Arroxan trastos vellos no camiño que vai ao monte por baixo da autoestrada AP-9

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na tarde de onte, a Policía Local decatouse de que neste camiño, que parte da pista da Barosa ata o monte municipal por baixo da autopista, foran depositados un frigorífico, un bidet, unha taza de WC, rodas deterioradas dun carro do país, etc…
Na mañá de hoxe, 13 de marzo, foi presentada a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga.
O luns serán retirados estes desperdicios por parte do concello.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.