721 libros (447 para adultos e 274 infantís), 23 documentos sonoros e 161 audivisuais.

A través da páxina web www.opacmeiga.rbgalicia.org, houbo, en 2009, 3.262 consultas sobre a biblioteca de Pontecesures onde se obtén información sobre todo o que interesa da nosa biblioteca como horarios, fondos, anuncios culturais, notas de prensa comarcais, enciclopedias ou revistas electrónicas, trámites para renovar o carnet de socio, etc…

Dende que se realizan as comprobacións directamente na instalación o 11 de marzo de 2009, ata o 31 de decembro do mesmo ano, houbo 3.469 sesións de acceso aos ordenadores con que contamos na biblioteca.

Por último queremos salientar que en 2009 foron adquiridos para a biblioteca 468 libros e folletos, 81 publicación periódicas, 3 documentos sonoros, 35 audivisuais e 5 electrónicos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.