A Arrincadeira gañou o concurso de comparsas de Pontecesures.
Nunha tarde fría celebrouse o Domingo de Entroido en Pontecesures co desfile e o concurso de disfraces. Houbo animación (o trío Soprano amenizou o festival) un bo número de participantes e moito público nas rúas cesureñas.
Na categoría senior de comparsas ou carrozas gañou “A Arrincadeira” cunha magnífica representación das atraccións de feira. Segunda foi a carroza de “Los Hippies” e terceira a de “O circo chega a Pontecesures”.
En parellas adultas gañou “A bolsa de pan” de Paula Ferreiro. Segundos foron “Sherk e Fiona”, e terceiros “Superhéroes Duffman/Duffwoman”.
En individual de adultos gañou “Reutilizable” de Yolanda Álvarez Angueira, segunda foi “Robot” de Pilar Pose, e terceiro “Cociñeiro” de Martín Pesado.
En nenos/as o primer premio individual levouno “Mini peluquería Carolina”, o segundo o “Poliño” de Xiana Blanco e o terceiro a “Gárgola” de Julia Viqueira.
En parellas de nenos/as, o primeiro premio foi para “Dama e Marqués das Camelias”, mentres o segundo foi para “Os rapeiros” de Francisco Barbosa e Samuel García.
En grupos ou comparsas infantís, quedou de primeiro “La magia de la India”. Segundo foi “Las chicas de Bollywood” e terceiro “Lacasitos traviesos”.
1 comentario
Cara de cona · 15-02-2010 ás 19:03
as da barcarola cabreadas……outro grupo de mulleres tamén….ganaron os grupos da oposicion…..suso rey e un xurado de prestixo…un cabaleiro…proximo candidato do pp me din…randulfo foi disfrazado me dixeron que de caberetera… andaba polo victor garcía….cortoulle o bigote suso o barbeiro…jo…jo…jo…